Translate

27/04/18

Santalla de Bóveda, Lugo



Se queres ver as fotos pincha aquí. 

Se queres ver o vídeo pincha aquí.

Santalla de Bóveda é un edificio de época tardo romana, tamén relacionado coa época visigoda, situado a 14 Km da cidade de Lugo, é de planta rectangular, cunha pequena piscina no centro, a bóveda de canón está decorada con frescos de moita importancia.

 No exterior, sitúase un pequeno atrio con dúas columnas e un arco de ferradura.

Este edificio ten un carácter único no occidente europeo, o que levou a varias interpretacións sobre a súa finalidade orixinal, as que se propoñen son: lugar de baños, ninfeo, templo dedicado a Prisciliano, ou a Cibeles. Máis tarde foi cristianizado. 


Os estudos do edificio indican que estivo adicado á deusa Cibeles, nome latino dunha deusa nativa de Frigia, en Asia Menor, e coñecida polos gregos como Rhea. Esta era a deusa da natureza e da fertilidad, venerada en Roma como a Gran Nai dos Deuses. 

Os edificios do imperio, onde se veneraba á deusa Cibeles, tiñan unha arquitectura específica para adaptarse á realización dos seus ritos e en especial ó do bautismo ou taurobolium, que xustifica a existencia da piscina. 

20/04/18

Vistas e Claustro da Catedral de Compostela

 

Se queres ver as fotos pincha aquí.

Se queres ver o vídeo pincha aquí.


O claustro está situado ao lado sur da Catedral, entre as prazas de Obradoiro e Platerias. Observado dende a praza do Obradoiro sitúase á dereita da fachada, contrastando coa verticalidade das torres. 

Hoxe alberga o Arquivo Catedralicio a Sala Capitular e a Biblioteca. Foi construído en época de Alonso de Fonseca, entre 1521 e 1614, no deseño participaron varios autores. Susbtitue a un claustro anterior do século XIII.

É a superposición de distintos estilos, gótico-renacentista, plateresco, barroco. Coróase cunha balaustrada calada con pináculos.

Como é habitual nos antigos claustros existen sepulturas de personaxes relacionados coa catedral. 

Nun ángulo do claustro atópanse as campás orixinais da torre Berenguela.

Dende o Obradoiro poden recoñecerse a Galería da Balconada, de Jácome Fernández en 1614, tamén  a torre da Vela e a fachada do Tesouro, que pecha un dos laterales da praza.

Na praza de platerias pode verse un lenzo con medallóns renacentistas e a outra torre deste claustro coñecida como torre do Tesouro, de posible influencia Colombina.

No centro do claustro atópase a Fonte das  Marabillas, fonte románica que é citada no propio Códice Calixtino e que estivo situada na praza da acibechería, entrada norte do templo, tamén chamada Porta do Paraíso. No códice dise que ata 15 peregrinos podían lavarse nela antes de entrar na Catedral de Santiago





15/04/18

Museo do Mar de Galicia, Vigo


Se queres ver as fotos pincha aquí.


Se queres ver o vídeo pincha aquí. 


O Museo do Mar de Galicia, situado na antiga poboación de  Bouzas, Vigo, ten un conxunto de fondos relacionados co mar, moi completo, en exposición permanente, ofrece, tamén, importantes exposicións temporais relacionadas  co mundo do mar e a pesca.   
Pódese coñecer a historia da actividade pesqueira de Vigo: pesca, marisqueo, acuicultura e os métodos de conservación, desde a primitiva salgadura ata o moderno conxelado, pasando polos avances técnicos nas embarcacións ou a bioloxía mariña.
O aprobeitamento da vella fábrica de Conservas de Alcabre, tamén matadeiro, foi diseñada polo arquitecto italiano Aldo Rossi, á morte deste foi o galego César Portela quen terminou a obra.

06/04/18

Suevos e Cristianización en Gallaecia



Se queres ver as fotos pincha aquí.

Se queres ver o vídeo pincha aquí. 


O Imperio romanoa comezos do século IV, primeiro tolera e despois oficializa o cristianismo, isto foi o recoñecemento dunha situación de facto: o imparable avance desta relixión ao longo e ancho deste Imperio. 

A implantación do culto cristián e das súas estruturas xurídicas, administrativas e materiais que os sustentan, dáse a ritmos e tempos diferentes, como non podía ser menos, nun territorio tan vasto coma o do Imperio Romano. 

Dado que é unha superestrutura ideolóxica, nacida no seo dun imperio centralizado e xuridicamente organizado, a súa tendencia é a uniformización e homoxeneización de usos e costumes dentro dunha estrita xerarquía organizativa e funcional.

No territorio da Gallaecia tamén se dá unha progresiva implantación do Cristianismo. Iste proceso podemos observalo a través dos textos xerados pola administración eclesiástica e das evidencias materiais ligadas á Liturxia, o culto e o mundo funerario.

Na época sueva, o Cristianismo, aínda estando presente, non se materializa de forma homoxénea e uniforme sobre o noroeste peninsular, dado que cando chegan os suevos, a comezos do século V, áchanse nos momentos iniciais da súa implantación e desenvolvemento. 


O proceso de implantación do cristianismo tamén se atopa cunha forte presenza e arraigamento dunha diversidade de cultos e prácticas moi ligadas aínda ao mundo relixioso romano e prerromano, como se mostra na cristianización de múltiples lugares de cultos pré cistianos.