Translate

23/12/18

Miradoiro de San Roque, Viveiro




Se queres ver as fotos pincha aquí. 

Se queres ver as o vídeo pincha aquí.


O miradoiro de San Roque está ubicado no monte do mesmo nome, é un dos espazos de lecer da vila de Viveiro. 

Situado a 353 metros de altitude, permite unhas espléndidas vistas da contorna da ría de Viveiro, incluíndo a da vila, os portos de Viveiro e Celeiro (un dos máis importantes do norte de Galicia), a praia de Covas, a illa coelleira (ao fondo), a punta do Fuciño do Porco e un antiguo cargadoiro de material (no outro extremo da ría).

Tamén se pode contemplar a desembocadura do río Landro, no mar Cantábrico, conformando a Ría de Viveiro. Este conxunto forma unha zona húmida de alto valor ecolóxico. 

No alto deste monte erixese a capela de San Roque, que vixía o mar e serve de referencia aos mariñeiros, tal e como di a  cantiga Catro vellos mariñeiros: “Boga boga mariñeiro, imos para Viveiro, xa se ve San Roque”.

A vila tamén merece un paseo polas rúas da parte vella, a igrexa e convento de San Francisco e arredores da vila.

14/12/18

Torres do Oeste, Catoira



Se queres ver as fotos pincha aquí. 

Se queres ver o vídeo pincha aquí.


Na desembocadura do río Ulla, preto da poboación de Catoira, atópanse as ruínas do que foi o "Castellum Honesti" coñecidas como as Torres do Oeste. 

Foron levantadas no s. XII por orde do arcebispo Xelmírez, tiñan a función de pechar o paso ás expedicións escandinavas e sarracenas que se dirixían a Compostela. 

Durante o s. XVIII as murallas aínda se mantiñan en pé e foron utilizadas para a defesa contra os ataques dos ingleses. 

Máis tarde caeron no abandono ata quedar no estado actual no que se atopan. 

Foron declaradas Monumento Nacional, xunto a éstas celebrase a Romaxe Viquinga que rememora a pillaxe dos guerreiros normandos sobre as vilas costeiras da ría de Arousa.

08/12/18

Museo de antigüidades no Arenal de Mallorca




Se queres ver as fotos pincha aquí.

Se queres ver o vídeo pincha aquí. 


O Arenal é unha poboación turística situada nun extremo da baia de Palma, en Mallorca, perto desta poboación atópase un conxunto formado pola igrexa, La Porciuncula, tamén chamada “igrexa de cristal”  por estar recuberta deste material, na súa meirande parte.

Nos locais contiguos atópase un museo de antigüidades no que se poden ver utensilios e máquinas de moi diversas épocas, especialmente abundan as do século XX. 

Estes utensilios e máquinas suxírennos unha reflexión acerca da nosa historia recente.