Translate

25/08/17

Subida ao Monte Pindo





Unha das subidas ao Monte Pindo parte de detrás da igrexa do Pindo, fronte a praia de San Pedro, a distancia da subida é duns 10 Km, o camiño está sinalizado e marcado, a dificultade  é media alta, o ascenso desde o nivel do mar ata a Croa é de aproximadamente uns 600 metros. O ascenso prodúcese a través dun sendeiro abrupto e moi irregular, a duración depende da forma física de quen camiñe pero tomando con calma pode durar 5 ou 6 horas. A xente que está en forma faino en menos de 4 horas. 

O Pedrullo e Castelo de San Xurxo, a 250 metros de altitude, sitúase nun outeiro cheo de pedras, restos dun castelo do ano 900, que tiña por función vixiar a chegada de barcos viquingos á costa.   

Un pouco máis arriba está o miradoiro de Chan das Lamas, zona chan como indica o nome, por onde pasaba un antigo camiño que comunicaba a vila do Pindo coa antiga parroquial de san Mamede. Desde esta posición existen unhas boas vistas da costa.

O camiño segue e o ascenso vaise facendo cada vez máis pronunciado. A uns 500 metros atopamos unha chaira é o val de San Lorenzo. Aquí en tempos da II Guerra Mundial, houbo unha pequena explotación de volframio. Pódese divisar a praia de Carnota.
A todo o longo do camiño atopamos multitude de figuras esculpidas en pedra pola erosión e a natureza, e que espertan a imaxinación.

Para chegar á Moa hai que atravesar unha das murallas que a rodeaba que puido ser construía polos anos 500 ou 600. A carón desta muralla, a Raíña Lupa estaría enterrada cos seus sete millóns de ouro na cabeza e outros sete millóns aos pés, segundo conta a lenda. 

A cima ou Croa é o pico máis alto de toda a redonda o que permite unhas vistas espectaculares, tanto da costa como do interior. Cara ao norte, podemos ver o embalse de santa Uxía, as terras da parroquia de Arcos e os montes da Ruña; ao sur o val e a praia de Carnota, cara ao oeste, o cabo Fisterra, o océano, a ría de Corcubión e as illas Lobeiras. Moi preto queda a desembocadura do Ézaro, fervenza moi reducida pola canalización da auga a unha central eléctrica. É de destacar que os montes do arredor están ciscados de xeradores eólicos, que rompen a amonía e xeran ruídos.

A Asociación Monte Pindo reclama a máxima protección deste enclave natural e histórico como “Monte Pindo, Parque Natural”, unha medida que demandan masiva e unanimemente comunidade científica, entidades sociais e sociedade.

Se queres ver as fotos pincha aquí

Se queres ver o vídeo pincha aquí




18/08/17

Paseo polo Geres, Portela do Homem





Portela do Home é un porto de montaña da  Serra do Gerês que forma parte da Raia, a estrema entre Galicia e Portugal.
Do lado portugués sitúase o concello de Terras de Bouro, do lado galego a parroquia de Río Caldo, do concello de Lobios. Tamén é o límite entre o Parque Natural de Baixa Limia - Serra do Xurés (Galiza) e do Parque Nacional de Peneda-Gerês (Portugal). Sitúase a 822 m de altitude. Recibe o nome do río Homem, portugués, que ten unha fervenza a 800 m da portela.

Este paso xa se usaba antigamente, por aquí pasaba a vía romana Vía Nova do Itinerario de Antonino, que unía Bracara Augusta con Astorga, desta vía consérvase varios miliarios. 
Estes miliarios eran indicadores viarios de formas cilíndricas pertencentes á denominada Vía Nova ou Vía XVIII (século I d.C.), indicaban as distancias en millas. 

O Parque do Geres destaca por posuír unha gran variedade de paisaxes; serras escarpadas outras de formas máis suaves, nas que o granito é o protagonista, pequenos ríos discorren entre rocas, en ocasións facendo cascadas e saltos de auga. Especial protagonismo teñen os espesos bosques cheos de vida.
A flora deste lugar é propia de climas de distintas rexións europeas, a eurosiberiana e a mediterránea isto supón unha gran variedade de vexetación, desta maneira comparten espazos os bosques caducifolios de carballos e bidueiros que alternan con outros de folla perenne, como os de sobreiras ou árbores do amorodo. Este nivel de riqueza biolóxica merece a protección de Zoa de Especial Protección dos Valores Naturais. Esta variedade de flora correspóndese cunha grande diversidade faunística.



Se queres ver as fotos pincha aquí


Se queres ver o vídeo pincha aquí 


11/08/17

Igrexa Románica de Cambre


A Igrexa Románica de Cambre forma parte do Mosteiro do mesmo nome. A fundación ten lugar na segunda metade do S IX, cando o conde Alvito, cos seus irmáns patrocina a fundación do monasterio para o que dispuxeron de cuantiosos bens, incluídos os vales de Calambre (Cambre) e Elviña. O lugar da fundación Cambre Cambre.

Este Mosteiro estivo agregado ao de Antealteres, en Santiago, ao que permaneceu anexionado con rango de priorato ata finais do S XV.

A Igrexa foi construída polo patrocinio da familia de Traba, sobre 1194.

En 1589, o corsario inglés Drake ataca a Igrexa, incendia e derriba parte dela. Coa invasión napoleónica sofre novos destrozos. Hoxe atópase reconstruída.

A igrexa é un edificio de tres naves e crucero. A cabecera está constituída por presbiterio rodeado por cinco capelas absidales que se abren á girola ou deambulatorio.

O exterior posterior está composto por cinco ábsidiolas, que forman un conxunto moi armonioso. A fachada, situada ao oeste, presenta tres canles separadas por dous contrafuertes centrais que á súa vez sosteñen os arcos formeros.

Encaixada entre os contrafortes atópase a portada típica das igrexas románicas, bastante desgastada polo tempo. Na parte superior sitúase o rosetón, que conten calados interiores cun círculo de baquetón no que se desenvolven arcos polilobulados.

No interior destacan a Xirola que tiña función procesional, as tres naves con arcos de medio punto e capiteis con figuras variadas.

Se queres ver as fotos pincha aquí.

Se queres ver o vídeo pincha aquí.




01/08/17

A Casa das Palabras, Cimeterio Musulmán, A Coruña


No campo da rata, lugar de triste recordo polos asesinatos levados a cabo polo exército franquista, está situado o edificio dun antigo cementerio onde se enterraron os corpos dos marroquinos musulmáns recrutados polo exército de Franco. Este espazo está incluído nunha zona que se chama Durmideiras.  
 
Este edificio, con formas construtivas da cultura árabe, foi transformado na Casa dás Palabras, contén no seu interior gravados realizados por Xoán Viqueira, nos que foron inseridos textos sobre a orixe da cidade escritos en grego, latín, árabe, gaélico e castelán antigo, e todos eles están traducidos ao castelán e ao galego. Ademais, escribíronse unhas 250 palabras do castelán e do galego que teñen a súa orixe na lingua árabe.

As citas sobre A Coruña proceden do Historiador Romano Deu Casio e tamén de Alfonso X o Sabio que fala de Hércules, de Gerión e do primeiro habitante da cidade, ao que bautiza co nome de Coruña.



Se queres ver as fotos pincha aquí.


Se queres ver o vídeo pincha aquí.