Translate

29/11/12

Camiñata polas terras de Fonsagrada

O día 28 do mes de Outubro un grupo de persoas, coordinadas por Samuel Rodríguez, da AA.VV. da Agra do Orzan desprazámonos aos montes situados ao leste de Fonsagrada, lindando con Asturias.
    A maior parte do percorrido transcorreu pola  cima das serras o que nos permitiu contemplar as amplas paisaxes das montañas Luguesas.
    O ultimo tramo, xa chegando a  vila de Fonsagrada, fixémolo por unha antiga corredoira moi empinada, cuberta de vexetación autóctona, semellaba que iamos en outro tempo pasado.

    Poema de Uxío Novoneira
        Ficando na anta
    - a fiestra aberta á alba vía
    voar as anduriñas.
    Levein os ollos prá serra
    i esquecinme da alba de min e delas
    que anque iban e viñan

    i anque oía non oía …
 saber mais  

   





 As persoas interesadas podedes premer na frecha para ver mais fotos e rememorar aquela viaxe.

22/11/12

Poemario de Verónica Martinez






    Tenho
   
    um mar enorme
   
    que empurra para sair,
   
    faz-me gemer
   
    e pular
   
    com as batidas
   
    do meu ventre

        Verónica Martinez







Verónica Martinez, ven de publicar un poemario titulado,"LUSOCURIA", no que describe sensacións relacionadas coa sexualidade, tema tan universal e importante para as persoas, e que unha parte da sociedade tenta, hipocritamente, de agochar e terxiversar. Eu reivindico con ela a libre expresión e desfrute da ou das sexualidades.



 

15/11/12

COGOMELOS: XORNADAS MICOLÓXICAS DE SADA


Celebráronse as xornadas micolóxicas de Sada, organizadas pola "Sociedade Galega de Historia Natural", estas permitíronnos coñecer e valorar un dos recursos naturais do pais, os cogomelos, de indubidable valor ecolóxico, gastronómico e mesmo estético.

Para contribuír a difusión e coñecemento deste patrimonio natural, fixen unha serie de fotos que poño a disposición das persoas interesadas.


MACROLEPIOTA