Translate

28/12/19

Alfombras Turcas



As alfombras turcas son tamén chamadas alfombras de Anatolia,zona asiática de Turquía. 
As alfombras máis antigas turcas pérdense nos tempos das primeiras civilizacións, aínda que as versións máis recentes orixináronse no século XII en lugares como a cidade de Konya, que durante moito tempo foi o centro turco de fabricación de alfombras. As alfombras fabricadas no século XVI e XVII son plenamente comparables coas alfombras persas. 
As alfombras turcas están moi influenciadas polas formas gregas que estaban asentados nestes territorios e dominaban, nese tempo, a fabricación de alfombras. 
As alfombras máis grosas componse de la, algodón e seda e sempre están anoadas cun nó turco, tamén chamado nó Ghiordes ou Turkbaff. 
Os motivos máis comúns baséanse en motivos de oración con formas xeométricas. Figuras humanas e animais non aparecen retratados debido a que o Corán non o permite.

21/12/19

Museo dos Derviches, Konya 2



Se queres ver as fotos pincha aquí

O museo-mosteiro dos Derviches de Conya, conta con un patio interior, que conten unha fonte, onde se lavan as persoas crentes antes de acceder ao lugar sagrado, sitúase ,tamén, un museo e varias tumbas. Para acceder a o lugar sagrado é obrigatorio descalzarse.

Xa no interior destacan as coleccións e as estruturas reunidas desde o século XIII ao XX, estas reflicten a arte refinada da tradición sufí. Non faltan mármores, madeiras talladas, azulexos, alfombras, cristais, pratería e caligrafía islámica, asi con históricos exemplares do Corán e obras de Rumi.

Aquí está, tamén, a tumba de Rumi, dos seus familiares, discípulos e músicos derviches. Os sartegos de mármore de Rumi e o seu fillo Sultan Walad están envolvidos nun tecido bordado con fíos de ouro e prata, alí lense frases do Corán entre rosas e tulipáns. Existen espazos para o rezo, homes e mulleres separados.

14/12/19

Gran Bazar Istambul



Se queres ver as fotos pincha aquí

O Gran bazar (Kapalıçarşı en turco) de Istambul (Turquía) é o maior bazar da cidade e un dos bazares máis grandes do mundo.

Situado no centro da cidade vella, na parte europea entre Nuruosmaniye, Mercan e Beyazıt.

Diariamente recibe entre 250.000 e 400.000 visitantes. Con moitas áreas de negocio entre as que salientan a xoiaría, ourivaría, doces, especias e tendas de alfombras.

Os comercios agrúpanse polo tipo de actividade, de forma gremial. O bazar contén dous bedestáns, ou estruturas de cachotaría con cúpula para o almacenamento de mercadorías; o primeiro deles foi construído en 1464 por orde de Mehmed II. En 1864 foi reconstruído na súa maioría logo dun terremoto.

O Gran Bazar de Istambul esténdese nunha área de 45.000 m2 dos cales 36.000 m2 son útiles. Estrutúrase en 64 avenidas e rúas, 16 atrios con preto de 4.000 tendas.

Accédese a este recinto pechado mediante 22 portas e ponse a venda máis de  12.700 artigos diferentes e traballan máis de 20.000 persoas.

06/12/19

O Capricho de Gaudí, Comillas 2



Se queres ver as fotos pincha aquí

O Capricho de Gaudí, no seu interior, onde viviu o indiano Máximo Díaz, destacan os artesoados no teito de cada estancia, mobles que se atopan no percorrido,

Os Singulares balcóns de ferro forxado. Mencionar que a familia de Gaudí tiña como oficio a de Caldeireiros e Ferreiros. Desa herdanza artesá Gaudí era coñecedor. na planta superior atópase un Miradoiro onde gozarás das vistas cara á Capela Panteón dos Sobrellano. Na actualidade móstrase a exposición Gaudí “A arte en Todo”. Aquí exhíbense unhas espectaculares e sinuosas cadeiras.

O Xardín está dividido en varias seccións. Os materiais son os que viches na fachada, chans cubertos de pedra e muros adornados por ladrillos de cerámica.

No patio traseiro dos Xardíns do Capricho, sobre un banco de pedra, áchase unha unha estatua sedente de bronce que representa a Gaudí.

24/11/19

Museo dos Derviches, Konya 1


Se queres ver as fotos pincha aquí

Konya é o centro dos derviches xiradores. Trátase dun movemento espiritual e místico. Pódese visitar o seu Monasterio chamado así, Monasterio dos Derviches Danzantes. Esa corrente espiritual foi fundada por Mevlana e está moi estendida por Turquía e Asia Menor.

Contrario a todos os corpos principais de relixión islámica, o Mevlana recomenda as virtudes da música e a danza, e a cerimonia xiratoria, (sema), pola que son coñecidos os derviches mevlevis, para eles é un medio de liberdade do cautiverio terrenal e abandono ao amor de Deus.

As roupas que visten os mevlevis durante a observancia posúen un significado simbólico. O chapeu de camelo representa unha lapida, a capa negra é a propia tumba e a túnica branca, o sudario fúnebre.

Durante a cerimonia a capa se saca, para indicar que os derviches escaparon das súas tumbas e de todos os lazos terrenales.

Cada momento e cada son durante a cerimonia posúe un significado adicional e esta estritamente regulado por directrices detalladas e especificas. Como exemplo, o brazo dereito dos danzantes esta estendido palma arriba cara ao ceo, o esquerdo cara ao chan simbolizando que a graza é recibida de Deus e distribuída á humanidade, sen que nada sexa retido polos derviches

15/11/19

Bursa, Turquía



 Para ver as fotos pincha aquí

Bursa (coñecida historicamente como Prusa, en grego: Προύσα), é unha cidade do noroeste de Turquía. Cunha poboación de 2.981.0001​ (2007), é a cuarta cidade máis grande de Turquía, e unha das máis industrializadas e importantes no ámbito cultural.

