Translate

22/01/18

Dolmen Forno dos Mouros, Toques



Trátase dunha pequena anta, a cámara posúe estrutura poligonal cuase circular, o corredor de entrada está orientado cara ao suroeste. Conserva seis esteios, a tampa está apoiada en tres deles. O esteio número seis atópase en posición oblicua e sobresae por encima dela, isto fai supoñer que non está na súa posición orixinal. 


Está pintado, case na súa totalidade, con liñas en zigzag, dispostas horizontalmente, alternándose as liñas en vermello coas de cor negra. 

Achouse un vaso campaniforme, isto é unha excepción nos xacementos megalíticos galegos.

A técnica de construción desta cámara suponse a habitual, abrir un buraco circular no chan e coa terra extraída formar un terraplén que serve de axuda para a colocar as lousas laterais, acumúlase terra ata certa altura e créase a continuación un plano inclinado que axuda a arrastrar a tampa ata o seu lugar. 


O material utilizado para as losas é un esquisto cristalino, abundante nese zona.


Se queres ver o vídeo pincha aquí. 

15/01/18

Melgaço 1, Portugal


Melgaço é a rexión máis setentrional de Portugal. Limita ao norte, polo río Miño (que o separa de España); ao oeste, polo concello de Monção; ao suroeste, polo concello de Arcos de Valdevez (área do Parque Nacional da Peneda-Gerês); e polos concellos galegos de Entrimo, Verea, Quintela de Leirado, Padrenda, Creciente e Arbo.

Posúe tres fronteiras ou accesos de conexión á Galiza: en S. Gregório, na freguesía de Cristoval, a 9 km da Vila de Melgaço, unindo esta á poboación Galega de Ponte Barxas; na Ameijoeira, en Castro Laboreiro, hai conexión á poboación galega de Entrimo; en S. Marcos, na freguesía de Paderne no lugar do Peso, onde existe a Ponte Internacional que une coa poboación galega de Arbo. Á 10 Km da Autoestrada das Rías Baixas, que une Vigo con Ourense.

As terras de Melgaço están integradas na agrupación do Miño, no Distrito de Viana do Castelo. As súas 18 freguesías distribúense por zonas de planalto e ribeira, nas encostas do río Miño.




Para queres ver as fotos pincha aquí.  

Se queres ver o vídeo pincha aquí 

12/01/18

Melgaço, Portugal



Tomando como probábel a tradición, o castelo de Melgaço foi construído no reinado de D. Afonso Henriques, ao redor de 1170. Foi de feito este monarca quen concedeu a Melgaço a súa primeira carta de foro, entre 1183 e 1185, carta esa que foi confirmada por D. Afonso II en 1219, para ser substituída, no reinado de D. Afonso III, en 1258, por nova Carta de Foral.

A concesión dunha carta de foro pressupõe a existencia dun burgo, mesmo que fose de creación recente.

O outeiro de Melgaço, sobranceiro sobre o Río Miño, estratexicamente colocado en relación á pasaxe para a Galiza, instaláronse colonos e desenvolvéronse trocos comerciais. 


A poboación estaba baixo a protección de dous grandes mosteiros: Fiães e Paderne. 

O aínda incipiente burgo, moito á mercé das arremetidas das tropas leonesas, necesitaba unha protección máis eficaz que aquela que lle era facultada pola pequena fortaleza que o primeiro rei mandou construír no cume máis setentrional da penedia, sitio onde máis tarde sería erguida a torre de homenaxe.

Foi no reinado de D. Sancho II que a vila comezou a ser rodeada dunha cerca defensiva.

Nesa altura, entre 1211-1212, o norte de Portugal foi invadido polas hostes leonesas e Melgaço foi mesmo tomada, feito que apresurou a construción da muralla. As medidas foron tomadas, pois en 1245 xa estaba en construción co apoio do rei e a colaboración local, sobre todo o convento de Fiães.


Se queres ver as fotos pincha aquí. 

Se queres ver o vídeo pincha.

06/01/18

Castro de Baroña



O Castro de Baroña está situado nunha pequena península rochosa, separada da terra por un istmo de area. Foi ocupado entre os séculos I a. C. a I d. C.

No istmo que separa o castro da terra, atópase a primeira medida defensiva, un foxo de 4 metros de ancho e 3 de fondo. A continuación, unha segunda muralla formada por 2 muros paralelos de pedra e area. Deste xeito, antes de chegar á muralla principal que rodeaba o castro, temos as dúas primeiras murallas paralelas que servían de primeira defensa.

Un triplo conxunto de muros paralelos e escalonados que terminan na porta de entrada, flanqueada por unha torre, constituen as murallas máis próximas á zona residencial. A zona sur, debido á proximidade das rochas o muro sinxelo.

As escaleiras de entrada, ben conservadas, lévanos a un poboado dividido en dúas. Nun nivel inferior, a zona sur, coas primeiras construcións e os restos da torre que flanquea a porta.


Na zona norte, separada da anterior por unha muralla, á que chegamos a través doutra porta con escaleiras tamén moi ben conservadas, con construcións de maior tamaño.

Na totalidade do conxunto consérvanse aproximadamente unhas 20 vivendas de planta circular ou oval, sen portas nin fiestras e con banco corrido en todo o perímetro.

É un castro marítimo, primeiro pola súa situación xeográfica, a carón do mar, tamén polo medio de vida dos seus habitantes. Como o indican os restos dun "concheiro", chamado así pola cantidade de conchas de moluscos e mariscos amontoadas. Os habitantes do Castro de Baroña recollían marisco na praia e os acantilados e practicaban a pesca. Entre os restos dos concheiros atopáronse anzois e demais utensilios necesarios para a actividade pesquera tamén espinas e vertebras de peixes.

O poboado castrense podería ser case autosuficiente, a falta de auga, que traerían do exterior.

Outras actividades que se desenvolveron neste Castro son a minería e a metalurgia. Na zona norte hai un forno no que se traballou, como na maioría dos castros, o bronce e outros metais como ouro e ferro.


Se queres ver as fotos pincha aquí. 

Se queres ver o vídeo pincha aquí.