Translate

31/08/19

Paseo por Porto, Portugal


Se queres ver as fotos pincha aquí

Porto é a segunda cidade de Portugal, capital do Distrito do Porto.

É a cidade que deu o nome a Portugal dende moi antigo (Portus Cale), chegando a converterse máis tarde na capital do Condado Portucalense, que máis tarde sería Portugal.

É aínda unha cidade coñecida mundialmente polo seu viño, polas súas pontes e arquitectura contemporánea e antiga, o centro histórico está clasificado como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

En 1415 e para ir á conquista de Ceuta, a poboación do Porto ofreceu ós expedicionarios toda a carne dispoñible, quedando só coas "tripas" para a alimentación das persoas do Porto. Deste xeito gañaron o alcume de "tripeiros", unha expresión máis agarimosa que pexorativa. É tamén esta a razón pola que o prato tradicional da cidade son as "Tripas à moda do Porto".

23/08/19

Paseo por Aveiro, Portugal




Se queres ver as fotos pincha aquí

Aveiro é unha cidade portuguesa, da Rexión Centro. A cidade foi chamada frecuentemente "Venecia de Portugal" polos seus canais que atravesan o centro da cidade o que lle proporciona unha gran beleza. 

O antigo barrio de "Beira Mar" onde se conservan as casas tradicionais, as tendas de sal da ría. 

Conten unha parte máis antiga, situada na zona alta e unha parte modernista situada a carón dos canais, por onde pasan os barcos tradicionais de transporte de sal e algas, hoxe pasean ás persoas turistas.

A forma máis antiga coñecida do topónimo de Aveiro datan do século X, pero ata o século XIII non se elevou á categoría de vila.
 

A boa situación xeográfica de Aveiro beneficiou o seu crecemento. As salinas, que abundan nesa zona, a pesca, especialmente o bacallau, e o comercio marítimo foron a base económica da cidade.

Illa de Sálvora, Aguiño



Se queres ver as fotos pincha aquí

Esta illa está situada na boca da ría de Arousa. Pertence na actualidade á  Aguiño (concello de Ribeira), xunto cos illotes Vionta, Herbosa e Noro e as Sagres forma o arquipélago de Sálvora, integrado, xunto coas Cíes, Ons e Cortegada, no Parque nacional das Illas Atlánticas, constituído no ano 2002.

Durante anos estivo poboada e tivo actividade agrícola, gandeira e pesqueira, ate o 1972.

Na illa, que foi de titularidade privada ata 2007, atópanse, unha aldea, oito hórreos, un lavadoiro, a fonte da Telleira ou de Santa Catarina, un almacén de finais do século XVIII ampliado cara 1963 con dúas torres con aire de pazo, unha antiga taberna reconvertida en capela, un faro, un peirao, un cruceiro, dous muíños e a estatua dunha serea.

É moi notorio a presenza de Gaivotas, sempre pendentes das crías no tempo de reprodución, de primavera a verán, e dispostas a pasar a acción se ven ameazada a vida da descendencia. 

A erosión deseñou estrañas figuras de pedra, nos penedos situados ao longo dos camiños marcados, aos que merece a pena botarlle imaxinación para percibir as figuras e levarse unha unha impresión persoal.  

19/08/19

Casa Modernista en Aveiro, Portugal


Se queres ver as fotos pincha aquí

O Museo de Arte Nova está situado na Casa Maior Pessoa, un dos edificios máis admirados arquitectonicamente da cidade. O deseño do edificio atribúese aos arquitectos Silvia Rocha e Ernest Korrodi.

A fachada de pedra mostra un extraordinario detalle modernista nos adornos de ferro forxado. O edificio está rematado por unha  aguia.

No interior, os paneis de cerámica son o elemento dominante de deseño. Os forros das paredes son paneis de azulexos tradicionais portugueses (tellas cerámicas pintadas a man) que representan motivos de aves, animais e flores.

Conten unha casa de chá-cafetería, onde hai unha gran variedade de tés e cafés  dispoñibles. Pola noite, a Casa de Chá, transfórmase nun salón de cócteis.

06/08/19

Estación de Porto, Sao Bento



Se queres ver as Fotos pincha aquí

A Estación do Porto - São Bento, orixinalmente coñecida como Estación Central do Porto, é unha estación ferroviaria da Linha do Minho, que serve a cidade do Porto, en Portugal.

O edificio da Estación, de influencia francesa, foi deseñado polo arquitecto de Porto José Marques da Silva.

Entrou en servizo, de forma provisional, o día 8 de novembro de 1896, sendo oficialmente inaugurada o 5 de outubro de 1916.

Situada no Centro histórico do Porto e forma parte dos principais monumentos da cidade, destacan os paneis de azulexo situados á entrada da estación.

03/08/19

Illa de San Simón, ría de Vigo


Se queres ver as fotos pincha aquí

Se queres ver o vídeo pincha aquí


A illa de San Simón pertence ao concello de Redondela,  Preside a enseada de San Simón, no extremo interior da Ría de Vigo. A illa está unida á illa de Santo Antón por unha ponte. O conxunto de ambas as illas mide 250 metros de longo e 84 de largo. Ademais existen outros dous pequenos illotes, San Bartolomé e San Norberto.

Ao longo da súa historia a illa foi empregada como mosteiro, lazareto, cárcere e fogar para nenos orfos. O seu conxunto está catalogado como Ben de Interese Cultural dende 1999.

A illa foi un antigo centro monástico cantado polo poeta Mendinho na Idade Media.
Cquote1.svgSediam'eu na ermida de San Simón
e cercaronm'as ondas, que grandes son,
eu atendend'o meu amigo,
eu atendendo'o meu amigo...Cquote2.svg
En 1589 foi saqueada por piratas ingleses, entre os que se atopa o célebre Francis Drake.

 Foi escenario da batalla de Rande en 1702, cando navíos de Países Baixos e de Inglaterra unidos pola guerra de sucesión contra a coroa de Castela; trataron de asaltar a Frota de Indias cargada coas mercadorías de case 3 anos

Durante a ditadura franquista os edificios da illa foron empregados como campo de concentración e de exterminio para os presos políticos contrarios ao réxime,  na súa maioría provenientes das zonas próximas coma Vigo, Pontevedra, Ourense e Vilagarcía de Arousa, tamén houbo presos de Asturias, León ou do País Vasco. Estímanse que ao redor de 6.000 persoas foron encarceradas.