Translate

23/12/18

Miradoiro de San Roque, Viveiro




Se queres ver as fotos pincha aquí. 

Se queres ver as o vídeo pincha aquí.


O miradoiro de San Roque está ubicado no monte do mesmo nome, é un dos espazos de lecer da vila de Viveiro. 

Situado a 353 metros de altitude, permite unhas espléndidas vistas da contorna da ría de Viveiro, incluíndo a da vila, os portos de Viveiro e Celeiro (un dos máis importantes do norte de Galicia), a praia de Covas, a illa coelleira (ao fondo), a punta do Fuciño do Porco e un antiguo cargadoiro de material (no outro extremo da ría).

Tamén se pode contemplar a desembocadura do río Landro, no mar Cantábrico, conformando a Ría de Viveiro. Este conxunto forma unha zona húmida de alto valor ecolóxico. 

No alto deste monte erixese a capela de San Roque, que vixía o mar e serve de referencia aos mariñeiros, tal e como di a  cantiga Catro vellos mariñeiros: “Boga boga mariñeiro, imos para Viveiro, xa se ve San Roque”.

A vila tamén merece un paseo polas rúas da parte vella, a igrexa e convento de San Francisco e arredores da vila.

14/12/18

Torres do Oeste, Catoira



Se queres ver as fotos pincha aquí. 

Se queres ver o vídeo pincha aquí.


Na desembocadura do río Ulla, preto da poboación de Catoira, atópanse as ruínas do que foi o "Castellum Honesti" coñecidas como as Torres do Oeste. 

Foron levantadas no s. XII por orde do arcebispo Xelmírez, tiñan a función de pechar o paso ás expedicións escandinavas e sarracenas que se dirixían a Compostela. 

Durante o s. XVIII as murallas aínda se mantiñan en pé e foron utilizadas para a defesa contra os ataques dos ingleses. 

Máis tarde caeron no abandono ata quedar no estado actual no que se atopan. 

Foron declaradas Monumento Nacional, xunto a éstas celebrase a Romaxe Viquinga que rememora a pillaxe dos guerreiros normandos sobre as vilas costeiras da ría de Arousa.

08/12/18

Museo de antigüidades no Arenal de Mallorca




Se queres ver as fotos pincha aquí.

Se queres ver o vídeo pincha aquí. 


O Arenal é unha poboación turística situada nun extremo da baia de Palma, en Mallorca, perto desta poboación atópase un conxunto formado pola igrexa, La Porciuncula, tamén chamada “igrexa de cristal”  por estar recuberta deste material, na súa meirande parte.

Nos locais contiguos atópase un museo de antigüidades no que se poden ver utensilios e máquinas de moi diversas épocas, especialmente abundan as do século XX. 

Estes utensilios e máquinas suxírennos unha reflexión acerca da nosa historia recente.

30/11/18

Espazo de artesanía e cultura.Castelo de Vimianzo


Se queres ver as fotos pincha aquí.

Se queres ver o vídeo pincha aquí. 


O Castelo de Vimianzo é unha das atraccións artesáns e culturais máis interesantes da bisbarra. Nel traballan unha serie de artesáns e artesás que lle dan vida ao castelo. 

O Centro de artesanía en vivo permite asomarse aos obradoiros, e observar a labor dos vellos  e novos oficios ou facerse cunha peza única. Unha experiencia difícil de atopar noutro lado.
Deste modo a artesanía convértese en Vimianzo nunha das principais aliadas para romper coas rutinas museísticas e ampliar a experiencia cultural da visita.
O concello de Vimianzo é o responsable da xestión das actividades do Castelo e incentiva un programa artesanal ao longo de todo o ano: exposicións, encontros, demostracións e outras actividades, realizadas sempre en colaboración coas traballadoras e traballadores artesáns que teñen na fortaleza de Vimianzo o seu obradoiro e principal punto de venda.

25/11/18

Vila Romana de Els Ametllers, Tossa de mar






Se queres ver as fotos pincha aquí.

Se queres ver o vídeo pincha aquí.


Descuberta en 1914 polo doutor Ignasi Melé, a vila romana de Els Ametllers (séculos I a. C. - VI d. C.) é unha das vilas máis importantes da antiga provincia de Tarraco. Dedicada especialmente ao cultivo da vide e á exportación de viño de gran consumo, constitúe un exemplo clásico de explotación agrícola no Mediterráneo romano. 

A parte urbana ou zona nobre do conxunto, situada no nivel superior, dá fe da magnitude da vila, especialmente durante o século II d. C. Son proba diso algúns elementos como o conxunto termal, os mosaicos, os estucados.

17/11/18

Castelo de Vimianzo 1



Se queres ver as fotos pincha aquí.

Se queres ver o vídeo pincha aquí. 


O Castelo de Vimianzo, situado no núcleo urbano da localidade, foi construído a finais do século XII. 

En 1467 as tropas dos Irmandiños asaltaron o castelo e derrubárono por completo, ata os alicerces, e liberaron a os habitantes das terras da xurisdición, repartidas entre os concellos de Camariñas, Laxe, Zas, Muxía e o propio Vimianzo, do terror da xustiza feudal. 

Mais tarde a irmandade foi derrotada e os labregos obrigados a reconstruír o castelo pedra por pedra. 

Todos os anos, no mes de xullo, ten lugar unha festa popular en conmemoración do "asalto ao castelo" levado a cabo polos irmandiños. 

Desde 1994 está declarado Ben de Interese Cultural.


Sufriu numerosas reformas ao longo da súa existencia, e desde finais do século XX a Deputación da Coruña acondicionouno para a súa visita, de acceso libre. 

No seu interior alberga hoxe un centro de interpretación sobre a historia do castelo, e unha mostra de artesanía en vivo. 

11/11/18

Xardín botánico de Blanes 3





Se queres ver as fotos pincha aquí. 


Se queres ver o vídeo pincha aquí. 


A fundación Karl Faust é a encargada de conservar este xardín e dalo a coñecer. Neste xardín reprodúcense plantas dos cinco continentes. 

Ademáis da presenza de plantas de fora, tamén se conservan plantas endémicas de Cataluña e da propia Costa Brava en particular, para preservadas da súa desaparición e poder amosalas a toda a poboación. 

A localización do xardín, situado no alto dun promontorio, no que se forma un peculiar microclima onde a humidade das nubes da costa fai que o seu vapor de auga doce manteña frescas as plantas.




03/11/18

Peratallada, Girona




Se queres ver as fotos pincha aquí. 

Se queres ver o vídeo pincha aquí.



Peratallada é un pobo medieval, cheo de pedra e madeira con  xeranios nas xanelas, polo que parece non pasar o tempo. Foi declarado Conxunto Histórico-Artístico polo seu alto nivel de conservación, esta poboación creceu ao redor do castelo, conserva a esencia medieval.

O nome do pobo pode proceder do feito de que ao redor das murallas había un foxo tallado na pedra viva, do que podería proceder o nome, de ‘pedra tallada’, pero tamén podería aludir ás  entalladuras  niveladoras do terreo sobre as que se asentan parte das murallas ou algunhas casas antigas. 

Precisamente, o recinto amurallado foi construído entre os séculos  XI e  XVII. Ainda permanece o citado foxo, que rodea todo o centro histórico.

Os principais monumentos de  Peratallada son a igrexa de San Esteban,  románica, do século  XII, e o castelo (séculos  XII- XIV).

22/10/18

Tossa de Mar, Girona



Se queres ver as fotos pincha aquí.

Se queres ver o vídeo pincha aquí.


Enclave neolítico, íbero e romano. Catro milenios AC, Tossa, xa estaba habitada, como así o testemuñan restos de menhires, dólmenes e utensilios de pedra que perviven na súa contorna. Os íberos xa chamaban Turissa a Tossa de Mar, acepción idéntica que logo utilizaron os romanos.

Da súa presenza sobreviven achados de restos de vilas romanas en zonas como A Ses Alzines, a Masía Carbotí ou a vila romana dels Ametllers, do ano 100. A invasión dos árabes no século VIII e o feudalismo acabaron coa influencia romana en Tossa. En 1989, a localidade foi a primeira poboación de toda España que se declarou cidade antitaurina.

O recinto amurallado de Tossa é o icono máis destacado da localidade. Está emplazado na bahía sobre un pequeno promontorio preto da praia, conta con sete torres circulares, do século XII, este recinto utilizouse para defenderse dos ataques dos piratas que proviñan de África.

No seu interior atópanse os restos da igrexa de Sant Vicent (século XV), e do pazo do gobernador. O faro está emplazado no punto máis alto do promontorio, a uns 70 metros sobre o nivel do mar. 

19/10/18

Xardín botánico de Blanes 2






Se queres ver as fotos pincha aquí.

Se queres ver o vídeo pincha aquí.

Blanes é a poboación onde se inicia a Costa Brava que se estende cara ao norte ao longo da accidentada xeografía de cantiis da provincia de Xirona.

Karl Faust, foi o mecenas de Marimurtra. Como tantos estranxeiros, Faust quedou impresionado polas paraxes da Costa Brava e en particular polo pobo de Blanes, onde levou a cabo o seu proxecto persoal máis ambicioso, Marimurtra, nome do xardín botánico.

Faust instalouse en Barcelona como empresario, aínda que as súas sensibilidades estaban dirixidas cara a aspectos máis humanistas e non tan materiais, como a botánica.

Cando coñeceu Blanes e en concreto a localización actual de Marimurtra, Karl Faust adicouse a adquirir os terreos onde se asentan os xardíns, a partir de 1918. Estes terreos deixaran de ser útiles dado que unha epidemia da filoxera acabara cos viñedos costeiros que alí se situaban.

En 1924, cumpridos xa os 50 anos abandona a súa actividade empresarial para adicarse á culminación destes xardíns.



14/10/18

Xardíns románticos de Santa Clotilde, Lloret de Mar



Se queres ver as fotos pincha aquí.

