Translate

31/03/18

Reino Suevo en Gallaecia




Se queres ver as fotos pincha aquí 

Se queres ver o vídeo pincha aquí.


A chegada e asentamento dos Suevos na Gallaecia, foi un proceso longo e complexo. Está comprendido entre os séculos IV e VI, e rematou creando o Reino Suevo no noroeste da Península Ibérica. Foi o primeiro reino bárbaro en Occidente, precedente dos reinos da Idade Media e xermolo da configuración política da Europa actual.

Os nomes dos Bárbaros, ou “Xermanos”, entre eles os Suevos, foron postos polo aparato político e militar romano, ao que chamaron “mundo bárbaro”, tinguindo máis de sombras que de luces a súa verdadeira dimensión histórica. Por conseguinte, debemos reestudar aos Bárbaros para tentar construír un relato que nos afaste do mito e nos achegue algo máis á súa realidade.

O reino Suevo (anos 411-585), durou máis dun século e medio nun ámbito territorial correspondente á provincia romana da Gallaecia e áreas lindeiras, neste territorio articulou un dominio político e territorial que lle permitiu configurar o primeiro reino independente no Occidente europeo posterior á época romana. 

Deste pobo quedan vestixios que hoxe podemos observar na exposición chamada "In tempore Sueborum", instalada en Ourense, de onde proceden as imaxes.

Destaca o pelo recollido e a trenza que situaban á esquerda da cabeza.

24/03/18

Órgano da Igrexa do Mosteiro de Celanova





No coro alto da Igrexa do mosteiro de Celanova, está situado o  órgano, restaurado e en condicións de dar concertos.  

É probable que existirá órgano, neste igrexa, dende hai moito tempo, dada a importancia que tiña este instrumento para a liturxia. 

O primeiro datado é do século XVIII, ano 1710, contratado ao escultor Castro Canseco. 

É renovado a finais dese mesmo século, a caixa aínda se conserva hoxe. Posteriormente engadíuselle o teclado no ano 1801. 

Despois de máis de cen anos de uso, a mediados do século XIX foi, novamente reformado introducindo unha nova mecánica con soporte eléctrico. 

No ano 2001, o organeiro suizo asentado en Cataluña, Hans Späth, procedeu ao seu baleirado e a súa renovación interior, instalando a mecánica actual que conta con dous teclados, un pedalero, 32 registros e preto de 1.800 tubos.


Se queres ver o vídeo pincha aquí.
  



21/03/18

San Miguel de Celanova


Trátase dunha obra arquitectónica de carácter relixioso, a súa función puido ser: oratorio privado, construción funeraria, albergue de peregrinos, aloxamento de monxes de paso polo mosteiro, ou ,tamén, cristianización do lugar.

Está situado dentro do xardín do mosteiro bieito de San Salvador de Celanova, detrás dá igrexa abacial.

Constrúese en cantería de granito, empregando tellas na cuberta. Non interior utilizan ladrillo recuberto con xeso. É de autoría descoñecida.

Trátase do mellor exemplo de arte mozárabe en Galiza do século X e, polo tanto pertence ao conxunto dá arte prerrománica, inclúe estilos con herdanzas do pasado romano e bizantino ao que se suma o substrato suevo- visigodo, aportando o gusto ornamental dos pobos, chamados, bárbaros e a inclusión de elementos musulmáns.

No mesmo xardín e moi preto deste edificio atópase unha pedra con escadas, que podería ser un trono de pedra, dun xefe-rei indíxena galego, tamén podería ser un lugar de sacrificios, en todo caso estaría indicando que este xa era un lugar sagrado desde tempos remotos e que a capela levantouse para cristianizarlo, como é moi frecuente. 

e queres ver as fotos pincha aquí.


Se queres ver o vídeo pincha aquí.


18/03/18

Sinagogas en Toledo


Existen na cidade de Toledo dous edificios que se construíron como Sinagogas, aínda que foron utilizadas para moitas funcións, segundo os avatares históricos polos que pasaron.