O emprazamento máis antigo que se coñece é a cidade de Cío, a cal cedeu Filipo V de Macedonia ao rei Prusias I de Bitinia no ano 202 a. C. pola súa axuda contra Pérgamo a Heraclea Póntica (a actual Karadeniz Ereğ li).

Converteuse en capital do Imperio otomán cando este conquistou os restos do Imperio bizantino en 1326.

Tamén está situado nesta cidade o mausoleo e o cenotafio do Sultán  Mehmet I, fundador do novo imperio otomán. Moi cerca atópase, a Mezquita  Yeş il de 1424, que reflicte o estilo do novo imperio.

Durante o dominio otomán, Bursa foi a orixe da maioría dos produtos de seda da contorna, dada á súa localización no extremo occidental do Roteiro da Seda.  Á parte da produción local, importaban seda salvaxe de Irán e, en ocasións, de China.

Bursa é o centro da industria automobilística de Turquía. Tamén destacan a industria téxtil e a alimentaria.

Bursa unhas terras moi fértiles e gran produción agraria.

11/11/19

Neocova de Altamira


Se queres ver as fotos pincha aquí

A Neocova é a reconstrución científica da cova de Altamira que se atopa nunha das salas da exposición estable "Os tempos de Altamira" do Museo Nacional e Centro de Investigación de Altamira, en Santillana del Mar, Cantabria.

Foi inaugurada en 2001 co fin de poder mostrar unha copia das pinturas paleolíticas sen que se afectasen ás orixinais. Mostra, tamén, un conxunto de obxectos utilizados polas persoas que habitaron esta cova.

​ A réplica foi realizada pola profesora de debuxo Matilde Múzquiz e o fotógrafo Pedro Saura, ambos os especializados nos seus respectivos campos na pintura prehistórica.

A Neocova mostra como era a cova de Altamira fai 15 000 anos, no Paleolítico Superior, a época na que foi habitada por clans de cazadores-recolledores, no inicio da nosa época.

Xa no interior, e xunto á entrada da cova situábase o campamento, organizado ao redor de fogares, cara ao interior, na zona de penumbra e escuridade, reserváronse espazos para a arte. Na "Sala de Polícromos" concéntrase a manifestación máis espectacular da arte das cavernas, obra de artistas xeniais do Paleolítico que converte á cova de Altamira en Patrimonio Mundial.

01/11/19

Paseo por Mondoñedo 3



Se queres ver as fotos pincha aquí


Ponte do Pasatempo onde tivo lugar a dramática escena do final da vida de Pardo de Cela. Crúzao o río Valiñadares, no que houbo noutrora moitos muíños, ten un único arco de medio punto de 7 m. de luz construído en xisto e cantería coa calzada alombada e grosos muros.

O episodio máis soado da historia antiga de Mondoñedo foi a decapitación do mariscal Pardo de Cela. Acusado de traizón e apresado no seu castelo da Frouxeira, Foz, a súa muller obtivo o perdón da raíña Isabel a Católica, pero os inimigos do Mariscal detiveron os portadores do indulto real na ponte do Pasatempo, o tempo preciso para que fose executado.

Fonte Vella, construída en 1548 polo bispo Diego de Soto. Ten os escudos de Carlos V e do propio bispo.

Nesta zona sitúase o barrio dos muíños, onde se situaban unha boa cantidade deles.

26/10/19

O Capricho de Gaudí, Comillas 1



Se queres ver as fotos pincha aquí

O Capricho ou tamén nomeada como “A Vila de Quijano”, é un dos deseños do arquitecto Antoni Gaudí. Comillas, Cantabria, foi o destino desta fantasía arquitectónica.

O encargo fíxoo o Indiano Máximo Díaz de Quijano. Máximo era familiar do Marqués de Comillas. Este nobre era sogro de Eusebi Güell, o gran mecenas de Gaudí.

O Capricho de Gaudí é nha importante obra arquitectónica do Modernismo en Cantabria

As obras realizáronse entre 1883 e 1885. O Capricho, a partir de xullo 2010, transformouse nun museo, na actualidade é unha das puntos máis visitadas de Cantabria.

Respecto á orixe do nome de Capricho, fai referencia á composición musical libre e fantasiosa.  A torre é de influencia mudéxar esta e o corpo do edificio están revestidos de decoración en azulexo cerámico; tamén de ferro forxado na parte da cúpula, no fornelo e no balcón miradoiro, o motivo que se repite é a Clave de Sol.

O remate da torre está revestida da mesma cerámica que as franxas do corpo, acentuando así a súa verticalidade, hai un fornelo sostido por catro columnas de fundición, cuxos capiteis están aínda sen acabar. 

As estancias repartiunas en función da traxectoria do sol, o que motivou que  a decoración exterior collera como motivo os xirasois. Esta planta vira cos movementos do sol.

18/10/19

Paseo por Mondoñedo 2



Se queres ver as fotos pincha aquí

 A paisaxe arquitectónica da cidade caracterízase polos tellados de laxa das casas que terminan nuns picos de pedra típicos chamados " ameas" para protexerse contra o vento. A cidade de Mondoñedo é un dos puntos polos que pasa o Camiño de Santiago.

Aparece vinculada historicamente coa diocese de Britonia -moi posiblemente abarcando terras entre a Serra do Xistral e a foz do río Navia- e coa chegada de poboación bretoa procedente da illa do mesmo nome no século V. Entre estes destaca a figura do bispo Mailoc.

Algunhas das persoas ilustres de Mondoñedo foron:
Álvaro Cunqueiro, considerado un dos grandes autores da literatura galega.
Pascual Veiga, compositor autor da música do himno galego.
Manuel Leiras Pulpeiro, escritor do " Rexurdimento", francmasón de nome Lúculo.
Xosé Díaz Jácome, xornalista e escritor.
Antonio Noriega Varela, xornalista e poeta.
Marina Mayoral, narradora en galego e en castelán, Articulista.

20/09/19

Paseo por Mondoñedo 1



Se queres ver as fotos pincha aquí.

