Translate

26/01/19

Pseo por Laxe



Se queres ver as fotos pincha aquí.

Se queres ver o vídeo pincha aquí


Laxe é unha poboación e concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños. O seu xentilicio é laxense.  A orixe do topónimo está na verba laxe, que procede da forma altomedieval lagena, de probable orixe celta.

A poboación de Laxe está situada ao noroeste da provincia da Coruña, no centro da costa Morte, e no extremo sur da ría Corme-Laxe. Limita ao norte coa ría de Corme e Laxe, ao sur con Vimianzo, ao leste con Cabana de Bergantiños e Zas e ao oeste co océano Atlántico.

A historia de Laxe remóntase a tempos prehistóricos, como o demostran os restos aparecidos nos seus castros, Torre da Moa, Castrelo. Ata aquí tamén chegaba a vía Per Loca Marítima construída polos romanos para acceder a todo este territorio.

Estas terras foron gobernadas na Idade Media polos poderosos condes de Traba.

18/01/19

Pozo da Ferida, Xove, Lugo



Se queres ver as fotos pincha aquí.

 Se queres ver o vídeo pincha aquí.


O Pozo da Ferida fórmao unha fervenza natural de máis de 30 metros ao caer, está situado no canle do río Xudreiro, afluente do rio Landro.

Serra do Buio, pequena serra situada ao sueste de Viveiro. As súas maiores altitudes apenas exceden os 600 m. Nas ladeiras destes montes nace o río Loureiro ou Xudreiro, afluente do Landro, que forma ría de Viveiro.

Á metade do seu percorrido, entre Viveiro e Xove, e na cota dos 280 m de altitude, o leito do río estreitase e, debido ao forte desnivel, orixina esta fervenza que forma un pozo circular, coñecido como o Pozo dá Ferida.

Neste río Xudreiro, a pouca distancia da fervenza, atópase unha pequena presa de grande beleza, que era a que fornecía a auga a unha minicentral hidroeléctrica que se atopa preto do pozo, hoxe abandonada.

O nome, e a cor escura das augas da poza, segundo din, está motivado por que nese pozo caeu de xeonllos unha vella xigante cun feixe moi grande, que se levaba ao lombo, de mulime e xa nunca máis se puido levantar.




12/01/19

Fervenzas de Sotillo, Parque Natural de Sanábria 1




Se queres ver as fotos pincha aquí.

Se queres ver o vídeo pincha aquí.

A rota das Fervenzas do río Sotillo é unha das rotas máis interesantes do Parque Natural de Sanabria. 

A Rota empeza en Sotillo de Sanabria, cerca da ponte sobre o río Truchas. 

O camiño é empedrado e moi irregular, ás veces con auga, transcorre entre bosques de vexetación autóctona de grande beleza natural e paisaxística, esta senda está ben marcada con balizas de cor marrón. 

Antes de ver as fervenzas, escoitaremos o ruído que fai a auga do río Truchas cando cae sobre as rochas.  A baixada até a base das fervenzas é moi empinada e con chanzos irregulares. A auga destas fervenzas procede da Lagoa de Sotillo que se atopa a 1.600 monte arriba. 

04/01/19

Fervenzas de Sotillos, Parque Natural de Sanábria 2



Se queres ver as fotos pincha aquí. 



Se queres ver o vídeo pincha aquí.

O río Truchas, despois das fervenzas de Sotillo transcorre entre penas formando pequenas lagoas. 

A baixada a carón deste río é empinada con tramos de baixada dificultosos, pola posibilidade de escorrer.

A rota transcorre entre bosques autenticamente virxes de especies como acivros, carballos, castiñeiros e abeleiras entre outras. 

Tamén destaca a fauna, poderemos ver aves, corzos, xabarís, reptìs, etc. 

O paseo por estes bosques autóctonos trasládanos, con grande pracer, aos bosques encantados da nosa imaxinación.