Translate

29/10/21

Nacemento do río Urederra, Nafarroa 3


 Para visitar o Nacedero do Urederra é necesario facer unha reserva previa. Para evitar a súa degradación o Goberno de Navarra limitou o acceso á reserva natural a 500 persoas ao día.

Para obter o teu billete debes acceder ao centro de reservas, cubrir algunha información básica de contacto, escoller o tipo de vehículo co que chegarás, indicar o número de persoas, seleccionar a data da visita e a franxa horaria á que asistirás. 







 


23/10/21

Nacemento do río Urederra, Nafarroa 2



 Iniciaremos unha ruta chea de cores e farémola dende a cidade de Baquedano, concretamente dende o aparcamento habilitado para visitas.  

 O camiño segue o río río arriba, deixando a canle á nosa esquerda, e dende o primeiro momento podemos comezar a albiscar a sorprendente cor da fonte do Urederra entre a vexetación.  Pouco a pouco o río faise cada vez máis visible, amosando pozas e fervenzas, mesturando verdes e azuis, ofrecendo un espectáculo de cor entre a faia, o carballo, o olmo, o arce e o teixo.  Máis aínda se o visitamos no outono, o mellor momento para facer esta visita xunto coa primavera.









 

15/10/21

Nacemento do río Urederra, Nafarroa 1



 Urederra, en éuscaro, significa ‘auga fermosa’, e iso é o que imos atopar no parque natural de Urbasa e Andía, no oeste de Navarra.  O Nacemento do Urederra é unha Reserva Natural, un lugar que hai que protexer, para que poidamos disfrutalo dun xeito responsable.

Ao longo da rota de sendeirismo cruzaremos un dos ríos máis espectaculares do territorio.  A fonte do Urederra é a saída natural do acuífero que descansa no macizo cárstico do parque natural de Urbasa e Andía, e iso é o que fai que a súa auga tome tons extremadamente turquesa ao filtrarse polas rochas.









09/10/21

Logroño 2

 


No século pasado, a cidade experimentou un lento pero significativo crecemento demográfico en comparación coas poboacións próximas, causado principalmente por movementos migratorios doutras rexións da provincia. Ten unha importante producción de viño. Foi en 1997 a primeira cidade comercial, así como a primeira capital gastronómica española en 2012.







02/10/21

Logroño



 Logroño é unha cidade e municipio situada no norte da Península, capital da comunidade autónoma da Rioxa.  

Ao ser atravesado na súa parte norte polo río Ebro, Logroño foi historicamente un lugar de paso e encrucillada, como o Camiño de Santiago, e de fronteiras, disputadas entre os antigos reinos hispánicos da península Ibérica durante a Idade Media.