É a capital da comarca da Mariña Central,

O topónimo Mondoñedo procede, probablemente, do termo preindoeuropeo mund (que significa 'monte'), máis a forma celta onna ('fonte' ou 'río') co engadido do sufixo de reforzo - etu, o que se correspondería coa abundancia de ríos e fontes na zona.

Catedral de Mondoñedo, Foi construída polo bispo Martiño entre 1230 e 1248 e conserva a porta románica primitiva. O rosetón oxival do século XIII; No interior a cabeceira é de estilo románico e vaise volvendo en oxival conforme avanzan as naves. Hai pinturas murais do século XIV.

O seu casco vello foi declarado Conxunto Histórico-Artístico en 1985, nel destacan a praza da catedral, monumento nacional construído no século XIII, onde tamén se sitúan o monumento a Cunqueiro e unha placa a Pardo de Cela, tamén e cara onde conflúen todas as rúas da vila.

Foi capital da provincia de Mondoñedo, unha das sete provincias galegas históricas até 1833.

15/09/19

Vida intermareal



Se queres ver as fotos pincha aquí.

O espazo intermareal é o espazo comprendido entre os dominios mariño e terrestre.

Este espazo está comprendido entre a máxima altura que acadan as mareas e o mínimo histórico de marea baixa. 

Nas nosas latitudes a diferencia de niveis entre os dous extremos é de uns 4 metros, habendo dúas mareas altas e dúas mareas baixas ao día. 

Por distintos factores o espazo intermareal é de fortes contrastes, grande variedade de hábitats e elevada produtividade.

As formas de vida presentes nestes hábitats están sometidos a cambios continuos de ambiente, devido á presencia e ausencia periódica da auga salina do mar. 

Exemplo son os animais que no tempo que permanecen emerxidos, captan o osíxeno da auga que quedou retida dentro da súas cunchas, no caso dos animais apegados á rocha.

Outros seres vivos aproveitan a humidade que queda, cando baixa a marea, en pozas ou fendas.

14/09/19

Aldea de Sálvora 2, Aguiño, A Coruña



Para ver as fotos pincha aquí

Nas casas da aldea de Sálvora, ademais da arquitectura popular das casas, tamén, podemos ver parte do seu interior o que resulta unha mostra etnográfica e histórica.

Camas,  cadeiras, botellas de viño valeiras, viño quinado e anís, tamén, lareiras, fregadeiros e frasqueiras de granito.

Unha das casas chamáronlle "fábrica da luz", que ainda garda os enferruxados xeradores de enerxía eléctrica nos que aínda se len as letras en relevo dos seus fabricantes: HMP Riveira e a vasca Onena,

Nun pendello lindeiro o óxido corroe o chasis dun vello tractor, recentemente pintado para aparecer na película " O Santa Isabel", que trata sobre o naufraxio deste barco preto da illa e que mulleres valentes da aldea axudaron a salvar moitas vidas.

06/09/19

Aldea de Sálvora 1, Aguiño, A Coruña



 Para ver as fotos pincha aquí

Desde o mar e no medio da vexetación, vense as casas de pedra da Aldea de Sálvora.

A comezos da década dos setenta abandonaron a illa os últimos moradores, neste enclave chegaron a vivir 25 familias. A terra labrada volveu ser erma, e as vivendas quedaron sepultadas en vexetación e esquecemento.

A pequena casa da escola é das poucas que están conservadas na aldea.

 A incorporación de Sálvora ao parque nacional das Illas Atlánticas permitiu redescubrir a aldea.

A limpeza da zona devolveu a aldea ao tempo presente. A súa disposición en U permitiu mitigar os ventos do norte.

Coa limpeza do camiño que conduce desde a antiga salgadura ao asentamento puxo de manifesto os muros que o delimitaban e, tamén, un lavadoiro no que se habitaban anfibios.

31/08/19

Paseo por Porto, Portugal


Se queres ver as fotos pincha aquí

Porto é a segunda cidade de Portugal, capital do Distrito do Porto.

É a cidade que deu o nome a Portugal dende moi antigo (Portus Cale), chegando a converterse máis tarde na capital do Condado Portucalense, que máis tarde sería Portugal.

É aínda unha cidade coñecida mundialmente polo seu viño, polas súas pontes e arquitectura contemporánea e antiga, o centro histórico está clasificado como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

En 1415 e para ir á conquista de Ceuta, a poboación do Porto ofreceu ós expedicionarios toda a carne dispoñible, quedando só coas "tripas" para a alimentación das persoas do Porto. Deste xeito gañaron o alcume de "tripeiros", unha expresión máis agarimosa que pexorativa. É tamén esta a razón pola que o prato tradicional da cidade son as "Tripas à moda do Porto".

23/08/19

Paseo por Aveiro, Portugal




Se queres ver as fotos pincha aquí

Aveiro é unha cidade portuguesa, da Rexión Centro. A cidade foi chamada frecuentemente "Venecia de Portugal" polos seus canais que atravesan o centro da cidade o que lle proporciona unha gran beleza. 

O antigo barrio de "Beira Mar" onde se conservan as casas tradicionais, as tendas de sal da ría. 

Conten unha parte máis antiga, situada na zona alta e unha parte modernista situada a carón dos canais, por onde pasan os barcos tradicionais de transporte de sal e algas, hoxe pasean ás persoas turistas.

A forma máis antiga coñecida do topónimo de Aveiro datan do século X, pero ata o século XIII non se elevou á categoría de vila.
 

A boa situación xeográfica de Aveiro beneficiou o seu crecemento. As salinas, que abundan nesa zona, a pesca, especialmente o bacallau, e o comercio marítimo foron a base económica da cidade.

Illa de Sálvora, Aguiño



Se queres ver as fotos pincha aquí

Esta illa está situada na boca da ría de Arousa. Pertence na actualidade á  Aguiño (concello de Ribeira), xunto cos illotes Vionta, Herbosa e Noro e as Sagres forma o arquipélago de Sálvora, integrado, xunto coas Cíes, Ons e Cortegada, no Parque nacional das Illas Atlánticas, constituído no ano 2002.

