Translate

29/09/17

Mezquita antiga en Toledo


Esta mezquita foi cristianizada en época medieval. O edificio islámico é moi recoñecible trala súa restauración a principios do século XX. 

De planta cadrada, posúe nove bóvedas ordenadas en tres naves paralelas distribuídas por catro columnas. No lado sureste localízase o muro de qibla, aínda que esta fachada xunto coa oriental foron alteradas, no proceso de transformación igrexa. 

As outras dúas fachadas, orientadas ao norte e oeste respectivamente, son de corte monumental e atópanse amplamente decoradas.

Segundo a inscripción que se conserva na fachada occidental sábese  que a construción data de, 13 decembro do ano 999/ 11 de xaneiro do ano 1000, sendo o promotor da obra  Ahmad Ibn Hadidi, e o arquitecto,  Musa Ibn Alí.
Tras a tóma de Toledo por Alfonso VI, no ano 1085, comeza a cristianización do edificio. 

Durante as excavacións arqueológicas, apareceu unha vía monumental romana formada por grandes losas de granito. Esta vía discorrería en dirección norte a sur atravesando parte da planta da Mezquita.


Se queres ver o vídeo pincha aquí.


22/09/17

Fuentona de Muriel





A "Fuentona de Muriel",  é a fonte onde nace o río Abión. Abroia ao exterior nunha poza grande, despois de percorrer diversas cavidades polo interior da montaña. Este é o drenaxe natural do acuífero da "Sierra de Cabrejas" o cal está constituído por rocas kársticas nas que a auga, ao longo dos anos, creou infinidade de grutas e cavernas por onde penetra a auga, saíndo ao exterior polo fondo da poza, dando a impresión óptica de que xurde da nada. 


Está situada no término municipal de Cabrejas del Pinar, nas proximidades de Muriel de la Fuente, na provincia de Soria.

O nacemento do río Abión forma parte dun conxunto de elementos de moito interese chamado "Monumento Natural da Fuentona", composto por outros elementos como son: Unha fervenza chamada,
 "Chorro de Despeñaelagua", onde en época de choivas e durante o desxeo a auga cae desde unha altura considerable entre paredes rochosas. Un conxunto de barrancos e desfiladeiros franqueados por grandes formacións rocosas de orixe calizo e axudado a conformar polo río Abión. 
Outro elemento importante é o "Sabinar de Calatañazor", bosque de sabina albar considerado como Reserva Natural pola Xunta de Castela e León. Nel atópanse árbores desta especie moi elevados e lonxevos, 2000 anos de existencia. Esta árbore está considerado como unha reliquia do terciario. 
Destaca, tamén, a variada fauna: Voitre leonado, aguia real, o falcon peregrino, o alimoche ou o bufo, entre outras especies ornitolóxicas.
Tamén son frecuentes o corzo, xabarín, raposo, lebre, etc.

As ugas do río Abión ofrecen un hábitat ideal para o desenvolvemento de especies tales como a troita común, a nutria, a ra, etc.

Debido a que coexisten terreos húmidos, secos, arenosos, rocosos, etc, existe unha gran variedade de especies vexetais.


Se queres ver o vídeo oín chá aqui


12/09/17

Arredores de Noia




Un percorrido polos arredores de Noia, empezando polo barrio da Chaínza,
 está situado ao suroeste te de Noia, no fondo da ría. Por este bárrio pasaba o antigo trazado do Camiño Real, polo que foi lugar de paso obrigado para a entrada de Noia. Proba desto é a ponte medieval recentemente descuberta. 

Tamén cerca poden verse os restos do Pazo ea fábrica de Curtidos dos Cadarso de 1700.

De moito interés son os Muíños medievais de Pedrachán, conxunto preindustrial vinculado á auga na impresionante ribeira do río Traba, restaurados. Este conxunto de muíños pertenceron a Antonio Cortés de Mendoza e Soutomaior, conde de S.Bernardo. Os muíños aproveitan o caudal do río a 150 m. máis abaixo da ponte medieval. 


