Translate
27/03/15
As Torrentes de Mácara, Ulla ,Pambre
As Torrentes de Mácara, sitúanse no lugar de Mácara, aldea de Ramil do Concello de Palas de Rei, nun
tramo do alto Ulla entre o balneario de Frádegas e a confluencia Ulla -
Pambre. O Ulla discorre por un pequeno canón entre granito con moitos
rápidos e pequenas fervenzas. A de máis altura entre 3 e 4 metros a de
Mácara. Despois deste tramo axitado e nunha zona de augas calmas prodúcese o encontro co río Pambre, seguindo o curso deste, a pouca distancia, atopamos un salto de auga que corresponde a un pequena presa.
22/03/15
Mosteiro Benedictino de Santa Cristina de Ribas de Sil
O mosteiro beneditino de Santa Cristina de Ribas de Sil, destaca pola súa monumentalidade asi como pola espectacularidade da seu enclave rodeado de bosques ao bordo do río Sil.
Hai manifestacións da súa existencia no S. X, aínda que a construción arquitectónica que se conserva actualmente data dos S. XII e XIII. Trátase dunha das xoias arquitectónicas do románico galego e do labor escultórica dos mestres medievais que traballaron na súa fábrica.
Na súa contorna gozamos dunha extraordinaria beleza natural. Está conectado por un carreiro de grande beleza que bordea o río Sil, a través de bosques centenarios, co Monasterio de de Santo Estevo de Ribas de Sil, a uns 20km aproximadamente de distancia. Atópase próximo tamén ás rutas do Catamarán, desde o cal, pódese observar a torre do mosteiro; Próximo atopamos tamén o Miradoiro dos Balcóns de Madrid, e o pequeno pobo histórico-artístico de Rabacallos.

13/03/15
Mini e Mero cantan un poema de Rosalía
Mini e Mero cantan un poema de Rosalía. Nun recital memorable que deron na AAVV da Agra do Orzán na Coruña. Mini e Mero puxéronlle voz e música a un poema de Rosalía no que invitan a reflexionar sobre o noso pasado persoal e colectivo, recuperar a memoria e a auto estima e tamén recoñecernos a nos mesmos na imaxe cristalina da auga da fonte, que tamén é a da vida.
06/03/15
Canóns do Sil
O río Sil formou ao longo dos séculos profundos canóns, nas partes máis abruptas estes desfiladeiros chegan aos 500 metros de profundidade. Son
fracturas graníticas entremetidas de bosques autóctonos por todos os
recunchos. A pesar do forte desnivel medio, a paisaxe está humanizado
con bosques e cultivos de viñas por medio de balcóns (terrazas de bancais) nas ladeiras de solaina. Currunchos entre penedos son aproveitados para plantar vides. É de admirar a difícil vendima nestas
pendentes onde as costas das e dos vendimadores segue a ser a maneira de sacar as uvas, excepto
pequenas axudas modernas de mecanización por medio de raíles. Estes viños son
reputados desde tempos dos romanos, coma o de Amandi ou a variedade de uva
autóctona, mencía.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)