Durante anos estivo poboada e tivo actividade agrícola, gandeira e pesqueira, ate o 1972.

Na illa, que foi de titularidade privada ata 2007, atópanse, unha aldea, oito hórreos, un lavadoiro, a fonte da Telleira ou de Santa Catarina, un almacén de finais do século XVIII ampliado cara 1963 con dúas torres con aire de pazo, unha antiga taberna reconvertida en capela, un faro, un peirao, un cruceiro, dous muíños e a estatua dunha serea.

É moi notorio a presenza de Gaivotas, sempre pendentes das crías no tempo de reprodución, de primavera a verán, e dispostas a pasar a acción se ven ameazada a vida da descendencia. 

A erosión deseñou estrañas figuras de pedra, nos penedos situados ao longo dos camiños marcados, aos que merece a pena botarlle imaxinación para percibir as figuras e levarse unha unha impresión persoal.  

19/08/19

Casa Modernista en Aveiro, Portugal


Se queres ver as fotos pincha aquí

O Museo de Arte Nova está situado na Casa Maior Pessoa, un dos edificios máis admirados arquitectonicamente da cidade. O deseño do edificio atribúese aos arquitectos Silvia Rocha e Ernest Korrodi.

A fachada de pedra mostra un extraordinario detalle modernista nos adornos de ferro forxado. O edificio está rematado por unha  aguia.

No interior, os paneis de cerámica son o elemento dominante de deseño. Os forros das paredes son paneis de azulexos tradicionais portugueses (tellas cerámicas pintadas a man) que representan motivos de aves, animais e flores.

Conten unha casa de chá-cafetería, onde hai unha gran variedade de tés e cafés  dispoñibles. Pola noite, a Casa de Chá, transfórmase nun salón de cócteis.

06/08/19

Estación de Porto, Sao Bento



Se queres ver as Fotos pincha aquí

A Estación do Porto - São Bento, orixinalmente coñecida como Estación Central do Porto, é unha estación ferroviaria da Linha do Minho, que serve a cidade do Porto, en Portugal.

O edificio da Estación, de influencia francesa, foi deseñado polo arquitecto de Porto José Marques da Silva.

Entrou en servizo, de forma provisional, o día 8 de novembro de 1896, sendo oficialmente inaugurada o 5 de outubro de 1916.

Situada no Centro histórico do Porto e forma parte dos principais monumentos da cidade, destacan os paneis de azulexo situados á entrada da estación.

03/08/19

Illa de San Simón, ría de Vigo


Se queres ver as fotos pincha aquí

Se queres ver o vídeo pincha aquí


A illa de San Simón pertence ao concello de Redondela,  Preside a enseada de San Simón, no extremo interior da Ría de Vigo. A illa está unida á illa de Santo Antón por unha ponte. O conxunto de ambas as illas mide 250 metros de longo e 84 de largo. Ademais existen outros dous pequenos illotes, San Bartolomé e San Norberto.

Ao longo da súa historia a illa foi empregada como mosteiro, lazareto, cárcere e fogar para nenos orfos. O seu conxunto está catalogado como Ben de Interese Cultural dende 1999.

A illa foi un antigo centro monástico cantado polo poeta Mendinho na Idade Media.
Cquote1.svgSediam'eu na ermida de San Simón
e cercaronm'as ondas, que grandes son,
eu atendend'o meu amigo,
eu atendendo'o meu amigo...Cquote2.svg
En 1589 foi saqueada por piratas ingleses, entre os que se atopa o célebre Francis Drake.

 Foi escenario da batalla de Rande en 1702, cando navíos de Países Baixos e de Inglaterra unidos pola guerra de sucesión contra a coroa de Castela; trataron de asaltar a Frota de Indias cargada coas mercadorías de case 3 anos

Durante a ditadura franquista os edificios da illa foron empregados como campo de concentración e de exterminio para os presos políticos contrarios ao réxime,  na súa maioría provenientes das zonas próximas coma Vigo, Pontevedra, Ourense e Vilagarcía de Arousa, tamén houbo presos de Asturias, León ou do País Vasco. Estímanse que ao redor de 6.000 persoas foron encarceradas. 


15/07/19

Caminito del Rei 2



Se queres ver as fotos pincha aquí

Se queres ver o vídeo pincha aquí


A construción dunha canle de auga desde os encoros do norte ata O Chorro para aproveitar aquí o desnivel nunha central hidroeléctrica, comportou un camiño de mantemento do devandito canle, coñecido como Caminito do Rey porque a obra foi inaugurada polo rei Alfonso XIII.

Este camiño (o que se coñece como as pasarelas), duns 3 quilómetros de lonxitude, acaba de ser restaurado, e discorre entre paredes verticais e unha ponte no mesmo desfiladeiro sobre a canle de auga.

13/07/19

Libros vellos corais na catedral de Baeza


Se queres ver as fotos pincha aquí

Se queres ver o vídeo pincha aquí


A catedral de Baeza conten unha importante colección de Libros Corais, 23 deles grande tamaño e con ilustraccións en miniatura.

Hai libros realizados ao longo de moitos anos, desde 1542 ata 1792. A presencia destes libros corais explicase pola tradición de compoñer e ensinar música aos nenos de Baeza dende moi antigo, hai noticias de compositores dende o século VII.

A partir do renacemento a ensinanza da música foi moi esmerada coa intervención de voces e instrumentos, chirimías, sacabuches e bajones.

11/07/19

Caminito del Rei 3


Se queres ver as fotos pincha aquí

Se queres ver o vídeo pincha aquí


Flora: na ribeira a vexetación máis destaca está formada por juncáceas, carrizos, canas, adelfas e tarraxes, con algúns álamos e salgueiros..

A fauna máis destacada está formada por: alúmoche, voitre leonado, aguia real, falcón abelleiro, e un longo etcétera, xunto con varias especies de anfibios e numerosos réptiles (lagarto ocelado, cobra de escaleira, cobra bastarda, cobra viperina). A cabra montés habita as partes máis altas, xunto con raposos, coellos, Liron, tejones e xinetas.

