Translate

30/11/17

Castelo de Castro Laboreiro, Melgaço, Serra da Peneda


Castelo de Castro Laboreiro, Melgaço, Serra da Peneda.
A uns 1000 metros de altitude, e situado en pleno sistema montañoso da Peneda-Gerês, preto da fronteira entre o Alto Miño e a zona de influencia de Ourense, o Castelo de Castro Laboreiro é un dos monumentos militares, localizado nos planaltos portugueses galegos.

As súas orixes son descoñecidas, sitúano en funcións  da reconquista do territorio e relacionado coa familia de D. Hermenegildo, na primeira metade do século X . 


D. Afonso Henriques, conquistouno en 1141. Devido a que foi transformado ao longo do tempo non se coñece a súa distribución, supón se que tería un patio interior con torre de homenaxe illada, á maneira dos castelos románicos.

No reinado de D. Dinis, tivo lugar a reforma que revisou o aspecto xeral que a fortaleza aínda mantén e que, por esa altura o castelo de Castro Laboreiro xogaría un importante papel na defensa da raia seca fronte a Castela. 

A altura do século XVI, o castelo estaba illado do poboado,  situado a unha cota considerabelmente inferior. O núcleo militar contaba con cinco torres quadrangulares  e posuía dúas portas, a do Sol, que levaba ao interior do recinto maior, e outra que comunicaba os dous redutos.

Dende a súa posición estratéxica pode contemplarse unha ampla vista das serras circundantes.

Moi preto atópase unha ponte medieval de moito interese.


Se queres ver as fotos pincha aquí. 

Se queres ver o vídeo pincha aquí.

24/11/17

Calatañazor, Soria 2



Calatañazor está declarado Conxunto Histórico Artístico desde 1962. É unha pequena poboación medieval, onde se recorda a lendaria batalla de Calatañazor.
A poboación está situada sobre un outeiro é rodeada de murallas. O nome de Calatañazor vén de "calat am nasur" que significa "castelo dos voitres", o que dá idea do fortificado e difícil de asaltar.

A arquitectura é popular: o Paseo polas súas rúas trasládanos varios séculos no pasado. Destacan as formas peculiares das chemineas, que rematan en pico, o que dificulta que a neve do inverno se pouse nelas.

A igrexa da nosa Señora do Castelo é románica con modificacións posteriores. Destaca a súa portada e detalles decorativos como un conxunto de tres arcos cegos, un deles lóbulo de crara influencia Andalusí .

Un busto de Almanzor, dirixente musulmán, está situado no centro do pobo, este foi derrotado na lendaria batalla de Calatañazor.  


Tamén existe no centro da vila un "Rolo ou picota", columna de pedra onde se expoñían á vergonza os presos condenados.

Desde o castelo téñense unhas boas panorámicas das chairas que contornan Calatañazor.

Na parte sur e fóra das murallas, atópanse unhas tumbas antropomorfas medievais excavadas na rocha, que deberon pertencer a un cemiterio extramuros que se atopaba preto dunha ermida hoxe desaparecida. 


Neste lugar, de entorno medieval, Orson Welles localizou a súa película "Campanadas a medianoite". 



Se queres ver as fotos pincha aquí.

Se queres ver o vídeo pincha aquí. 

14/11/17

Castelo de Lindoso



Castelo do Lindoso, Ponte da Barca, Portugal. É un monumento que cumpriu funcións defensivas durante os conflitos militares co reino de Castela. 

Foi eriguido nos principios do século XIII, durante o reinado de D. Afonso III.
Durante as Guerras da Restaração (siglo XVII) asumiu unha gran importancia debido á súa localización fronteiriza con España.

Aínda conserva as súas murallas, e no seu interior alberga, en ruínas, a casa do alcaide, unha capela, un forno, unha torre de homenaxe con 15 metros de altura e un museo con dúas exposicións permanentes.

Se queres ver as fotos pincha aquí. 


Se queres ver o vídeo pincha aquí.



10/11/17

Calatañazor, Soria 1




O nome de Calatañazor procede do árabe, segundo varios autores, (Calat-An-Asor..., segundo varios autores), que significa castelo do voitre ou niño de aguias para outros. Esta poboa que mira ao val do Sangue, onde se sitúa a batalla entre as tropas cristiás e as de Almanzor en 1002, na que Almanzor foi derrotado. Segundo a tradición morreu pouco despois e foi enterrado en Medina Salim (Medinaceli).

O castelo, do século XIV ou XV, está moi derruído, siguen en pé algúns lenzos e parte da torre da homenaxe de mampostería e sillería con reforzos nas esquinas. 

Na torre de homenaxe quedan restos de aparello árabe e unha ventá gótica. Polo lado da poboación conta cun foso, mentres que polo val do Sangue a propia altura dos riscos ofrecen suficiente protección. A poboación está amurallada, da que se conservan lenzos no noroeste e sur, cunha porta.

Se queres ver as fotos pincha aquí. 

Se queres ver o vídeo pincha aquí .



03/11/17

Espigueiros de Lindoso e Soajo


Espigueiros de Lindoso e SoajoCoa chegada do millo, ou maínzo, de América produciuse unha gran abundancia de grans, isto creou a necesidade de secalos, almacenalos, conservalos, aireados e poñelos a recaudo de roedores e outros animais que gostan destes graos. 


A solución que se dou no norte de Portugal, Galiza e outros lugares do norte da península,  foi a construción de espigueiros, nome que se lle dá no norte de Portugal, en Galiza chámanselle hórreos, aínda que se utilizan un conxunto de sinónimos, o que indica a importancia que tiveron estas construcións nos últimos séculos.

 Os espigueiros, o mesmo que os hórreos, son construcións de granito, ou madeira, con rañuras ou portelos de ventilación. Aséntanse sobre patas ou piares de pedra, ou madeira, cunhas losas circulares na súa parte superior que evitan a entrada dos roedores. en algúns tipos fase unha construción cerrada na base chama, casa da eira, que se aprobeita como almacén de outros graos como trigo, fabas, etc.  Sitúase en lugares altos e ben ventilados. 

Moitas destas construcións están coroadas por cruces e ou símbolos fálicos, que invocan a protección contra calquera dano ou maldición.

Na vila de Soajo, no concello dos Arcos de Valdevez, hai un conxunto de espigueiros situados nunha eira comunitaria composta dunhas enormes laxes de granito, cerca do centro da vila. Ista eira comunitaria de Soajo ten 24 espigueiros (hórreos). os máis antigos son do 1782. Desde 1983 o conxunto de espigueiros do Soajo está clasificado como Inmóbil de Interese Público. 

Espigueiros de Lindoso, poboación situada no Parque Nacional de Peneda-Gerês. Os espigueiros desta vila están situados nos arredores da aldea medieval de Lindoso, entre o seu castelo e o cruceiro, este conxunto de 64 espigueiros sitúanse en torno a unha única eira comunitaria de grandes losas de granito, o que dá idea da importancia do traballo colectivo propio das zonas de alta montaña. Foron construídos aos longo dos séculos XVIII, XIX e XX.

Dende o alto do Castelo de Lindoso pode contemplarse  unha panorámica do conxunto dos espigueiros, situados na eira.

Se queres ver as fotos pincha aquí

Se queres ver o vídeo pincha aquí