Translate

29/01/21

Grand Place, Bruxelas, Bélxica





 Bruocsella, "morada no pantano", da idea da horixe desta cidade. Os duques de Brabante constrúen un castrum fortificado nunha das illas do cativo río Senne. 

Por outra banda, o leste do río, aos pes do outeiro do Treurenberg, comeza a medrar un poboamento no que era o camiño que unía a rexión renana con Flandres. Entrambos os dous sitios conformouse un burgo en torno a praza do mercado, que logo será a Grand Place.

A finais do século XVII, a cidade é bombardeada polo exército francés. A destrución é grande, pero os burgueses reaccionan coa reconstrución do conxunto que rodea a Grand Place .

Lamentablemente, nun incendio en 1731 pérdese a xoia que representaba o conxunto do Palacio Ducal. No seu lugar aparecen hoxe a Praza e o Palacio Real así coma o museo de belas artes.

22/01/21

Bruxelas, Bélxica




Bruxelas crece rapidamente co comercio da súa industria de panos ata converterse nunha das maiores cidades de Europa no século XIV, desbordando os antigos muros e obrigando a construción dun novo recinto amurallado de preto de oito quilómetros (1379). 

É con este esplendor cando na praza do mercado constrúese a Casa do Concello (1402-54) gótico flamíxero, e os duques amplían e embelecen o seu Palacio do Coudenberg, facendo da cidade o centro dunha rica actividade artística e cultural (pinturas de Rogier van der Weyden, escultura fonte do Manneken-Pis, de Hieronymus Duquesnoy o Vello; Rubens máis tarde...) .


15/01/21

Mesquita de Córdoba 2




Se queres ver as fotos pincha aquí 

O interior da mesquita é un inmenso bosque de columnas, coroado con arcos dobres que lembra un palmeiro.

O conxunto péchase co muro da qibla, que a diferenza do resto das mesquitas non está orientado cara á Meca senón cara ao sur, feito cuxas causas non se coñecen e que deu lugar a controversias con hipóteses que van dende a inexperiencia e o erro no cálculo, incluso a pura intencionalidade política despois da proclamación da independencia política do emirato de Córdoba .

Na claraboia consérvanse os arcos lobulados das paredes e a cúpula. Na cabeceira destacan os arcos, os mosaicos da parede e a estrutura e decoración das cúpulas a base de arcos cruzados.

As obras remataron no 788.

08/01/21

Mesquita de Córdoba 1


Se queres ver as fotos pincha aquí 

Comezou a construírse como mesquita no ano 785, reutilizando os materiais da basílica hispanorromana de San Vicente Mártir, sobre a que se construíu polos musulmáns. 

O edificio resultante foi obxecto de ampliacións durante o emirato de Córdoba e o califato de Córdoba. 

Con 23 400 metros cadrados, foi a segunda mesquita meirande do mundo en superficie, por detrás da mesquita da Meca, sendo só alcanzada posteriormente pola mesquita Azul (Istambul, 1588). 

Unha das súas principais características é que o seu muro da quibla non foi orientado cara a Meca, senón 51º graos máis cara o sur, algo adoitado nas mesquitas de al-Andalus.


02/01/21

Níjar ( Nixar), Almería

 


Se queres ver as fotos pincha aquí

Na ladeira da Sierra Alhamilla e a 300 metros sobre o nivel do mar érguese a Vila de Níjar, por ela pasaron diversas culturas entre as que destaca o período musulmán que deixou unha pegada indeleble no trazado das súas rúas, arquitectura, gastronomía e artesanía. 

Como anécdota destacar que a rendición de Níjar ( Nixar) ante os Reis Católicos produciuse en 1488 e escenas destes feitos aparecen reflectidas nun relevo da sillería baixa do Coro da Catedral de Toledo. 

As rúas son estreitas e labirínticas, casas brancas con planta de cubo, adornadas por coloridas macetas permiten un agradable paseo por esta vila. 

Tamén se pode contemplar na súa totalidade desde "La Atalaya" (torre vixía), situada nun promontorio de fácil acceso.   

Níjar é pobo artesán, traballan a cerámica e, sobre todo as “ jarapas”, etc. 

Atoparemos diversos puntos de interese como a igrexa da Anunciación, a Glorieta, a praza do Mercado, o Museo da auga ou O Portillo.