Caminito del Rei 1



Se queres ver as fotos pincha aquí

Se queres ver o vídeo pincha aquí


O Desfiladeiro dos Gaitanes é un canón escavado polo río Guadalhorce no termo municipal de Álora, provincia de Málaga, con acceso desde o norte polos encoros do Guadalhorce e desde o sur polo Chorro, que nalgúns puntos só ten 10 metros de anchura e que alcanza os 700 metros de profundidade.

A Paraxe Natural, Desfiladeiro dos Gaitanes, atópase no centro da provincia de Málaga, entre os municipios de Álora, Antequera e Ardales. Constitúe unha das paisaxes máis espectaculares da serra malagueña.



21/06/19

O Couto Mixto



Se queres ver as fotos pincha aquí

Se queres ver o vídeo pincha aquí


O Couto Mixto (en portugués: Couto Misto) foi un microestado independente situado no val do río Salas, na vertente norte da serra do Larouco entre Galiza e Portugal. Constituído polas aldeas de Santiago, onde se estableceu a capital, Rubiás e As Maus. Ocupaba unha superficie de 26,9 km² e segundo estimacións do seu penúltimo xuíz, Delfín Modesto Brandón, tiña unha poboación entre 1862 e 1864 de non máis de 1000 habitantes.

Descoñécese a orixe da súa institución, ligada dende a Baixa Idade Media ao castelo da Picoña,  Entre os dereitos e privilexios do Couto Mixto atopábanse os de asilo ós fuxidos da xustiza portuguesa ou española, non dar soldados nin a un reino nin ó outro, exención de impostos, liberdade de comercio (como o do sal, obxecto de estanco), liberdade de cultivos (como o tabaco, obxecto de estanco), liberdade de elixir a nacionalidade española ou portuguesa para os seus habitantes, e outros.

Coa firma e entrada en vigor do Tratado de Lisboa, no 1868, os seus dominios quedaron baixo a soberanía de España en contrapartida, pasaron á soberanía de Portugal os chamados pobos promiscuos.

A Igrexa de Santiago de Rubiás conta con pinturas que datan do século XVI e que representan o xuízo final. A Igrexa de Santiago de Rubiás era o punto de reunión do "parlamento" do Couto Mixto e lugar onde se gardaba a arca que contiña os documentos.

10/06/19

Baeza 2

  

Se queres ver as fotos pincha aquí.

Se queres ver o vídeo pincha aquí


Nos séculos XV e XVI a economía de Baeza creceu grazas á gran produción de cereais, fariña, madeira, azafrán, seda, viña e oliveira, así como o peso da cabalería e do gando, que se proxecta nunha gran industria de tecidos. e curtiduría co consecuente comercio destes produtos. 

A mediados do século XVI a poboación de Baeza duplica a do século anterior ea súa riqueza agrícola, gandeira, industrial e comercial mellora.

A pequena nobreza amosou o seu poder a través da monumentalidade das súas mansións e edificios públicos, os mesmos que hoxe podemos contemplar.
 

Durante o século XVII houbo unha recesión económica paralela á do resto de España, e Baeza pasou de ser excedentaria de cereais a ter que importar gran, isto afundiu aínda máis a súa economía.

Coa chegada da ilustración, a partir de 1700, dáse unha certa recuperación económica pero Baeza non recuperou a puxanza doutros tempos, a propiedade da terra continuaría nunha porcentaxe moi elevada nas mans de grandes propietarios e da Igrexa.

Baeza 1


Se queres ver as fotos pincha aquí. 

Se queres ver o vídeo pincha aquí
 

As distintas fontes clásicas, escritas ou epigráficas, mencionan a Vivatia, cuxa relación con esta cultura remóntase á época do Imperio Romano, no século I aC. Xogou un papel fundamental nas canles de comunicación que dan paso á prata que pasou das minas de Sierra Morena á costa leste da península.
 

Os musulmáns chamárona  Bayyasa, no século VIII. O territorio é redistribuído entre os hispanogodos, as tribos árabes e os omeyas; mentres que a Igrexa, aínda que segue existindo, perde o poder económico. Os muladíes (convertidos ao Islam) e os mozárabes (cristiáns que permanecen en Al-Andalus) formaron estruturas sociais non moi diferentes das anteriores.

Ata a reconquista de Jaén en 1246 Baeza é a capital do efémero Reino de Baeza, máis tarde integrado no novo reino de Xaén.
 

Fernando III dota a Baeza do Fuero Conquense, co obxectivo de atraer a xente dos territorios cristiáns do norte. Enrique II fai grandes doazóns aos seus seguidores na rexión e así a oligarquía consolídase no seu poder.

09/06/19

Ruta do val do lago2, Somiedo



Se queres ver as fotos pincha aquí.

Se queres ver o vídeo pincha aquí
 

Esta rota ofrece moitas posibilidades de contemplar variados aspectos da natureza: paxaros como o escriba cerillo, paxaro cunha cor amarela particular, osos situados nas ladeiras  das montañas, neste caso moverse con sixilo para non perturbar a súa tranquilidade, e multitude de outros animais.

Este é un Parque Natural que tamén é Reserva de Biosfera: recorda deixar todo como está, non coller nin romper plantas nin molestar aos animais. Cando é o final do inverno poden contemplarse multitude de formas esculpidas na neve pola natureza.

A ruta comeza na localidade de Valle de Lago, no concello de Somiedo. Transcorre por un camiño moi dereito de pouca dificultade, o tramo da dereita é algo máis difícil,  ao final dos dous camiños atopamos o Lago del Valle, rodeado de montañas brancas, no tempo de inverno.

Rota de castro, Somiedo



Se queres ver as fotos pincha aquí

Se queres ver o vídeo pincha aquí

Na primeira parte da rota poden verse especies como: toxo, escoba negra,  carrascas, vexetación relíctica, etc. Bosques de folla caduca, freixo, alce, Tilo e abeleira, que ocupan os lugares, onde o solo é máis profundo.

