Translate

30/11/18

Espazo de artesanía e cultura.Castelo de Vimianzo


Se queres ver as fotos pincha aquí.

Se queres ver o vídeo pincha aquí. 


O Castelo de Vimianzo é unha das atraccións artesáns e culturais máis interesantes da bisbarra. Nel traballan unha serie de artesáns e artesás que lle dan vida ao castelo. 

O Centro de artesanía en vivo permite asomarse aos obradoiros, e observar a labor dos vellos  e novos oficios ou facerse cunha peza única. Unha experiencia difícil de atopar noutro lado.
Deste modo a artesanía convértese en Vimianzo nunha das principais aliadas para romper coas rutinas museísticas e ampliar a experiencia cultural da visita.
O concello de Vimianzo é o responsable da xestión das actividades do Castelo e incentiva un programa artesanal ao longo de todo o ano: exposicións, encontros, demostracións e outras actividades, realizadas sempre en colaboración coas traballadoras e traballadores artesáns que teñen na fortaleza de Vimianzo o seu obradoiro e principal punto de venda.

25/11/18

Vila Romana de Els Ametllers, Tossa de mar






Se queres ver as fotos pincha aquí.

Se queres ver o vídeo pincha aquí.


Descuberta en 1914 polo doutor Ignasi Melé, a vila romana de Els Ametllers (séculos I a. C. - VI d. C.) é unha das vilas máis importantes da antiga provincia de Tarraco. Dedicada especialmente ao cultivo da vide e á exportación de viño de gran consumo, constitúe un exemplo clásico de explotación agrícola no Mediterráneo romano. 

A parte urbana ou zona nobre do conxunto, situada no nivel superior, dá fe da magnitude da vila, especialmente durante o século II d. C. Son proba diso algúns elementos como o conxunto termal, os mosaicos, os estucados.

17/11/18

Castelo de Vimianzo 1



Se queres ver as fotos pincha aquí.

Se queres ver o vídeo pincha aquí. 


O Castelo de Vimianzo, situado no núcleo urbano da localidade, foi construído a finais do século XII. 

En 1467 as tropas dos Irmandiños asaltaron o castelo e derrubárono por completo, ata os alicerces, e liberaron a os habitantes das terras da xurisdición, repartidas entre os concellos de Camariñas, Laxe, Zas, Muxía e o propio Vimianzo, do terror da xustiza feudal. 

Mais tarde a irmandade foi derrotada e os labregos obrigados a reconstruír o castelo pedra por pedra. 

Todos os anos, no mes de xullo, ten lugar unha festa popular en conmemoración do "asalto ao castelo" levado a cabo polos irmandiños. 

Desde 1994 está declarado Ben de Interese Cultural.


Sufriu numerosas reformas ao longo da súa existencia, e desde finais do século XX a Deputación da Coruña acondicionouno para a súa visita, de acceso libre. 

No seu interior alberga hoxe un centro de interpretación sobre a historia do castelo, e unha mostra de artesanía en vivo. 

11/11/18

Xardín botánico de Blanes 3





Se queres ver as fotos pincha aquí. 


Se queres ver o vídeo pincha aquí. 


A fundación Karl Faust é a encargada de conservar este xardín e dalo a coñecer. Neste xardín reprodúcense plantas dos cinco continentes. 

Ademáis da presenza de plantas de fora, tamén se conservan plantas endémicas de Cataluña e da propia Costa Brava en particular, para preservadas da súa desaparición e poder amosalas a toda a poboación. 

A localización do xardín, situado no alto dun promontorio, no que se forma un peculiar microclima onde a humidade das nubes da costa fai que o seu vapor de auga doce manteña frescas as plantas.




03/11/18

Peratallada, Girona




Se queres ver as fotos pincha aquí. 

Se queres ver o vídeo pincha aquí.



Peratallada é un pobo medieval, cheo de pedra e madeira con  xeranios nas xanelas, polo que parece non pasar o tempo. Foi declarado Conxunto Histórico-Artístico polo seu alto nivel de conservación, esta poboación creceu ao redor do castelo, conserva a esencia medieval.

O nome do pobo pode proceder do feito de que ao redor das murallas había un foxo tallado na pedra viva, do que podería proceder o nome, de ‘pedra tallada’, pero tamén podería aludir ás  entalladuras  niveladoras do terreo sobre as que se asentan parte das murallas ou algunhas casas antigas. 

Precisamente, o recinto amurallado foi construído entre os séculos  XI e  XVII. Ainda permanece o citado foxo, que rodea todo o centro histórico.

Os principais monumentos de  Peratallada son a igrexa de San Esteban,  románica, do século  XII, e o castelo (séculos  XII- XIV).