Translate

31/01/13

Chelo ben merece un paseo

Saíndo de Betanzos pola estrada N-VI, cara a Madrid, e a poucos quilómetros, hai un indicador, á esquerda, que pon a "Chelo". Paraxe moi fermosa, situada no río Mandeo. Máis abaixo atópase outro lugar moi coñecido pola xente festeira que é o "campo dos caneiros".

27/01/13

Camiñata por terras de baralla. Rota de Constantín

A camiñata polas terras de Baralla resultou bastante mollada, aínda que puxemos a mellor cara, como debe ser, e a viaxe resultou moi interesante.
A primeira parte permitiu desfrutar dunhas panorámicas dos nosos montes, sempre fermosas, cun chisco de neve ao lonxe.
A segunda parte levounos por soutos e carballeiras, das que tiven unha moi boa impresión, limitada pola auga que caía. Haberá que volver noutra ocasión. 
A comida resultou "un cocido pantagruélico". Moi ao estilo da nosa maneira de calcular a comida que temos que poñer na mesa, cando nos xuntamos un grupo de xente. Teremos que reflexionar sobre esta costume.
Unhas cantigas, puxeron punto final a un día de "camiñata mollada"

Se pinchades encima das fotos entrades na web de picasa e podedes baixar as fotos que vos interesen. Se houbera dificultade decídemo.  

26/01/13

Torreón e Castelo dos Andrade

O Torreón dos Andrade está situado moi preto do casco antigo de Pontedeume. para máis información.
O Castelo sitúase nun  promontorio rochoso no lugar do Castelo, a poucos quilómetros desta vila, máis información.
 

24/01/13

Santa Cruz, Oleiros, Un momento especial

As veces as présas e os remuíños da vida non nos deixan desfrutar de espazos e momentos especiais, coma este, dende Santa Cruz.  

20/01/13

Cabana de bergantiños

O concello de cabana de Bergantiños está situado na Costa da morte, entre Ponteceso e Laxe. As fotos mostran: unha pequena entrada do “río-ría” no núcleo urbano do concello, unha vista da desembocadura do río Anllóns, da barra e do monte Branco, cidade (castro) de Borneiro, un cruceiro situado na estrada que vai cara a igrexa de Borneiro e que ten a particularidade de que se pode mover  a parte de arriba, cando hai que pedir algún favor especial.

15/01/13

Para orientarse

Quixera recomendar a lectura deste blog para poder orientarnos sobre as reformas e contra reformas que nos veñen en riba, non hai mais que pinchar en cima. PARA ORIENTARSE


 

10/01/13

Que facemos cos pés

Camiñamos por sendas descoñecidas, outras veces por carreiros moi trillados.
Moitas veces metemos o pé onde non debemos.
Os nosos pés son desexados, ou rexeitados, ou están sós.
Pisan camiños duros e costentos.
Tamén esperan chegar a algún sitio gozoso.
E sempre nos gustaría camiñar por un leito mol de follas amigas.

06/01/13

Hai que ler para entender, "Eva al desnudo"


    Un vello libro que hai que re ler, ou descubrir, “Eva al desnudo” ou “THE DESCENT OF WOMAN.” Elaine Morgan

    Quixera recomendar a lectura deste libro, por varias razóns:
        Porque incorpora unha visión do mundo desde unha perspectiva feminina, tendo en conta que as persoas deste xénero representan máis da metade da poboación mundial, é evidente a necesidade de incorporar esta visión ao coñecemento universal compartido.
        Por outra parte o xénero masculino, quero pensar que todos, estamos interesados na mellor comunicación e relación co xénero feminino, por múltiples e variadas razóns, logo precisamos coñecer as súas realidades a a súa visión do mundo, tanto como nos permita a pertenza a un xénero distinto.
        De especial importancia parécenme as reflexións que fai a autora acerca das distintas estratexias que utilizan os dous xéneros para resolver os diversos conflitos, tanto no plano persoal como no social. Temos exemplos de sobra que nos permiten ver como, baixo o predominio  do xénero masculino, recorreuse á violencia máis brutal, tanto no plano persoal (violencia de xénero) como no colectivo (guerras, xenocidios, etc). Pola contra as mulleres teñen demostrado, na súa maioría,  maneiras máis pacíficas e menos brutais de solucionar os conflitos.
        O libro tamén mostra como homes e mulleres por motivos históricos, biolóxicos, fisiolóxicos, de reprodución, de subsistencia, etc, establecen distintas relacións persoais co medio no que habitamos, logo non é posible compartir, no profundo, as mesmas experiencias, intereses, impresións, etc, polo que temos que asumir e respectar, sen dúbidas, que cada xénero se manifeste da súa propia maneira, dentro do respecto ás regras de convivencia consensuadas libremente.
    Podería mencionar múltiples aspectos interesantes que podemos atopar na súa lectura, espero que cada quen os descubra.
  A serie de fotografías que amoso pretenden, simbolicamente, representar a necesaria e desexable relación dialéctica entre mulleres e homes, nun intento de converter esta relación nunha fonte de positivas experiencias e praceres compartidos.

Se premes na foto podes ver o álbum a maior tamaño