Translate

24/11/19

Museo dos Derviches, Konya 1


Se queres ver as fotos pincha aquí

Konya é o centro dos derviches xiradores. Trátase dun movemento espiritual e místico. Pódese visitar o seu Monasterio chamado así, Monasterio dos Derviches Danzantes. Esa corrente espiritual foi fundada por Mevlana e está moi estendida por Turquía e Asia Menor.

Contrario a todos os corpos principais de relixión islámica, o Mevlana recomenda as virtudes da música e a danza, e a cerimonia xiratoria, (sema), pola que son coñecidos os derviches mevlevis, para eles é un medio de liberdade do cautiverio terrenal e abandono ao amor de Deus.

As roupas que visten os mevlevis durante a observancia posúen un significado simbólico. O chapeu de camelo representa unha lapida, a capa negra é a propia tumba e a túnica branca, o sudario fúnebre.

Durante a cerimonia a capa se saca, para indicar que os derviches escaparon das súas tumbas e de todos os lazos terrenales.

Cada momento e cada son durante a cerimonia posúe un significado adicional e esta estritamente regulado por directrices detalladas e especificas. Como exemplo, o brazo dereito dos danzantes esta estendido palma arriba cara ao ceo, o esquerdo cara ao chan simbolizando que a graza é recibida de Deus e distribuída á humanidade, sen que nada sexa retido polos derviches

15/11/19

Bursa, Turquía



 Para ver as fotos pincha aquí

Bursa (coñecida historicamente como Prusa, en grego: Προύσα), é unha cidade do noroeste de Turquía. Cunha poboación de 2.981.0001​ (2007), é a cuarta cidade máis grande de Turquía, e unha das máis industrializadas e importantes no ámbito cultural.

O emprazamento máis antigo que se coñece é a cidade de Cío, a cal cedeu Filipo V de Macedonia ao rei Prusias I de Bitinia no ano 202 a. C. pola súa axuda contra Pérgamo a Heraclea Póntica (a actual Karadeniz Ereğ li).

Converteuse en capital do Imperio otomán cando este conquistou os restos do Imperio bizantino en 1326.

Tamén está situado nesta cidade o mausoleo e o cenotafio do Sultán  Mehmet I, fundador do novo imperio otomán. Moi cerca atópase, a Mezquita  Yeş il de 1424, que reflicte o estilo do novo imperio.

Durante o dominio otomán, Bursa foi a orixe da maioría dos produtos de seda da contorna, dada á súa localización no extremo occidental do Roteiro da Seda.  Á parte da produción local, importaban seda salvaxe de Irán e, en ocasións, de China.

Bursa é o centro da industria automobilística de Turquía. Tamén destacan a industria téxtil e a alimentaria.

Bursa unhas terras moi fértiles e gran produción agraria.

11/11/19

Neocova de Altamira


Se queres ver as fotos pincha aquí

A Neocova é a reconstrución científica da cova de Altamira que se atopa nunha das salas da exposición estable "Os tempos de Altamira" do Museo Nacional e Centro de Investigación de Altamira, en Santillana del Mar, Cantabria.

Foi inaugurada en 2001 co fin de poder mostrar unha copia das pinturas paleolíticas sen que se afectasen ás orixinais. Mostra, tamén, un conxunto de obxectos utilizados polas persoas que habitaron esta cova.

​ A réplica foi realizada pola profesora de debuxo Matilde Múzquiz e o fotógrafo Pedro Saura, ambos os especializados nos seus respectivos campos na pintura prehistórica.

A Neocova mostra como era a cova de Altamira fai 15 000 anos, no Paleolítico Superior, a época na que foi habitada por clans de cazadores-recolledores, no inicio da nosa época.

Xa no interior, e xunto á entrada da cova situábase o campamento, organizado ao redor de fogares, cara ao interior, na zona de penumbra e escuridade, reserváronse espazos para a arte. Na "Sala de Polícromos" concéntrase a manifestación máis espectacular da arte das cavernas, obra de artistas xeniais do Paleolítico que converte á cova de Altamira en Patrimonio Mundial.

01/11/19

Paseo por Mondoñedo 3



Se queres ver as fotos pincha aquí


Ponte do Pasatempo onde tivo lugar a dramática escena do final da vida de Pardo de Cela. Crúzao o río Valiñadares, no que houbo noutrora moitos muíños, ten un único arco de medio punto de 7 m. de luz construído en xisto e cantería coa calzada alombada e grosos muros.

O episodio máis soado da historia antiga de Mondoñedo foi a decapitación do mariscal Pardo de Cela. Acusado de traizón e apresado no seu castelo da Frouxeira, Foz, a súa muller obtivo o perdón da raíña Isabel a Católica, pero os inimigos do Mariscal detiveron os portadores do indulto real na ponte do Pasatempo, o tempo preciso para que fose executado.

Fonte Vella, construída en 1548 polo bispo Diego de Soto. Ten os escudos de Carlos V e do propio bispo.

Nesta zona sitúase o barrio dos muíños, onde se situaban unha boa cantidade deles.