Translate

25/02/17

Rota do Río Barbantiño


Rota do Río Barbantiño é unha senda con distintos centros de interese, naturais, paisaxísticos, históricos, etnográficos, etc, todos eles ligados á cultura da auga.

Transcorre polos concellos de: Punxín, Maside e Amoeiro, estes últimos separados polo Barbantiño. 

Desde hai séculos a auga do Barbantiño foi unha gran fonte de recursos para os habitantes da comarca. Proba diso, é a presenza de numerosos muiños e canles situados ás súas beiras. O acceso a estas edificacións facíase por unha serie de carreiros, con tramos irregulares, que posibilitaban o transporte do grao e o paso de persoas. 

Hoxe estes camiños forman parte da rota, acondicionada e accesible á moitas persoas, Escaleiras, pontes, e varandas  facilitan o paseo polas beiras do río.

Na parte alta do percorrido, uns muíños, consolidados e ben conservados, permiten ver as distintas partes destes, o rodicio á queira e demais compoñentes. 

Deste lugar sae unha pasarela metálica que conduce cara a unha gran fervenza, con numerosas pozas e pequenos saltos de auga.

Este medio natural  foi sometido a diversas agrións naturais, liña de ferrocarril que unía Ourense e Santiago, a finais dos 90 unha presa minguou as capacidades naturais do río e da súa fauna. Unha nova ponte do AVE, tamén na súa dirección Santiago engade unha nova modificación da paisaxe. 


PARA VER AS FOTOS PINCHA AQUÍ 


PARA VER O VÍDEO PINCHA AQUÍ






 

18/02/17

Monestir de Pedralbes e arredores, Barcelona


O Monestir de Pedralbes , Barcelona, consta de varias dependencias.

A igrexa, dunha soa nave, con capelas laterais entre os contrafortes e cuberta de bóvedas de crucería é un exemplo do gótico catalán e a arquitectura mendicante.

A cociña, Utilizada desde o século XIV ata o ano 1983, é un testemuño dos usos e costumes ao longo do tempo.

O claustro, e o elemento central que vertebra o espazo do mosteiro, é considerado o claustro gótico máis grande do mundo, consta de dúas galerías con vinte e seis columnas a cada lado.

A sala capitular era o lugar de reunión da comunidade. Construída en 1416, a sala destaca polas vidreiras policromadas, as esculturas e os paneis pintados.

A abadía é un dos poucos espazos conservados do sigo XIV que preserva parte da decoración mural de principios do século, no que foi construída.

O refectorio era o espazo onde as monxas comían, en silencio. Modificado ao longo dos séculos, o seu aspecto actual débese á reforma do século XIX.


Palau Reial de Pedralbes, é un edificio situado no medio dunha ampla zona de xardíns, no Distrito de Lles Corts, en Barcelona e agora sé da Unión para o Mediterráneo.

Durante 1919-1931 foi a residencia da Familia Real Española nas súas visitas á cidade. Actualmente o Palacio alberga o Museo de Cerámica e o Museo de Artes Decorativas.


Na zona existen chales, urbanizacións, xardíns e zonas verdes, onde viven as persoas acomodadas de Barcelona.

PARA VER AS FOTOS PINCHA AQUÍ 


PARA VER O VÍDEO PINCHA AQUÍ


11/02/17

Partes da Cidade Vella de Barcelona



Partes da Cidade Vella de Barcelona: A Catedral da Santa Creu i Santa Eulàlia, tamén chamada Seu é a catedral gótica de Barcelona, sé do Arcebispado de Barcelona. Foi construída durante os séculos XIII a XV sobre a antiga catedral románica, esta á súa vez sobre unha igrexa da época visigoda á que precedeu unha basílica paleocristián, cuxos restos poden verse no subsolo, no Museo de Historia da Cidade. 

A fachada, no mesmo estilo, é moito máis moderna (século XIX). O edificio é Ben de Interese Cultural e, desde o 2 de novembro de 1929, Monumento Histórico-Artístico Nacional.
Na rúa de aceso á catedral destaca unha ponte cun balcón de inspiración gótica, neogótico de 1928. 


