Translate

30/10/20

Buque hospital Gil Eannes, Viana do Castelo


 

Se queres ver as fotos pincha aquí

Entre 1955 e 1973, o buque hospital Gil Eannes foi o buque insignia de "frota branca" portuguesa da pesca do bacallau nas augas de Terranova e Groenlandia

Durante os anos de servizo, o buque foi máis aló dos seus labores como buque hospital, realizou, tamén, tarefas de autoridade marítima, buque correo, remolcador, rompexeos e de subministración aos outros barcos da frota. 

Tras a súa baixa do servizo activo, o buque foi abandonado e amarrado en 1984 en Lisboa. A Cámara Municipal de Viana do Castelo decidiu rescatalo e recuperalo, e desde agosto de 1998 o buque permanece amarrado no porto desta cidade funcionando como buque museo e albergue para mozos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario