Translate

26/01/20

Orbaneja do Castillo 2, Burgos



Se queres ver as fotos pincha aquí

O pobo actual orixinouse na Idade Media. O seu topónimo indica que nel houbo un castelo.

En Orbaneja do Castillo conviviron durante séculos mozárabes, cristiáns e xudeus. Indicativo da presenza destes últimos é a aljama da que tan só queda o recordo nalgúns nomes de rúas.

Este lugar foi elixido os Cabaleiros Templarios para levantar o Convento e Hospital de San Albín, encargado de ofrecer albergue e protección aos peregrinos do Camiño de Santiago.

Á saída da vila atopase a interesante igrexa Románica de Escalada.

18/01/20

Orbaneja do Castillo 1, Burgos



Se queres ver as fotos pincha aquí

Orbaneja do Castillo é unha localidade situada na provincia de Burgos.

Caracterízase pola súa paisaxe kárstico modelado pola auga e que xerou na paisaxe formas que recordan os perfís dun castelo.

Na parte superior do pobo situase a Cova da Auga, situada á uns 90 metros sobre o leito do Ebro e o arroio de Forca Menor.

Estivo ocupada durante o Epipaleolítico, esto permitiu analizar o tipo de fauna,  industria lítica e outros materiais utilizados polas persoas que habitaron esta zona nesta época.

Desta cova sae un arroio que atravesa a poboación para despois caer en fervenzas cara ao Ebro que pasa á beira. Antigamente este caudal movía as pedras de cinco muíños  situados á saída da cova, dos que aínda hoxe se conservan restos.




11/01/20

Estreito do Bósforo 2, Istambul



Se queres ver as fotos pincha aquí

Os antigos gregos denominárono Bósforo ou o "vao de vacas" debido á lenda mitolóxica de Io, sacerdotisa e amante do todo poderoso Zeus, quen a converteu en vaca para enganar á súa esposa, a deusa Hera.
No seu desespero por quitarse de encima a mosca enviada por Hera para toleala, Io atravesou o Bósforo dando así nome ao estreito.

No século XV, a cidade de Istambul, nesa época denominada Constantinopla, caeu en mans dos otománs que construíron dúas fortalezas para controlar o tráfico marítimo, unha a cada lado do Bósforo.

Os fortes, Rumeli Hisar e Anadolu Hisar, aínda permanecen hoxe en día desafiando o paso do tempo.

Nos séculos máis recentes, levantáronse mansións de madeira denominadas yalis con grandes xardíns a beiras do estreito, varias delas para albergar os consulados de verán de embaixadas estranxeiras.

03/01/20

Estreito do Bósforo1, Istambul


Se queres ver as fotos pincha aquí

O Bósforo é un estreito marítimo entre o mar Negro e o mar de Mármara, á súa vez este comunicase co mar Mediterráneo a través do estreito dos Dardanelos.

Este conxunto de pasos estreitos separan a Europa de Asia. Á beira deste estreito sitúase a cidade de Istambul, antiga Constantinopla.

A unión entre as apartes Europea e Asiática faise a través de varias pontes e un túnel.

O nome do estreito procede do grego bos: boi + foros: pasar, trasladar, xa que na antigüidade era común atravesar tal estreito cun odre inflado confeccionado coa pel dun boi. A palabra grega foi modificada posteriormente en lingua turca coma Boğaziçi.

O Bósforo formouse ao redor do 5600 a. C., cando as augas do Mar Mediterráneo e do mar de Mármara inundaron o val fluvial dun gran lago de auga doce próximo, isto orixinou o mar Negro actual.