Translate

26/09/16

Font Màgica, Barcelona



A Font Màgica é a fonte ornamental máis grande de Barcelona, foi realizada no ano 1929 o motivo foi a "l'Exposició Internacional", cando se activa o que ofrece é un espectáculo que combina a música, o movemento do auga e os xogos de luces de cores con máis de 50 variantes. É unha atracción moi popular en Barcelona


A Font Màgica de Montjuïc, como o seu nome indica, e durante o espectáculo os movementos do auga, coordinados coa música e iluminados con cores que cambian, dan a impresión dunha danza máxica que se desprega e reprega, sobe e baixa, escóndese e estala diante dos nosos ollos. 

A Font Màgica, foi a obra mestra do enxeñeiro Carles Buigas, foi unha das grandes obras da Exposición Universal de 1929. A fonte foi restaurada en 1992 con motivo dos Xogos Olímpicos de Barcelona.

Para ver as fotos pincha

16/09/16

Rápa das Bestas do Campo de Areosa, no Monte Faro (Vimianzo).



No Campo de Areosa, en Vimianzo, tivo lugar a XVII Rapa das Bestas o domingo 19 de xullo.


A Rapa dás Bestas é unha festa tradicional e cultural. As persoas entran en contacto con bestas e cabalos salvaxes para dominalos e cortarlle as crinas, isto realízase no curro, despois de que, á madrugada, un conxunto de persoas subiran ao monte, dirixidos polo bestilleiro, e acurralaran ao gando cara este curro, espazo pechados onde reúnen ós animais e que dispón dunha bancada onde se sitúan as persoas que gostan de contemplar como un conxunto de persoas  se confrontan a estes animais.  
 
Pablo Pereira, experimentado aloitador, e amante dos equinos, ten manifestado que tiña máis medo das persoas que destes animais. 
 
A este curro acudiron aloitadores/as de Pontevedra, Lugo e outros lugares, que se sumaron aos do lugar, varias mozas sumáronse ao grupo rapador, composto por unhas 25 persoas, que se introduciron no curro para cortar ás reses as súas crinas


 A rapa tivo lugar sen danos a rapadores/as nin aos équidos. Ao día seguinte os exemplares volveron libres aos seus espazos de pastoreo, xa desparasitados e coas crinas peladas. A Asociación Cabalar do lugar conseguiu recuperar a cabana cabalar de Monte Faro, que desaparecera fai un lustro pola falta de rendibilidade e os ataques dos lobos. Na manada que regresou ao monte van quince potras para seguir coa recría.

Xa a principios do século XVIII se teñen noticias da primeira celebración festiva da baixa das bestas do monte a súa rapa e o marcado dos poldros novos. Manuel Cabada recolle nos seus escritos, que a tradición é moito máis antiga e incluso podería ser prerromana posto que se atoparon diversos petróglifos na zona, onde se representan a persoas sobre cabalos.

Música: Luvas Verdes 



02/09/16

Os Castellers de Catalunya

Castellers de Catalunya, castelos humanos nos que participan todas as persoas, mulleres, homes, nenas, nenos.

Para facer un castelo humano é preciso ter desenrolado os sentidos do equilibrio, da solidariedade, tranquilidade e músculos adestrados.


Os grupos de persoas que levan a cabo os Castellers denomínanse Collas, que significa: agrupació, ajuntament, amassament, atropament, concentració, munió, reunió, trobada.
 

Esta Colla realiza unha pirámide humana, o máis estable posible, uns encima doutros e, así, chegar o mais alto, ao son da música "dels Graellers" (conxunto de persoas que tocan varias Grallas, instrumento de vento,  acompañados de percusión), que serve de guía aos Castellers.

O "castell" ten como base un grupo grande, e compacto, de persoas, sobre esta base levántase o castelo que pode estar formado por pisos de tres ou catro persoas, ata o último, que se chama "anxeneta" ou "acotxador" que normalmente é un neno ou nena, que leva un casco por seguridade,
algúns dos castelos vanse erguendo, literalmente, dende a base, podemos imaxinar a dificultade e esforzo que esta forma de castelo representa .

Os Castellers valóranse pola altura en pisos e polo número de persoas que forman cada piso o éxito consiste en montalo e desmontalo sen que se derrube. Algúns castelos chegaron a alcanzar nove pisos.

O vestiario dun "casteller" é unha camisa de cor, cada colla ten unha cor distinta, co escudo da "A Colla", pantalón branco, faixa negra, alpargatas ou descalzos e un pano.

"A Díada Castellera" - é unha actuación dunha ou máis "Collas" diante de público e adoita facerse na praza do Concello ou a rúa máis emblemática da cidade onde se organiza, neste caso tivo lugar na Praza da Vila de Gracia, Barcelona.



Os Castellers toman nomes como: "Els Xiquets", "Els Bordegasos", "Els Marrecs", "Els Ganxets", "Els Miyons", "Els Capgrosos", "Els Ganapies", etc.. e despois engadir o nome da cidade de onde son orixinarios. existen unhas 60 "Collas Castelleras" en case toda a xeografía catalá.
Tamén hai "Collas" en Valencia e Mallorca.



Os Castellers representan toda unha metáfora do sentido colectivo do pobo catalán, do necesario esforzo para conseguir as metas propostas e da necesaria fe que teñen en si mesmos para lograr unha sociedade libre, colectivista e independente ao mesmo tempo que solidaria entre eles e co resto do mundo, confío en que o pobo galego dea pasos adiante neste sentido.
Para ver máis fotos pincha aquí