Translate

28/12/17

San Juan de Duero, Soria



O mosteiro de San Juan de Duero, Soria, é de es
tilo Románico, a súa construción data dos Séculos XII-XIII.

Pertencía á orde de San Juan de Jerusalén, atópase no camiño ao lugar onde discorre a lenda de Gustavo Adolfo Bécquer, O Monte das Ánimas. 

O que máis destaca é o claustro, que conserva as catro coxías, cunha colección de estilos na sua execución, moi sorprendente. 

Ao noroeste atópase os arcos de medio punto, típicamente románicos, que descansan sobre parellas de columnas.

Arcos de ferradura apuntados no tramo noreste. Nos tramos suroeste e sureste os arcos atópanse entrecruzados, a unión de ambos tramos únese con un arco dobre, tamén entrecruzado e sen columna.

 A igrexa é sinxela, dunha soa nave e ábside semicircular, a nave péchase con bóveda de canón apuntado. 

Destacan, no seu interior, os dous templetes encostados ao muro, no comezo da cabeceira. 

Se queres ver as fotos pincha aquí 

Se queres ver o vídeo pincha aquí.

22/12/17

Catedral de Toledo



A Catedral de Toledo é un edificio do periodo gótico clásico, iniciado en 1226. Derivada da arquitectura do norte de Francia do século XIII.

Toledo foi capital do reino visigodo e tiña neste lugar o seu  templo visigodo que foi destruído para construír unha mezquita, trala entrada musulmá.
 A superficie de dita mezquita tería a anchura das cinco naves actuais. Case  non quedan restos.

O rei de León e Castilla Alfonso VI toma Toledo en 1085 prometendo tolerancia ás xentes e crenzas dos conquistados, respectando inicialmente esta Mezquita Maior.
Á ausencia do monarca o bispo Bernard de Siderac e a dona do rei, dous anos despois, tomaron pola forza está meaquita para consagrada. A partir de 1087 a mezquita maior de Toledo converteuse na nova catedral de Santa María. En 1226  destruíron a Mezquita e comezaron as obras da actual catedral. 

Destacan as vidreiras, as cinco naves, tres portas monumentais e numerosos detalles de estilo Frances.

Se queres ver as fotos pincha aquí 

SE queres ver o vídeo pincha aquí 

11/12/17

Val da Barranca, Guadarrama


O val da Barranca pertence á provincia de Madrid, val situado por embaixo do macizo da Morcuera.

Iste val de montaña situado nas ladeiras da Bóla do Mundo (Alto de Guarramillas), de 2.265 m; e de A Maliciosa (2.227 m), na Serra do Guadarrama, pertencente ao Sistema Central. 

Administrativamente pertence aos concellos de Navacerrada e Becerril da Sierra, no noroeste da Comunidade de Madrid. 

Está cuberto dun espeso bosque de piñeiro rubio ou silvestre. Por iste val transcorre o río de montaña, Navacerrada, afluente do río Manzanares, remansado en dúas pequenas presas, e que desemboca no Embalse de Navacerrada, que se pode ver ao fondo.

Contén unha serie de miradores desde os cales se pode divisar unha panorámica de boa parte da provincia de  Madrid, incluíndo a cidade e as torres máis altas.


Se queres ver o vídeo pincha aquí. 


04/12/17

Santa Comba de Bande


Esta capela é o único exemplo case enteiro da arte prerrománica en Galiza. Xa que logo falamos dunha orixe que se remonta aos os séculos VII ou VIII (680), en épocas de domino visigodo.

É moi probable que a igrexa formase parte dun antigo mosteiro. A súa planta orixinal era de cruz grega con cámaras laterales na cabeceira. No exterior falta hoxe a cámara lateral do transepto sur. As remodelacións do norte modificaron o xogo de volumes primitivo, a isto tamén contribúe o engadido da espadana.


Con todo o máis destacado é o seu interior onde existen catro arcos de ferradura con dovelas desiguais que sosteñen un cimborrio cuberto con bóveda de arista feita de ladrillos. 
Posible orixe do ano 872. 

A decoración escultórica podería proceder dunha reconstrución no século XI. A decoración pode observarse no arco triunfal que separa a capela principal do crucero. O arco é de ferradura visigótica. 

Parte dos elementos poden proceder dun templo romano ao deus Bandua, de aí o topónimo. Este deus, nas súas representacións presenta un torque coma atributo, así que a Igrexa poido deribar o nome de San Trocado ou Torcuato. 

Ao redor do templo consérvase tamén algúns elementos decorativos como a pila bautismal de época románica.

Se queres ver as fotos pincha aquí. 


Se queres ver o vídeo pincha aquí