Translate

26/06/20

Poblado de Talatí de Dalt, Menorca




Se queres ver as fotos pincha aquí.

Á entrada presentase dúas covas, probablemente utilizadas con fins funerarios antes mesmo da existencia do poboado, tamén un gran talayote central situado na parte máis elevada do terreo.

Próximo está o recinto santuario que alberga a  taula de Talatí de Dalt e máis adiante no percorrido a sala hipóstila, en cuxo interior poderán apreciarse as grosas e sólidas columnas que sosteñen o sorprendente teito de pedra.

Tamén poderán apreciarse a construción de dous pequenos talayotes, tramos da antiga muralla e restos dalgunhas das vivendas erixidas no seu interior.

Pero a maior das particularidades que caracteriza o poboado de Talatí de Dalt,  é a presencia dunha das maiores  taulas de Menorca.

19/06/20

Poblado de Coll de Cala Morell, Menorca


 Se queres ver as fotos pincha aquí

O poboado de Cala Morell é un asentamento pretalayótico situado no termo municipal de Cidadela en Menorca.

Está situado sobre un promontorio rochoso duns 35 metros de altura, no lado que pecha a entrada por mar á Cala Morell polo lado nordés. Este promontorio está protexido por unha muralla de pedra en seco na zona onde se une a terra firme.

No xacemento distínguense unha ducia de navetas de habitación, vivendas típicas da Idade do Bronce en Menorca e Mallorca. Na parte máis alta obsérvase unha estrutura de planta circular duns catro metros de diámetro, construída con grandes bloques de pedra e de función por agora descoñecida.

No centro do poboado hai dúas depresións escavadas na roca, interpretadas como depósitos para almacenar a auga de choiva. Todo o conxunto atópase protexido por unha muralla de pedra en seco, que pecha o acceso ao promontorio pola parte de terra.

Polo lado do mar, as rocas son o suficientemente altas e escarpadas como para constituír unha defensa natural.

12/06/20

Cales Coves, Menorca


Se queres ver as fotos pincha aquí.

Cales Coves é a necrópole talayótica máis importante de Menorca. As covas comezaron a perforarse durante a Idade do Bronce e nelas practicáronse ritos de inhumación
 
As máis recentes foron escavadas na Idade do Hierro, son máis accesibles e espazosas e foron escenario de enterramentos ou cremacións
 
Este conxunto de ocos seguiu utilizándose ata a época romana, aínda que non como necrópole. Así o testemuñan as lápidas e gravados achados na Cova deas Jurat, que se cren relacionados con festas estacionais. A zona tamén sobresaíu por ser idónea para o fondeo de barcos. De feito, atopáronse importantes restos arqueolóxicos e pecios no fondo mariño, moitos dos cales se achan expostos no Museo de Menorca.

06/06/20

Necrópole de Cala Morell, Menorca


 Se queres ver as fotos pincha aquí.

Necrópole é unha palabra de orixe Grega que pode traducirse como Ciudad dos mortos. As Necrópoles, tal e como o seu nome indica, foron utilizadas como cemiterio desde a época pretalayótica.

As necrópoles de Menorca están situadas en cantís costeiros e son espectaculares tanto pola cantidade de covas que hai nelas como polos lugares onde se atopan.

A Necrópole de Cala Morell é unha das máis espectaculares de Menorca. Está formada por un conxunto de 14 covas de pedra escavadas artificialmente nos cantís dun barranco.

Algunhas das covas teñen elementos arquitectónicos que sorprenden, tendo en conta que se trata de construcións funerarias de fai miles de anos. No seu interior hai columnas, portas de aceso e ventás.