Translate

25/05/18

Torre da Giralda, Sevilla



Se queres ver as fotos pincha aquí


Se queres ver o vídeo pincha aquí.



A Giralda, Ou Torre da Giralda é o nome que recibe a torre campanario da catedral de Sevilla, en Andalucía. Os dous terzos inferiores desta torre corresponden ao Alminar da antiga mezquita da cidade, de finais do século XII, época almohade, mentres que o terzo superior é unha construción sobreposta en época cristiá para albergar as campás da catedral. Na súa cúspide áchase unha bóla chamada tinaxa sobre a cal se álza o Giraldillo.

Durante o periodo de dominación almohade, a cidade de Sevilla converteuse na capital de Al-Ándalus, isto supuxo unha actualización das súas infraestructuras. Unha das construcións que se realizaron foi unha nova mezquita maior, no solar que actualmente ocupa a catedral, e da que dependía o alminar. 

A construción da Giralda baseouse no Alminar da mezquita Kutubia de Marrakech (Marruecos), tamén construído no século XII, considerado cos seus setenta e nove metros de altura, unha obra mestra da arte magrebí, consta dunha estrutura moi similar á da torre sevillana.

20/05/18

Instrumentos paro o traballo do tecido tradicional

                                                               

Se queres ver as fotos pincha aquí.



                                                                         
Se queres ver o vídeo pincha aquí.

Se queres ver fotos e poesía pincha aquí 

Ripar, espadar, fitoira , espadela, mazo, fiar, tecer, tear, debandoira, son palabras que se refiren ás labores de elaborar tecidos.

Todas estas palabras naceron ao redor do cultivo do liño eo traballo da lá, que tanta importancia tivo durante moitos anos en toda Galicia.


Estes instrumentos acompañaron as vivencias da nosa poboación é forman parte da nosa história recente.

As materias primas coas que se tecía eran o liño e a lá. O liño utilizado é o (Linum Usitatissimun), chamado liño manso ou galego. A lá procedía da rapa das ovellas.

13/05/18

Aves na praia de Sada, non ao recheo



Se queres ver as fotos pincha aquí.

Se queres ver o vídeo pincha aquí. 


A SGHN da Mariña, xunto con outras organizacións ecoloxistas, oponse ao recheo de area da praia de Sada. Estes son algúns dos argumentos que aportan.

"O aporte de area para crear unha praia de 70 m de anchura en zona seca mais outros tantos de zona somerxida vai eliminar toda esta pradería mariña Contrariamente á opinión de moitos cidadáns a zostera fixa os sedimentos en suspensión, clarifica a auga e descontamina as augas. Estes beneficios iranse notando segundo vaia evolucionando a pradería e aumenten as súas densidades.

Resulta curioso que a antiga Dirección Xeral de Conservación da Xunta de Galicia advirta da existencia de praderías de zostera na praia de Gandario e non fale nada do enorme zosteral que xa existía en Sada. A remediación en Gandario vai intentar non reencher con area nunha contorna de 25 m arredor destas zonas.

A area incorporada vai ser volta a cubrir por sedimentos finos en poucos anos, como xa pasou coa experiencia dos aportes de area de 1994. Será un gasto inútil de recursos públicos. A praia de Sada tende a acumular limos, xa que a circulación de correntes está moi impedida polo espigón do porto deportivo xunto cos propios aportes do río Maior.

En relación ao anterior resulta chocante que Demarcación de Costas de Galicia, nunha contestación ao concello de Sada no EsIA, recoñeza que este aporte posiblemente acabará recuberto de limos e polo tanto en teoría menos “agradable” para o baño en poucos anos.

No proxecto en ningún momento se fala de solucionar os graves problemas de contaminación da zona, sobre todo polos aportes do río Maior. Lembremos que neste río verte a depuradora do polígono industrial de Bergondo e tamén do Espiritu Santo-Sada. As augas da praia non teñen boa calidade para o baño e o proxecto non atalla o problema."

04/05/18

Marisqueo en barco, na Ría de Muros Noia


Se queres ver as fotos pincha aquí. 

Se queres ver o vídeo pincha aquí.

A ría de Muros e Noia está no grupo das Rías Baixas, é a que está situada máis ao norte, entre a ría de Corcubión ao norte e a de Arousa ao sur. Esta ría creouse na desembocadura do río Tambre.

As augas deste río Tambre son as que se xuntan coas augas procedentes do Océano Atlántico, esto dá lugar a un hábitat no que conflúen as augas doces do río coas salgadas do mar, formando un hábitat adecuado para o cría dos bivalvos, estes dan lugar a actividade económica máis importante das vilas que existen na súa costa. 

As ameixas e os berberechos acadan bos tamaños a partir do mes de setembro, nos lombos de Testal e o Freixo, 

A ría comeza na punta do Castro de Baroña en Porto do Son, cara ao sur, a parte norte comeza na punta Carreiro en Louro (Muros) e chega ata Noia e a desembocadura do río Tambre.

As vilas maís importantes da ría son:  Muros, vila mariñeira, agochada detrás do monte Louro, fundada aló polos séculos XVI e XVII. Noia, vila medieval. Outras vilas importantes son  Porto do Son, e Portosín.