Santa María la Blanca. Construída no século XII como sinagoga, foi posteriormente transformada en igrexa. Na actualidade o edificio pertence á Igrexa Católica, pero non se realiza culto nel. Atópase aberto ao público e funciona como museo.

Edificio mudéxar posúe cinco naves separadas por piares sobre os que descansan arcos de ferradura. Faise evidente o contraste entre a sobriedade do exterior da sinagoga e o seu elaborado interior, conforme á tradición oriental.

A sinagoga do Tránsito, ou sinagoga de Samuel ha-Leví, é un edificio do século XIV, foi construída en estilo mudéjar,  destaca unha armadura de par e nudillo, a Gran Sala de oración ornamentada con arquillos que permiten a entrada de luz exterior e frisos policromados en xeso, decorados con motivos vexetales, xeométricos e epigráficos.


Se queres ver as fotos pincha aquí.

Se queres ver o vídeo pincha aquí. 

02/03/18

Igrexa de Entrimo, Santa María a Real



Entrimo (Interimi) aparece citado na concordia do 6 de Xaneiro de 1.149 entre o bispo Martín de Ourense e o abad Pelayo de Celanova. Ista terra, en boa situación económica, despertou as apetencias dos mosteiros. Apesar do dominio xurisdicional que exerceu o mosterio de Celanova durante moito tempo, o abade, en coparticipación do Rei, poñía xuíces ordinarios e cobraba rendas.

A Igrexa de Santa María a Real, declarado Monumento  histórico-artístico. É unha importante peza arquitectónica cunha fachada barroca de estilo churrigueresco, construída a finais do século XVII e primeira metade do XVIII, é un dos poucos exemplares deste estilo que hai en Galicia,
 xa que se asemella máis ás veciñas construcións de Portugal, isto indicaría a presenza de canteiros lusitanos na obra.

A fachada ten forma de retablo organizado en catro corpos,  os dous primeiros enmarcados por pilastras.

O segundo corpo ten un nicho coa imaxe en pedra da Asunción e catro pares de columnas salomónicas enlazadas con tallos de vides e froitos das mesmas. 

No terceiro corpo hai, entre outros, un panel da Santísima Trinidade. A ambos os lados hai catro pares de colunas salomónicas como as do segundo corpo. 

O cuarto corpo está composto por un friso ancho rematado por frontón partido.

Conten, tamén, outras dúas fachadas laterales dedicadas a San José e San Salvador. As naves exteriores están rodeadas dun friso de follaxes en cordeado. 

O corpo da Igrexa é de planta de cruz a latina con tres naves separadas por oito pilastras formeiras.Se queres ver as fotos pincha aquí

Se queres ver o vídeo pincha. 

01/03/18

Buitrago de Lozoya, Madrid


Nun recodo do tramo medio do río Lozoya álzase Buitrago sobre un promontorio, ao pé do porto de Somosierra e a uns 75 km ao norte da cidade de Madrid. 

Destaca a muralla de orixe Árabe que se empezou a construír entre os séculos IX e XI e foi ampliada en época cristiá. Rodea o nucleo urbano, formando un recinto de máis de 800 m., con tres portas e torreóns macizos. 

O Castelo ou Acázar encostado á muralla, álzase sobre o río formando unha fortificación que tiña fins defensivos na época da Reconquista. Con planta rectangular, un patio de armas central e varios torreóns.

Santa María do Castelo é unha Igrexa gótica con elementos mudéjares, construída no século XIV e situada no interior do recinto amurallado. Da súa restauración, destacan o artesonado mudejar e a colección de iconos ortodoxos.

Esta vila foi declarada en 1993 Conxunto Histórico-Artístico e Ben de Interese Cultural, grazas ao seu espectacular recinto amurallado de orixe árabe, o mellor conservado da Comunidade de Madrid.

Desde a Idade Media, Buitrago tivo gran importancia estratéxica como nó de comunicacións.
Se queres ver as fotos pincha aquí.

Se queres ver o vídeo pincha.