A rota transcorre ao longo dos afloramentos rochosos de paredes escuras, moi cerca atópase a Cova da Malva, cavidades na rocha calcaria producidas pola erosión, moi preto atópase unha coidada fonte de auga cristalina. 


Na vertente oposta sitúase a serra da Llampaza e os cumes de Gurugú, a cova dos Moros e os bosques que cobren as súas ladeiras. 

Xunto ao río, está o encoro de Malva e a planta hidroeléctrica do mesmo nome, un edificio de primeiros século XX, de gran beleza.

31/05/19

Ruta do val do lago, Somiedo 1




Se queres ver as fotos pincha aquí

Se queres ver o vídeo pincha aquí
       

A rota parte da aldea de Valle de Lago e vai ata o Lago del Valle, ten unha distancia de 6 quilómetros, nos que podemos contemplar: etnografía, flora, fauna, xeoloxía e paisaxe, bastante espectaculares. 
As cores, a diversidade e o traballo da terra polo ser humano son o ton predominante desta ruta.

Nas ladeiras boscosas, a faia e algúns arraclan (nome común de
Frangula alnus) son a especie dominante. 
Hai grandes zonas de pastos e abundante "teito", Planta coa que se fabrican os tellados das cabanas do mesmo nome. 

Destacan as coloridas flores das xenecianas, de cores amarelos ou laranxas que enchen a zona superior do val nos meses de xuño e xullo.

26/05/19

Talaiots Son Fornés, Mallorca 2


Se queres ver as fotos pincha aquí

Se queres ver o vídeo pincha aquí


Son dúas  construcións de planta circular e realizadas coa técnica ciclópea. Nos talaiots do conxunto usáronse pedras menores para nivelar. 

O Talaiot 1, é o maior talaiot de Mallorca, está situado ao suroeste da cidade, cun diámetro de 17 m. A súa altura máxima é de 3,5 m ea altura mínima é de 0,26 m, dando ao grupo unha media aproximada de 1,88 m. Nun bo grao de conservación.

O Talaiot 2 está situada 28 metros leste de Talaiot 1. tamén ten planta circular, de 12 m diámetro. Tamén construído con técnica ciclópea, a dimensión media dos bloques é de 0,63 m de ancho e 1,65 m lonxitude A altura máxima da unidade é de 2,10 mi a altura mínima é de 1,50 m, cunha media de 1,80 m. Nun bo estado de conservación

19/05/19

Braña de Mumián 2, Somiedo


Se queres ver as fotos pincha aquí.


Se queres ver o vídeo pincha aquí




Parece que a palabra braña procede de verán: o tempo comprendido entre finais da primavera, mediados de maio ata o mes de xullo, tempo no que as herbas e os produtos gandeiros nas leiras son máis abundantes.

A braña foi o tempo de abundancia en manteiga, leite e queixo, segundo din os pastores cabraliegos.


Era o mellor momento para comer e curar os froitos das vacas, co aire da montaña ou coas augas frescas dos mananciais. A braña era aquel verán de persoas e gando, como recolle unha cantiga popular.

"Ya mandéi las rapazas pal puertu,
pa que se cargaran pronto las becerras:
ya baxaron las becerras manías,
ya las rapazas preñadas"
  

30/04/19

Rota da Braña de Mumián 1, Somiedo


Se queres ver as fotos pincha aquí

Se queres ver o vídeo pincha aquí
 

A rota comeza preto de Caunedo, subindo cara o Porto de Somiedo, comeza á esquerda.

Este sendeiro pasa por Llamardal e transcorre entre herbais que rodean a aldea e percorre a vertente central de Peña Gúa, para logo saír a unha zona de parcelas de pasto, delimitadas por balados de pedra que as separan. 

O camiño continúa pola ladeira ata chegar ao Fuente'l Cañu, na parte alta da Braña de Mumián, onde se poden ver as cabanas e as ollas, edificios que conservan o leite frío grazas á baixa temperatura da auga que baixa dos picos.

A paisaxe é de gran beleza, cunha fermosa vista dos Piccos Mocosu e do Sierra'l Páramu situado fronte ao outro lado do val do río Somiedo.

19/04/19

Alcazaba 2, Almería



 Se queres ver as fotos pincha aquí

Se queres ver o vídeo pincha aquí

Ao redor do ano 1522, houbo un gran terremoto en Almería que destruíu a maioría dos edificios da cidadela, Alcazaba, Unha boa parte deste conxunto foi restaurada.
 

Primeiro recinto, è un gran campo aberto que foi usado para uso tropa e campamento para a poboación cando tiña que refuxiarse en caso de ataque, normalmente por mar.

Segundo recinto Era a cidade palaciana, onde vivían os gobernantes, os gardas e os seus axentes. Tiña pazos, baños, cisterna, tendas e unha mesquita.

Terceiro recinto construído polos Reis Católicos, está formado por dúas torres defensivas e unha torre principal, que foi utilizado como residencia.

12/04/19

Alcazaba 1, Almería



Se queres ver as fotos pincha aquí 

Se queres ver o vídeo pincha aquí


A Alcazaba de Almería é unha cidade amurallada declarada Ben de Interese Cultural, o maior expoñente da herdanza musulmá na cidade de Almería.

Este monumento está no outeiro de San Cristóbal, é visible desde calquera parte da cidade, converteuse nun símbolo de Almería.

Un Kasbah é unha cidadela fortificada por paredes fortes, que contén a sede do goberno, distintas vivendas e mesquita. 


A súa construción comezou en 955 polo califa Al-Andalus, Ab al-Rahman III e foi rematada durante o reinado de Al Jairán, primeiro rei de Taifa independente de Almería.

Tras a reconquista da cidade, 1489, os Reis Católicos ordenaron a construción dun castelo no interior das murallas desta cidadela.

05/04/19

Poboado dos Millares, Necrópoles, Almería



Se queres ver as fotos pincha aquí

Se queres ver o vídeo pincha aquí


A necrópole de "Los Millares" ocupa unha superficie duns 13 hectáreas e está situada na periferia da cidade. Consta de preto de 80 tumbas grandes e varias estruturas cerimoniais. As tumbas distribúense formando pequenos grupos, o que reflicte as relacións familiares, sociais e simbólicas existentes en Los Millares.