A Plaça de Sant Jaume. Hoxe é a sé do Ajuntament de Barcelona e do goberno da Generalitat de Catalunya. Foi o Fòrum ou centro público e político en época romana, medieval e segue aselo na actualidade.

O Palacio da Generalitat foi construído en estilo gótico, aínda que a fachada principal que dá á praza é de época renacentista, e foi proxectada polo mestre catalán Pere Blai.

Xusto en fronte sitúase o edificio, tamén gótico, aínda que con fachada neoclásica, do Ajuntament, (Concello) obra do século XIX de Josep Mais i Vila. 




Os arredores da Plaça de Sant Jaume están repletos de lugares de interese e  rúas que se estenden polo centro da cidade, entre as que destaca a Carrer do Bisbe, que une a Praza de San Jaime coa Catedral de Barcelona.

A Basílica Menor de Santa María do Mar, comezouse a construír en 1329, a poboación do barrio mariñeiro acorda que a obra sería costeada, ben co seu diñeiro ou ben co seu traballo, exclusivamente polos veciños da zona do porto e da Ribeira. Este feito está en clara contraposición á Catedral que por aquelas mesmas datas tamén se estaba construíndo e que estaba asociada á monarquía, á nobreza e ao alto clero. 

Os descargadores do peirao teñen unha mención especial na porta principal, chamados galafates da Ribeira ou bastaixos, os cales levaron a cabo as labores de traslado das pedras para a construción da igrexa.

A basílica de Santa María do Mar foi protagonista da novela de Ildefonso Falcones, A catedral do mar, e tamén aparece en outras obras literarias.

SE QUERES VER AS FOTOS PINCHA AQUÍ 


SE QUERES VER O VÍDEO PINCHA AQUÍ 

03/02/17

Hospital de Sant Pau, Barcelona



Dada a necesidade de ampliar o anterior hospital de Santa Creu, e unha vez recibido o legado do banqueiro Pau Gil, que doou parte da súa fortuna para construír un novo hospital en Barcelona dedicado aos pobres, construíuse o modernista Hospital da Sant Creu e Sant Pau.

O encargo para este novo hospital de Sant Pau recaeu no arquitecto modernista Lluís Domènech i Montaner, catedrático de Arquitectura e como tal orientaba os criterios de como debía ser o modernismo catalán.

Lluís Domènech i Montaner planeou a construción dun gran hospital que ocuparía 9 mazás do barrio do ensanche. Estudou os grandes hospitais europeos para facer un complexo de vangarda, que ademais de hixiénico e funcional, tiña que ser bonito, inspirándose na natureza e na historia catalá sempre que fose posible.
 

O plan inicial constaba de 48 edificios (ao final construíronse 27), separados para evitar contaxios. En cada un destes edificios trataríase unha especialidade médica diferente, identificándose cada un por un santo ou virxe, segundo de que fosen avogosos para esa especialidade, que presidía cada porta. Ademais, se era un santo significaba que no pavillón atendíanse homes, e se era unha virxe ou santa tratábase a mulleres. 

O proxecto de Lluís Domènech i Montaner iniciou a súa construción en 1902 e alargouse durante 28 anos, neste tempo falece o propio arquitecto, continuando coa obra o seu fillo, Pere Domènech i Roura. En 1930 terminouse a obra orixinal, 13 edificios modernistas ideados por Lluís Domènech i Montaner e 6 dun modernismo moderado creados polo seu fillo. 


O hospital de Sant Pau estivo en funcionamento neste peculiar complexo durante 8 décadas. En 2009 trasladáronse as instalacións a un moderno edificio na mesma mazá.

Este inmenso recinto modernista acusou o paso do tempo. Tras varios anos de restauración, o Hospital de Sant Pau abriu de novo as súas portas, pero esta vez como espazo cultural e turístico. 

PARA VER AS FOTOS PINCHA AQUÍ 

 
PARA VER O VÍDEO PINCHA AQUÍ