Translate

26/12/20

Guadix, Granada


 
 
 
É un dos asentamentos humanos máis antigos da península. Desde as primeiras incursións fenicias e cartaxinesas empeza ser nomeada como Acci, antecedente do seu actual nome, Wadi ou Guad Acci
 
Foi a importante colonia romana Julia Gemella Acci, e unha das primeiras dioceses cristiás de España. 
 
Coa dominación musulmá, a Cidade adquire a fisionomía urbana propia árabe, que aínda se fai notar nalgunhas das súas rúas. 
 
Durante os séculos XI e XII, Wadi Acci constituíu, xunto con Baza, unha das máis florecentes taifas da Andalus, reino que desaparecerí­a absorbido polo movemento Fundamentalista almohade. Participará nas guerras civís granadinas chegando a ser a corte do rei Zagal, que a entregará aos Reis Católicos no ano 1489. 

Está limitando con Baza ao leste, Os Montes ao norte, a Veiga de Granada ao oeste e a Alpujarra Almeriense e os Filabres-tabernas de Almería ao sueste. 


18/12/20

Oliveira en Xaén



  Se queres ver as fotos pincha aquí

Non se coñece con precisión a época en que se iniciou o cultivo da oliveira na península, aínda que a tese máis aceptada sinala aos fenicios ou aos gregos como os introdutores; con todo, o seu cultivo alcanzou importancia a partir da chegada de Escipión (211 a. C.). 

Durante a era romana, o comercio do aceite obtido das oliveiras de Hispania estendeuse por todo o mundo romano occidental. Así o acreditan os abundantes restos das ánforas con marca da Bética, utilizadas para o seu transporte ao longo dos grandes ríos europeos: Ródano, Garona, Rin e Alto Danubio.

A provincia de Xaén é a rexión que máis aceite de oliva produce, chegando a producir máis que toda Italia. Xaén conta con máis de 550.000 hectáreas de oliveiral. 

As oliveiras de Xaén amósanse coma un mar verde oliva que cobre as chairas do Guadalquivir ata o punto de fundirse cos piñeirais das Serras.

11/12/20

Ponte Rodo-Ferroviária de Viana do Castelo


  Se queres ver as fotos pincha aquí

A Ponte Rodo-Ferroviária de Viana do Castelo, mais coñecida como Ponte Eiffel,  é unha ponte metálica que soporta unha carreteira e unha vía ferroviaria, atópase sobre o río Lima, preto da súa desembocadura, e conecta a cidade de Viana do Castelo, con Darque, no concello e distrito de Viana do Castelo, substituíu a unha primitiva ponte de madeira. 
 
O deseño Foi da casa de Gustave Eiffel, foi inaugurado o 30 de xuño 1878. Esta ponte permitiu a chegada do ferrocarril á cidade, xa que ata entón as vías férreas só alcanzaban ata a estación de Darque. Máis tarde concluíuse a liña do Miño, ata a vila de Monção

É o símbolo da arquitectura de ferro en Portugal, ten 562 metros de lonxitude, en dous pisos, o inferior ferroviario e o superior carreteira

A recente intervención aumentou o ancho do taboleiro desde os 6,88 m orixinais a oito metros, seis deles polas vías de rodadura e os outros para engadir dúas beirarrúas dun metro de ancho cada unha.

05/12/20

Basílica de Santa Luzía, Viana do Castelo


 Se queres ver as fotos pincha aquí

A construción deste templo dedicado a santa Lucía e ao Sacro Corazón de Xesús comezou en 1904 e non concluíu ata 1959. 

Tras a morte do seu autor, o arquitecto Miguel Ventura Terra en 1919, sucedeulle o seu discípulo, o arquitecto Miguel Nogueira. 

O estilo arquitectónico é de inspiración románico- bizantino e intégrase na arquitectura historicista que marcou o cambio de século. 

Os seus impoñentes rosetóns son os máis grandes da Península Ibérica e os segundos máis grandes de Europa. 

Pódese subir ao monte de Santa Luzia en funicular (elevador), en coche ou polas escalinatas. Desde este lugar divísase unha importante extensión do val do Lima e gran parte do litoral, ao norte e ao sur do estuario do río, así como a frondosa serra.