Translate

25/07/14

A ponte de Pontevea, A burga de Pontevea

A ponte de Pontevea é unha construción do século XV quue cruza o río Ulla, unindo as provincias de Pontevedra e A Coruña. Ten seis arcos con bóvedas oxivais de transición do románico ao gótico: tres deles semicirculares e outros tres lixeiramente apuntados. Os vértices suavizan a presión das augas.
Foi reformada en varias ocasións, a última na década de 1990, por mor dos danos sufridos en inundacións e na Guerra da Independencia. A finais do século XX construíuse outra ponte paralela.
A burga de Pontevea está a carón da ponte nova sobre o Ulla. É unha fonte cun cano que dá a un estanque circular.
O oleoduto Vigo-A Coruña a 20 metros cortou a veta que abastecía a fonte, mais a presión veciñal provocou a restitución do manancial.
As súas augas son sulfuradas -cloruradas sódicas-, e saen a uns 15 ºC cun caudal moderado. Son usadas nas afecciones reumáticas, da pel, doenzas dos ollos, e como bebida para as do fígado.

18/07/14

Muíños de Parafita e Fervenza de Raxoi


Muíños de Parafita e Fervenza de Raxoi, situados no concello de Valga, están sinalizados, o acceso dispón dun pequeno aparcadoiro. A rota comeza nun camiño estreito e continúa por unha pasarela de madeira entre o río e os fermosos muíños de Parafita que nos levará ás Fervenzas de Raxoi, a parte final do percorrido hai que facelo saltando de pedra en pedra, por unha paisaxe moi fermosa, incómodo pero non perigoso, merece a pana explorar un pouco
Nun punto do percorrido, ao río Valga xuntáselle o Rego dos Ferreiros e descende abruptamente para formar dous saltos moi fermosos.

16/07/14

O Xirimbao, concello de Teo

O Xirimbao é unha magnífica zona de lecer situada na parroquia de Reis, concello de Teo. Pasa por estes lugares o río Ulla, son inigualábeis as imaxes que podemos contemplar dando un paseo polas súas veiras.
Para as persoas mais ventureiras atópase, cruzando o río, a ponte colgante do mesmo nome, esta comuníca os concellos de Teo e da Estrada. Ao lado sitúase unha carballeira, habilitada para a comida e o esparcimento, conta con mesas e bancos de madeira.

09/07/14

Encaixes polo Mundo

Sorprende que pobos tan distantes adoptan solucións parecidas a moitos dos problemas e necesidades que se lle presentan. Unha mostra deste feito é ver como realizan encaixes con técnicas moi similares, aínda que con particularidades, como corresponde a cada realidade concreta. Na Mostra do encaixe de Camariñas puidemos ver encaixes de diversos países, distantes uns de outros, pero con resultados parecidos.