As tumbas son colectivas. A maioría consta dunha cámara circular de entre 3 e 6 metros de diámetro que ás veces ten varios nichos laterais. 


A cuberta ás veces faise por achegamento progresivo cara a centro, formando unha falsa cúpula, outras rematan cun peche horizontal de madeira plano soportado sobre un alicerce central.  

Desde o exterior chegas á cámara por un corredor. O conxunto está cuberto cun montículo de terra e pedras.

29/03/19

Poboado dos Millares, Almería



Se queres ver as fotos pincha aquí.

Se queres ver o vídeo pincha aquí


O sitio arqueolóxico de "Los Millares" está situado no municipio de Santa Fe de Mondújar (Almería) nun alto en forma de meseta, entre a Rambla de Huechar e o río Andarax, a 20 km. súa desembocadura.

Este é un lugar de referencia do Calcolítico, europeo, a súa organización espacial demostra a gran complexidade funcional para a súa época, (3200-2200 aC.).

É un poboado con catro liñas de paredes concéntricas, un cemiterio de sepulturas de masa e un conxunto de 13 fortes, en ambos os dous lados da vía de Huechar, que completa o sistema defensivo do asentamento e o seu territorio máis próximo.

Presenta unhas vivendas de planta circular, edificios públicos e de distribución de auga, edificios de almacenamento etc. A principal actividade económica era a agricultura, gandería e caza, xunto con outras producións e puntas de frecha e metalúrxica.

25/03/19

Hospital do Incio, Lugo


Se queres ver as fotos pincha aquí

Se queres ver o vídeo pincha aquí



A igrexa de San Pedro Félix no Hospital do Incio é unha edificación románica singular de Galiza. Os seus construtores non utilizaron granito, como era habitual, senón mármore, o que lle da un efecto característico. 

As canteiras de mármore próximas ao Incio, que abastecían este material á cidade romana de Lugo, facilitaron  esta particularidade arquitectónica medieval. É a única igrexa construída integramente con este material. 

É recomendable a visión pola tarde, cando lle dá o sol e ilumina o seu fronte  contra a vexetación do fondo.  

A pesar da denominación de "hospital", este lugar non estaba nas rutas habituais do Camiño de Santiago. A data de construción é de finais do XII.

15/03/19

Covas de Hans, Mallorca



Se queres ver as fotos pincha aquí

Se queres ver o vídeo pincha aquí

As covas dos Hams son un sistema de covas situadas na costa leste da illa de Mallorca, nas Illas Baleares. 

As covas sitúanse no municipio de Manacor, a 1 km ao oeste da cidade de Porto Cristo. Son recoñecidos en todo o mundo polas súas peculiares formacións en forma de ganchos, hans en Mallorquino. 

Descuberto por D. Pedro Caldentey en 1905, foron as primeiras covas abertas ao público en España en 1910, xa que contaba cunha instalación eléctrica moi avanzada para o seu tempo.

11/03/19

Talaiots Son Fornés, Mallorca 1



 Se queres ver as fotos pincha aquí

Se queres ver o vídeo pincha aquí


Son Fornés é un xacemento arqueolóxico da época prehistórica. Está situado nas proximidades da cidade de Montuiri, na illa de Mallorca. 

Ten unha historia duns tres mil anos. Foi construído no período talaiótico (século X aC) o máximo explendor douse entorno ao século VII aC, o período talaiótico, que tamén foi o de máxima ocupación deste enclave prehistórico.

Foi habitado case continuamente ata o primeiro século, A partir de entón recibiu visitas esporádicas durante o período bizantino e islámico.  

Está parcialmente escavado, especialmente a zona central, está en bo estado de conservación. É de fácil acceso ao sitio. 

É unha construción con carácter de hábitat.

08/03/19

Alcázeres de Sevilla 3


Se queres ver as fotos pincha aquí

Se queres ver o vídeo pincha aquí

Logo da conquista da cidade de Sevilla polo rei Fernando III de Castela en 1248, converteuse en aloxamento real, o seu fillo Afonso X o Sabio levou a cabo as primeiras reformas.

Posteriormente en 1364, Pedro I de Castela mandou construír o denominado Palacio Mudéxar, que se converteu no primeiro palacio dun rei castelán que non estaba protexido por muros e defensas dun castelo.

O palacio de Pedro I é considerado o máis completo exemplo da arquitectura mudéxar. Posteriormente tamén construíronse a Capela Gótica, o baixador, o Patio da Montería e os Grotescos dos xardíns.

02/03/19

Modernismo en Palma de Mallorca



Se queres ver as fotos pincha aquí 

Se queres ver o vídeo pincha aquí 

O Modernismo foi un fenómeno de renovación cultural e artístico, de dimensión internacional, que marcou o período de transición entre os séculos XIX e XX. 

Dentro do movemento, danse iniciativas de distintas orixes, que comparten o desexo de construír unha cultura cosmopolita moderno, motivado pola nova situación socioeconómica e política que xurdiu como resultado da Revolución Industrial, o aumento do comercio.


Na península o modernismo desenvolveuse case exclusivamente na área catalá. A súa extensión a toda a área de influencia é explicada por dous motivos que se sobrepoñen: Incremento do movemento de reivindicación político e cultural, especialmente da lingua e da cultura.

A introdución do Modernismo en Mallorca foi debido á presenza de figuras tan representativas do modernismo catalán, como Antoni Gaudí i Cornet e Lluís Domènech i Montaner, entre outros, que se trasladaron á illa para realizar encomendas da burguesía Insular. 


22/02/19

Alcázeres de Sevilla 2


Se queres ver as fotos pincha aquí

Se queres ver as o vídeo pincha aquí
 


A fortificación orixinal foi construída sobre un antigo establecemento romano e máis tarde visigodo. Empezou a tomar o seu aspecto de fortificación palaciana, despois da conquista de Sevilla, en 712 polos árabes.Xa desde o ano 720 utilizouse como recinto como residencia dos seus dirixentes.

