Translate

23/10/20

Ermida rupestre de Arroyuelos, Cantabría


 Se queres ver as fotos pincha aquí

A planta desta ermida é irregular aínda que con tendencia a ser cuadrangular. A porta de acceso dá paso, a través dun corredor en forma de túnel, á primeira planta. 

Ten un alicerce cadrado do que saen catro arcos que permiten o apoio do teito. O arco triunfal é de ferradura e a ábsida ten bóveda de forno, coa planta de ferradura. Todo este piso inferior ten un banco corrido encostado. 

Do lado sur do testeiro parte a escaleira cara ao piso superior. O piso superior consta, na actualidade, dunhas tribunas abertas ao exterior no muro sur da igrexa e dunha cámara, agora colgada, practicada no ángulo N.Ou. da igrexa. 

A única xanela atópase aberta no piso superior e actualmente atópase case cegada por un muro moderno de cachotería. No exterior advírtense pegadas dalgún tipo de construción realizada en madeira, quizais un soportal, ademais de varias sepulturas escavadas en roca.

https://es.wikipedia.org/wiki/Iglesia_de_Arroyuelos

Ningún comentario:

Publicar un comentario