Translate

22/02/19

Alcázeres de Sevilla 2


Se queres ver as fotos pincha aquí

Se queres ver as o vídeo pincha aquí
 


A fortificación orixinal foi construída sobre un antigo establecemento romano e máis tarde visigodo. Empezou a tomar o seu aspecto de fortificación palaciana, despois da conquista de Sevilla, en 712 polos árabes.Xa desde o ano 720 utilizouse como recinto como residencia dos seus dirixentes.

O ano 884 a fortaleza contribuíu a evitar unha invasión dos viquingos da cidade.

Desde a súa construción inicial árabe, o conxunto incluía varios recintos, como a Casa dos Príncipes, vivendas que no século IX ían desde a Praza do Triunfo ata o Barrio de Santa Cruz.

O primitivo palacio islámico é da mesma época que a Alhambra de Granada, ampliouse coa vivenda dos emires ao século XI, tamén no século XII continuouse fortificando e engadíndolle apousentos como o Alcázar ou Palacio das Bendicións, un século máis tarde os almohades sumaron máis patios e palacios. Actualmente só se conserva o Patio do xeso, resto do antigo Palacio Islámico.

15/02/19

Rúas de Córdoba



Se queres ver as fotos pincha aquí

Se queres ver o vídeo pincha aquí


Córdoba atópase en Andalucía aos pés de Sierra Morena e ás beiras do Guadalquivir, é unha das cidades con máis encanto do sur da Península.

Na antigüidade tivo gran importancia tanto na época romana como durante a conquista musulmá, aquí estableceuse o Califato de Córdoba que dominou gran parte da Península Ibérica.
 
Patios cordobeses: Os patios cordobeses son un dos moitos atractivos que ofrece a cidade: brancos, cheos de flores e moi ben coidados.

É de moito interese pasear polas labirínticas, empedradas e brancas rúas da parte antiga. Durante os Séculos X e XV foi unha época de convivencia pacífica entre as distintas culturas, xudeus, cristiáns, musulmáns, etc. De todos eles quedaron pegadas neste lugar que foi declarado Patrimonio da Humanidade en 1994.

09/02/19

Alcázares de Sevilla 1


Se queres ver as fotos pincha aquí

Se queres ver i vídeo pincha aquí


Os Reais Alcázares de Sevilla, son un conxunto de edificios palacianos situados na cidade de Sevilla, moi preto da Catedral.

A construción destes iniciouse na Idade Media, onde se mesturan múltiples estilos, desde a arte islámica dos seus primeiros habitantes, o mudéxar e gótico do período posterior á conquista da cidade polas tropas castelás ata o renacentista e barroco de posteriores reformas.

O recinto foi habitualmente utilizado como lugar de aloxamento dos membros da Casa Real española e de xefes de estado de visita á cidade. Foi declarado Patrimonio da Humanidade, xunto á catedral de Sevilla e a Arquivo de Indias o ano 1987.

02/02/19

Torre de Hércules

Se queres ver as fotos pincha aquí

Se queres ver o vídeo pincha aquí


A Torre de Hércules é o faro romano máis antigo do mundo e o único que se conserva en servizo. Construída sobre a segunda metade do século I ANE, polo arquitecto de Coimbra Gaio Sevio Lupo, a súa luz foi dende sempre un punto de referencia para os navegantes.

O revestimento exterior actual é do século XVIII, obra de Eustaquio Giannini.

A Torre de Hércules está situada na costa norte da península da Coruña, nun outeiro duns 50 metros de altitude.

Nos seus arredores encóntrase o Parque Escultórico da Torre de Hércules.

Unha lenda recollida na Crónica Xeral de Alfonso X o sabio, no século XIII, conta que existía nestas terras un xigante chamado Xerión que tiña aterrorizados a todos os seus habitantes. Acode en axuda Hércules, fillo do deus Zeus que se enfronta ao xigante durante tres días. Hércules vence e mata a Xerión, córtalle a cabeza e sobre ela manda construír unha torre conmemorando a súa vitoria.

Dise que a primeira persoa en habitar esas terras xa libres foi unha muller chamada Crunna, que daría nome á nova cidade.

Desde 1448 no escudo da Coruña aparecen representadas a Torre de Hércules e a caveira do tirano Xerión.