O ano 884 a fortaleza contribuíu a evitar unha invasión dos viquingos da cidade.

Desde a súa construción inicial árabe, o conxunto incluía varios recintos, como a Casa dos Príncipes, vivendas que no século IX ían desde a Praza do Triunfo ata o Barrio de Santa Cruz.

O primitivo palacio islámico é da mesma época que a Alhambra de Granada, ampliouse coa vivenda dos emires ao século XI, tamén no século XII continuouse fortificando e engadíndolle apousentos como o Alcázar ou Palacio das Bendicións, un século máis tarde os almohades sumaron máis patios e palacios. Actualmente só se conserva o Patio do xeso, resto do antigo Palacio Islámico.

15/02/19

Rúas de Córdoba



Se queres ver as fotos pincha aquí

Se queres ver o vídeo pincha aquí


Córdoba atópase en Andalucía aos pés de Sierra Morena e ás beiras do Guadalquivir, é unha das cidades con máis encanto do sur da Península.

Na antigüidade tivo gran importancia tanto na época romana como durante a conquista musulmá, aquí estableceuse o Califato de Córdoba que dominou gran parte da Península Ibérica.
 
Patios cordobeses: Os patios cordobeses son un dos moitos atractivos que ofrece a cidade: brancos, cheos de flores e moi ben coidados.

É de moito interese pasear polas labirínticas, empedradas e brancas rúas da parte antiga. Durante os Séculos X e XV foi unha época de convivencia pacífica entre as distintas culturas, xudeus, cristiáns, musulmáns, etc. De todos eles quedaron pegadas neste lugar que foi declarado Patrimonio da Humanidade en 1994.

09/02/19

Alcázares de Sevilla 1


Se queres ver as fotos pincha aquí

Se queres ver i vídeo pincha aquí


Os Reais Alcázares de Sevilla, son un conxunto de edificios palacianos situados na cidade de Sevilla, moi preto da Catedral.

A construción destes iniciouse na Idade Media, onde se mesturan múltiples estilos, desde a arte islámica dos seus primeiros habitantes, o mudéxar e gótico do período posterior á conquista da cidade polas tropas castelás ata o renacentista e barroco de posteriores reformas.

O recinto foi habitualmente utilizado como lugar de aloxamento dos membros da Casa Real española e de xefes de estado de visita á cidade. Foi declarado Patrimonio da Humanidade, xunto á catedral de Sevilla e a Arquivo de Indias o ano 1987.

02/02/19

Torre de Hércules

Se queres ver as fotos pincha aquí

Se queres ver o vídeo pincha aquí


A Torre de Hércules é o faro romano máis antigo do mundo e o único que se conserva en servizo. Construída sobre a segunda metade do século I ANE, polo arquitecto de Coimbra Gaio Sevio Lupo, a súa luz foi dende sempre un punto de referencia para os navegantes.

O revestimento exterior actual é do século XVIII, obra de Eustaquio Giannini.

A Torre de Hércules está situada na costa norte da península da Coruña, nun outeiro duns 50 metros de altitude.

Nos seus arredores encóntrase o Parque Escultórico da Torre de Hércules.

Unha lenda recollida na Crónica Xeral de Alfonso X o sabio, no século XIII, conta que existía nestas terras un xigante chamado Xerión que tiña aterrorizados a todos os seus habitantes. Acode en axuda Hércules, fillo do deus Zeus que se enfronta ao xigante durante tres días. Hércules vence e mata a Xerión, córtalle a cabeza e sobre ela manda construír unha torre conmemorando a súa vitoria.

Dise que a primeira persoa en habitar esas terras xa libres foi unha muller chamada Crunna, que daría nome á nova cidade.

Desde 1448 no escudo da Coruña aparecen representadas a Torre de Hércules e a caveira do tirano Xerión.

26/01/19

Pseo por Laxe



Se queres ver as fotos pincha aquí.

Se queres ver o vídeo pincha aquí


Laxe é unha poboación e concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños. O seu xentilicio é laxense.  A orixe do topónimo está na verba laxe, que procede da forma altomedieval lagena, de probable orixe celta.

A poboación de Laxe está situada ao noroeste da provincia da Coruña, no centro da costa Morte, e no extremo sur da ría Corme-Laxe. Limita ao norte coa ría de Corme e Laxe, ao sur con Vimianzo, ao leste con Cabana de Bergantiños e Zas e ao oeste co océano Atlántico.

A historia de Laxe remóntase a tempos prehistóricos, como o demostran os restos aparecidos nos seus castros, Torre da Moa, Castrelo. Ata aquí tamén chegaba a vía Per Loca Marítima construída polos romanos para acceder a todo este territorio.

Estas terras foron gobernadas na Idade Media polos poderosos condes de Traba.

18/01/19

Pozo da Ferida, Xove, Lugo



Se queres ver as fotos pincha aquí.

 Se queres ver o vídeo pincha aquí.


O Pozo da Ferida fórmao unha fervenza natural de máis de 30 metros ao caer, está situado no canle do río Xudreiro, afluente do rio Landro.

Serra do Buio, pequena serra situada ao sueste de Viveiro. As súas maiores altitudes apenas exceden os 600 m. Nas ladeiras destes montes nace o río Loureiro ou Xudreiro, afluente do Landro, que forma ría de Viveiro.

Á metade do seu percorrido, entre Viveiro e Xove, e na cota dos 280 m de altitude, o leito do río estreitase e, debido ao forte desnivel, orixina esta fervenza que forma un pozo circular, coñecido como o Pozo dá Ferida.

Neste río Xudreiro, a pouca distancia da fervenza, atópase unha pequena presa de grande beleza, que era a que fornecía a auga a unha minicentral hidroeléctrica que se atopa preto do pozo, hoxe abandonada.

O nome, e a cor escura das augas da poza, segundo din, está motivado por que nese pozo caeu de xeonllos unha vella xigante cun feixe moi grande, que se levaba ao lombo, de mulime e xa nunca máis se puido levantar.