O núcleo mánten outros elementos como lavadoiros, presas, canles, fontes, camiños e escadas que facilitan o acceso por enriba do cauce rochoso do río. 

Continuando o percorrido polo lugar de O Obre, entre casas antigas e modernas, antigos hórreos, e vexetación exuberante, chegamos a praia do Testal, por encima da cal pasa a nova ponte. A ponte sobre a ría de Noia une o lugar da Barquiña (Barro) e o porto do Testal (O Obre).

A Barquiña é un lugar da parroquia de Barro do concello de Noia. É probable que seña o lugar en que se produciu o primeiro asentamento poboacional no concello de Noia.


O percorrido rematou cun paseo pola pasarela de madeira que une Barro con Noia.

Se queres ver as fotos pincha aquí.


Se queres ver o vídeo pincha aquí.



08/09/17

Dolmen de Dombate



O Dolmen de Dombate é o monumento megalítico máis importante de Galicia. Este tesouro histórico e etnográfico debemos protexelo e conservalo, para que o poidan  coñecer e gozar as futuras xeracións.

O dolmen de Dombate sitúase no municipio de Cabana de Bergantiños. Este dolmen é do tipo de tumba de corredor.
 

Data da primeira metade do IV milenio a. C., a cámara a finais dese mesmo milenio. Foi usado en diferentes épocas, no 2700 a. C. deixaron de usalo.
No século XIX, o historiador Manuel Murguía fixo notar a súa presncia, e que en 1885 o poeta Eduardo Pondal o inmortalizouno nun poema de "Queixumes dos Piñeiros".

O dolmen foi recuberto cun edificio de madeira e cristal co fin de protexelo, tamén nota cun centro de interpretación que permite coñecer o megalitismo na Costa dá Morte.


Dombate está formado por un túmulo de planta irregular composto de terra sobre a que se colocou unha coraza de pedras de pequeno tamaño. Este túmulo envolve unha cámara poligonal que se estende cun corredor de catro metros e realizado en tres tramos. O corredor péchase cunha losa vertical a modo de porta. 


O acceso ao interior realízase por un corredor descuberto horizontal no que apareceron 20 ídolos de pedra, unha zona enlousada con pedras planas, un espazo de pavimento composto de grava e a porta de entrada ao 
corredor. No interior da cámara apareceron debuxos poligonais e relevos nas laxes. 

Pasado Vilaseco,
lugar batido do aire,
no alto da costa d'Ures,
de montesía canle;
pasado Vilaseco,
indo p'la gandra adiante,
xa vía desde lonxe
o Dolmen de Dombate. 

 (fragmento de "Queixume dos pinos", Eduardo Pondal.

Se queres ver as fotos pincha aquí

Se queres ver o vídeo pincha aquí 

01/09/17

Castro Cidá de Borneiro


Castro de Borneiro, situado en Cabana, Comarca de Bergantiños, A Coruña. É un dos castros máis representativos de Galiza, dada a súa difusión. É coñecido como A Cidá (a cidade), topónimo moi empregado en Galicia en lugares con restos similares.

A súa datación figura entre os séculos IV e I a.c., é por isto que non chegou a ser romanizado, sendo un dos poucos castros estudados que non sufrise a influencia da cultura do imperio.

Descubriuse en 1924, as excavaciones comezaron nos anos 30. Reanudanse as escavacións na década dos 70. Continuaron nos 80 e conseguese que visen a luz ata 36 construcións. Moitas das pezas que se atoparon están expostas no Museo Arqueolóxico da Coruña.

O conxunto da cidade está rodeado por un foso e dúas murallas defensivas, polo este a defensa vénlle dada pola inclinación do terreo. No antecastro, a parte situada fora das murallas, apareceron os restos dunha vivenda ovalada, dúas fontes e un forno circular que poidera estar cuberto por unha bóveda. 


É de destacar o grande tamaño das vivendas, así como as formas circulares de todas as casas, que demostran a non romanización do lugar.

O poboado abastecíase de auga dun regato que discorre ao carón da Cidá, o Rego do Muíño. 


Se queres ver o vídeo pincha aquí.