Translate

27/02/15

Illas de Ons

As illas de Ons, Onza e o Illotes das Freitosas pechan a Ria de Pontevedra cunha liña praias. A parte non visible das illas, desde terra, é extremadamente agreste e propicia para a formación de covas mariñas (furnas).  Esta parte máis occidental da illa, aberta ao océano atlántico, ofrece ao visitante espectaculares acantilados.
A illa é un conxunto de grande beleza algúns dos puntos de visita obrigada son:  "O Cucorno" que está presidido polo Faro de Ons e desde o cal se pode contemplar unha perspectiva das illas no seu conxunto. A "Laxe do Crego", un antigo sepulcro accesible desde a praia de Area dos Cans, unicamente coa marea baixa. 

Unha serie de rotas, ben indicadas e marcadas, permiten coñecer a illa: 
            Rota do Faro: Esta rota comezan na igrexa, cerca do porto, e lévanos ao Faro, punto máis alto da illa con 128 metros, desde desde este punto podemos observar o océano, a ría e a península do Salnés.
            Ruta Naturista: Esta ruta percorre a zona máis virxe da illa. Sáese da igrexa e xa moi preto dela poderemos ver os restos dun dos dous castelos que se construíron para a defensa da costa. Logo dun paseo de 2 Km., chegamos á praia de Melide, a máis ampla e fermosa da illa, de area branca e augas transparentes. Seguindo a rota chegamos a Centulo, desde onde podemos ver A Lanzada, O Grove, A Toxa, e tamén a illa de Sálvora. 
            Rota Histórica: Este carreiro bordea toda a illa e  permite perdernos entre a illa a natureza o horizonte eo océano. 

20/02/15

Entroido en Galiza, Xenerais, Xeneralas da Ulla

Xenerais, Xeneralas da Ulla. No tempo de entroido, a comarca natural da Ulla é percorrida por uns personaxes moi orixinais chamados "Os Xenerais da Ulla" posúen unhas orixinais vestimentas, inspiradas nas utilizadas polos militares nas loitas liberais durante o século XlX e outros adornos que estenden tamén aos cabalos. Deste  entroido rural temos testemuños dende mediados do século XIX.
Os personaxes máis importantes son os xenerais, xeneralas e correos a cabalo, que percorren as parroquias ao longo do día dando vivas a veciños e visitantes, acompañados dun “exército” de abandeirados, coros, comparsas e parrandas.
Rematan escenificando un atranque ou alto, enfrontamento dialéctico por parellas, aproveitado para facer burla e sátira de asuntos locais, de política ou do corazón, acontecidos durante o ano.
Dunha parroquia a outra o Entroido da Ulla presenta pequenas diferenzas, mantendo cada un deles trazos definitorios que os fan únicos.
Xenerais e correos engalanados conforman a espectacularidade dunha das máis autenticas expresións do entroido tradicional galego.


14/02/15

Ponte de Lima


Ponte de Lima, vila milenaria, situada a beira do río Lima, ten unha historia moi antiga. Aquí, os Romanos construíron unha ponte, que lle dá nome á vila, na calzada que conducía de Braga a Astorga. Ten 277 m de longo por 4 m de ancho, ten 16 arcos de medio punto apoiados en alicerces calados reforzados con tallamares. Foi destruída e posteriormente  reconstruída e provista de ameas.  Ao río Limia, os romanos, déronlle o nome de Lethes, río do esquecemento. Ás murallas, o mesmo que lle pasou a ponte, tamén foron destruídas. Mandaras construír por D. Pedro, en 1.359. O burgo medieval que naceu á beira  destas fortificacións deu lugar, así, a un núcleo urbano que se foi espallando xunto ao río. Aínda asi a vila soubo manter as memorias históricas e a traza arquitectónica do pasado, afirmándose como un exemplo de rehabilitación e xestión urbanística. Merece a pena percorrer o labirinto de rúas do seu centro histórico e descubrir cada un dos seus monumentos, románicos, góticos, manuelinos, barrocos ou neoclásicas.


09/02/15

SERRAS BRANCAS NO COUREL

A serra de Ou Courel é xeolóxicamente a máis completa das serras galegas, estendéndose as súas estribacións a te León. Alternan nela os profundos vales,  e os elevados cumes que superan o 1500 m. de altitude. Entre elas esténdense devesas poboadas de castiñeiros, carballos, teixos, faias, freixos, ameneiros, abeleiras, acivros, etc., nos que habitan gran diversidade de fauna.
Destes montes dixo Uxío Novo Neira:
"Courel dos tesos cumes que ollan de lonxe!
Eiquí síntese ben o pouco que é un home..." 

e tamén:
"Panos brancos
       esfiañados
          da nebra
ouveando polos vales
       polos soutos
          i as devesas marelas
en busca dun caborco
       ou dunha valiña outa
          que os acolla
i os faga acougar!

Fiañas da nebra
       rubindo
          e baixando
              á gaiola do aire
polas serras érmedas
      e polos soutos espidos
              do Nadal!"

Poemas de Uxío Novo Neira, o poeta do Courel.