Translate

24/02/18

Toxos Outos, San Xusto



No concello de Lousame, cerca de Noia, ubícase a Igrexa de San Xusto de Toxos Outos, que formou parte dun mosterio. 

Está situada ááveira do Río San Xusto, afluente do Sóñora ou Traba que desemboca na Ría de Noia.  Este mosteiro acabará tendo posesións por gran parte de Galicia e fóra dela, Zamora e  Portugal (Paredes). 

Xa no século XIV este mosterio foi perdendo posesións debido ás presións nobiliarias e eclesiásticas que devecían polas riquezas de Toxos Outos. En 1504 foi anexionado ao Mosteiro de Sobrado dos Monxes e pasou á orde cisterciense. 

Despois da desamortización de 1835, foi abandonado.  O que quedaba do antigo mosteiro foi vendido a particulares.  Un exemplo desta perda foi a venda por parte do párroco en 1921 do fermoso claustro románico que o vendeu ao Vizconde de San Alberto (José Varela de Limia) para incluílo no interior do Pazo Pena Douro, en Noia. 

Hoxe o lugar é un recuncho rodeado de natureza onde sobreviven uns poucos restos do antigo cenobio, rehabilitadas, onde ocupa o centro a sobria igrexa parroquial barroca do século XVIII.

O río San Xusto forma neste lugar unha serie de fervenzas moi vistosas, unha delas ten un desnivel duns 6 m de alto. A zona está acondicionada para a merenda e o paseo.

Se queres ver as fotos pincha aquí.  

Se queres ver o vídeo pincha.

13/02/18

Mosteiro do Escorial e Casiña do Príncipe


Este mosteiro foi mandado construír por Felipe II (1556-1598) 
O lugar escollido para a construción do mosteiro foi unha zona situada na Sierra de Guadarrama, que leva o nome de Escorial, iste parece vir das escorias (restos de fundición) que alí existían debido ás numerosas ferreirías alí instaladas.

As explanadas que percorren os lados norte e oeste do monasterio reciben o nome de Lonxas. Baixo a lonxa norte discorre un pasadizo ou túnel subterráneo, chamado A Mina, e que servía para o transporte de persoas e materiais nos fríos días de inverno, desde as casas dos oficios, situadas en fronte, ao zaguán do palacio, o que permitía traballar en días fríos ao resgardo das inclemencias do tempo.

Na actualidade o mosterio está rexido por unha congregación de monxes agustinos, que substituirons a os monxes Xerónimos, cando estes desapareceron. Ordes moi ligadas desde sempre á monarquía española.

As obras comezaron en 1563 e finalizaron en 1584, tempo récord para a súa época,  a persoa encargado de rematar obra foi Juan de Herrera, que daría nome a un estilo: o herreriano. 


A Casiña do Infante é un pequeno Parque situado cerca do mosteiro. Foi construído entre 1771 e 1773 por Juan de Villanueva para Gabriel de Borbón fillo de Carlos III (1759-1788), como lugar de descanso entre cacerías. 


Se  queres ver as fotos pincha aquí. 

Se queres ver o vídeo pincha aquí.

11/02/18

Monte Louro, Faro, Lagoa, Praia



















O Monte Louro tivo moita importancia como enclave defensivo durante moito tempo ao longo da historia, especialmente cando a piratería acosou, de forma constante, a costa de Galiza. 

No alto do monte sobresaen dous picos, nun deles quedan os restos da Capela da Madalena, no outro quedan restos dun posto de control, estes restos danlle nome aos dous picos. 

Na punta Queixa, un extremo da entrada da ría de Muros e Noia, está situado o Faro, que serve para sinalizar dita punta e a entrada da ría, Hai que ter en conta que estas zonas do Atlantico son das máis batidas de Europa.

A orixe do nome pode vir de lugar con Loureiros. Outra posibilidade é que este nome derive da existencia dun antigo templo solar. 


Ao pé do monte, sitúase a praia Area Maior con o seu sistema dunar, detrás deste atópase a Lagoa das Xarfas, un ecosistema complexo de gran riqueza botánica e faunistica.  

Na Lagoa, unha lenda fala da desaparición dunha vila, mergullada por unha gran ola. O día de San Xoán din que aínda se poden escoitar as campás da Igrexa e o berro da xente.
Entre os múltiples centros de Interés atópase o faunístico composto por: ánade real, a focha común, o zampullín chico ou o rascón, tamén escollen este lugar para invernar outras especies como o porrón común ou a garza real.


Se queres ver as fotos pincha aquí  

Se queres ver o vídeo pincha 

01/02/18

Petróglifos de Laxe das Rodas, Louro



Estes petróglifos están gravados sobre unha lousa de granito situada nunha pequena chaira elevada, isto permite unha  boa visibilidade sobre a contorna. 

Os compoñentes principais son dúas espirais que xiran en sentido contrario unha da outra, rodeadas de 65 coviñas.

Existe, tamén, 7 circuliformes de distinto tamaño, o máis grande ten unha cova central, de tamaño desproporcionado respecto do seu tamaño. 

Os espertos observaron figuras de animais, unha lúa crecente, unha posta de sol. 

As funcións están relacionadas, segundo varios expertos, cun lugar de culto ao sol, como un calendario, cunha mesa de ofrendas para conseguir boas colleitas; vincúlanos, tamén, coa morte ou a fecundidade. Outra hipótese é que sexa unha sinalización de lugares de pasto e de paso de animais.

Se queres ver as fotos pincha aquí

Se queres ver o vídeo pincha aquí.