Translate
28/03/14
Estanque do Retiro, pasatempo de Betanzos
No nivel inferior construíuse o estanque do Retiro, cunha insua central na que había dúas estatuas imitando figuras romanas, bordeadas por un coidadoso mosaico con motivos de peixes. Nas paredes do estanque, completamente decoradas con cunchas de distintos moluscos, hai relevos representando un globo aerostático e un funicular.
21/03/14
Pasos subterráneos do Pasatempo de Betanzos
Na parte alta do Parque do Pasatempo de Betanzos atópanse as estruturas distribuídas en cinco niveis ós que se
chegaba a través de escalinatas e pasos subterráneos imitando grutas
prehistóricas, nas que aínda se conservan as figuras de dous dinosauros.
08/03/14
Parque do Pasatempo de Betanzos
O Parque do Pasatempo foi unha iniciativa novidosa, precursora dos actuais parques temáticos. Con variada vexetación, estanques e paseos, un conxunto de terrazas sucesivas ascenden pola aba do monte, con estatuas, relevos e construcións que buscaban reflectir lugares e feitos de todo o mundo, conformando o que se denominou un parque enciclopédico ao servizo da ilustración do pobo de Betanzos e os seus visitantes. O réxime franquista adicouno a campo de
concentración para prisioneiros republicanos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)