Translate

20/09/19

Paseo por Mondoñedo 1



Se queres ver as fotos pincha aquí.

É a capital da comarca da Mariña Central,

O topónimo Mondoñedo procede, probablemente, do termo preindoeuropeo mund (que significa 'monte'), máis a forma celta onna ('fonte' ou 'río') co engadido do sufixo de reforzo - etu, o que se correspondería coa abundancia de ríos e fontes na zona.

Catedral de Mondoñedo, Foi construída polo bispo Martiño entre 1230 e 1248 e conserva a porta románica primitiva. O rosetón oxival do século XIII; No interior a cabeceira é de estilo románico e vaise volvendo en oxival conforme avanzan as naves. Hai pinturas murais do século XIV.

O seu casco vello foi declarado Conxunto Histórico-Artístico en 1985, nel destacan a praza da catedral, monumento nacional construído no século XIII, onde tamén se sitúan o monumento a Cunqueiro e unha placa a Pardo de Cela, tamén e cara onde conflúen todas as rúas da vila.

Foi capital da provincia de Mondoñedo, unha das sete provincias galegas históricas até 1833.

15/09/19

Vida intermareal



Se queres ver as fotos pincha aquí.

O espazo intermareal é o espazo comprendido entre os dominios mariño e terrestre.

Este espazo está comprendido entre a máxima altura que acadan as mareas e o mínimo histórico de marea baixa. 

Nas nosas latitudes a diferencia de niveis entre os dous extremos é de uns 4 metros, habendo dúas mareas altas e dúas mareas baixas ao día. 

Por distintos factores o espazo intermareal é de fortes contrastes, grande variedade de hábitats e elevada produtividade.

As formas de vida presentes nestes hábitats están sometidos a cambios continuos de ambiente, devido á presencia e ausencia periódica da auga salina do mar. 

Exemplo son os animais que no tempo que permanecen emerxidos, captan o osíxeno da auga que quedou retida dentro da súas cunchas, no caso dos animais apegados á rocha.

Outros seres vivos aproveitan a humidade que queda, cando baixa a marea, en pozas ou fendas.

14/09/19

Aldea de Sálvora 2, Aguiño, A Coruña



Para ver as fotos pincha aquí

Nas casas da aldea de Sálvora, ademais da arquitectura popular das casas, tamén, podemos ver parte do seu interior o que resulta unha mostra etnográfica e histórica.

Camas,  cadeiras, botellas de viño valeiras, viño quinado e anís, tamén, lareiras, fregadeiros e frasqueiras de granito.

Unha das casas chamáronlle "fábrica da luz", que ainda garda os enferruxados xeradores de enerxía eléctrica nos que aínda se len as letras en relevo dos seus fabricantes: HMP Riveira e a vasca Onena,

Nun pendello lindeiro o óxido corroe o chasis dun vello tractor, recentemente pintado para aparecer na película " O Santa Isabel", que trata sobre o naufraxio deste barco preto da illa e que mulleres valentes da aldea axudaron a salvar moitas vidas.

06/09/19

Aldea de Sálvora 1, Aguiño, A Coruña



 Para ver as fotos pincha aquí

Desde o mar e no medio da vexetación, vense as casas de pedra da Aldea de Sálvora.

A comezos da década dos setenta abandonaron a illa os últimos moradores, neste enclave chegaron a vivir 25 familias. A terra labrada volveu ser erma, e as vivendas quedaron sepultadas en vexetación e esquecemento.

A pequena casa da escola é das poucas que están conservadas na aldea.

 A incorporación de Sálvora ao parque nacional das Illas Atlánticas permitiu redescubrir a aldea.

A limpeza da zona devolveu a aldea ao tempo presente. A súa disposición en U permitiu mitigar os ventos do norte.

Coa limpeza do camiño que conduce desde a antiga salgadura ao asentamento puxo de manifesto os muros que o delimitaban e, tamén, un lavadoiro no que se habitaban anfibios.