Se queres ver o vídeo pincha aquí.



Xardíns románticos de Santa Clotilde en Lloret de Mar están considerados como dos mellores xardíns botánicos do mediterráneo de Europa. É un xardín de estilo romántico italiano.



Ten unha superficie de 15 hectáreas de extensión. Está situado nun alto e con vistas ao Mediterráneo, desde o acantilado.

Os xardíns foron deseñados en 1919 polo paisaxista Nicolau Maria Rubió i Tudurí, seguindo as influencias italianas do Cinquecento italiano de Florencia. Este paisaxista recibiu o encargo do nobre Marqués de Roviralta que os mandou construír para homenajear á súa esposa Clotilde, quen falecería antes de chegar a coñecelos.




Ao longo do paseo polos xardíns, pódense ver numerosas esculturas. Ademais das de bronce, tamén hai moitas esculturas e bustos en mármore, de estilo clásico situadas aos bordos das veredas e que mostran a influencia italiana.
Poden verse ninfas, fadas, duendes e outras figuras de pedra. 

05/10/18

Xardín botánico de Blanes 1



Se queres ver as fotos pincha aquí.

Se queres ver o vídeo pincha aquí.


O Xardín Botánico Marimurtra, situado na poboación de Blanes, pódese considerar un dos máis importantes  de Europa.

Foi declarado Ben Cultural de Interese Nacional pola Generalitat de Catalunya.

É unha visita moi recomendable xa que, aparte do propio espazo do xardín, dada a gran variedade de especies que que conten, tamén nos permite contemplar unha parte dos acantilados mediterráneos. 

Ten unha extensión de 4 hectáreas visitables, o Xardín Botánico Marimurtra conta con coleccións de planta viva que mostran unhas 3.000 especies correspondentes aos climas Subtropical, Templado e Mediterráneo de todo o mundo.
No Xardín Subtropical atopamos plantas de paisaxes subdesérticos de todo o mundo, como as costas das Illas Canarias, zonas áridas do sur de África, de México ou de Australia. 

28/09/18

Pals, Girona


Se queres ver as fotos pincha aquí. 

Se queres ver o vídeo pincha aquí.

Pals, é un conxunto monumental histórico antigo, formado polo castelo, a vila e as murallas. 

Malia que non hai vestixios de época romana, o seu nome evoca esa orixe, Pals provén do latín "Palus" que significa lugar pantanoso, e o castelo chamábase "Castellarum Montis Áspero". Tamén podería ter a horixe na deusa Palas Atenea, como Palau, Palencia... 

O castelo de Pals foi documentado por primeira vez en 889 co nome de castelo de Mont-Áspre doado polo rei Odón I de Francia. 

 Entre o ano 1380 e o 1482 estalan varias revoltas de campesiños chamadas Guerra dos Remensas que culminan coa guerra civil catalá contra Juan II. A raíz deste conflito o castelo quedou moi danado. 

22/09/18

San Pere de Galligant, Girona




Se queres ver as fotos pincha aquí. 

Se queres ver o vídeo pincha aquí 


O monasterio foi vítima en varias ocasións das inundacións ocorridas debido á súa situación próxima ao río Galligants.Tamén sufriu os efectos da Guerra da Independencia que deixou o edificio prácticamente en ruínas. 

Os monxes volveron en 1814, aínda que non se chegou a refacer nunca de todo, en 1836 foi clausurado.

Na segunda metade de século XX levantouse o sobreclaustro, restaurouse e adaptouse como museo, desde 1992 é a sé xerundense do Museu d'Arqueologia de Catalunya.

Do conxunto monástico consérvanse a igrexa e o claustro de época románica. A igrexa é de planta basilical con tres naves, ten un transepto irregular: ao sur ábrense dous absidiolos, ao norte dous máis pero dispostos de xeito diferente: un ao leste e o outro ao norte. Neste brazo do transepto levántase o campanario, de planta octogonal. Interiormente a igrexa conserva algúns capiteis historiados que se quixeron vincular ao Mestre de Cabestany. 


Na fachada de poñente, atópase a portada, encima dela atópase un rosetón que podería situarse entre os séculos XII e XIII.

15/09/18

Cimeterio de Lloret de Mar, Girona





Se queres ver as fotos pincha aquí. 

Se queres ver o vídeo pincha aquí.

O cemiterio de Lloret de Mar foi proxectado por Joaquim Artau i Fàbregas (1876-1946), un mestre de obras que o construíu entre 1896 e 1901.

No cemiterio de Lloret, boa parte do espazo está dedicado aos grandes panteons e aos hipogeos, sepulturas en terra cunha decoración escultural encima.

Como ocorre con outros municipios da costa catalá, como Arenys de Mar ou Canet de Mar foi construído nun momento de esplendor do modernismo que coincide co regreso de moitos indianos ás súas vilas de orixe. Estes, ricos e con ganas de perpetuar a súa memoria, encargaron os seus panteons e mausoleos aos mellores artistas da época e no estilo  que imperaba nese momento, o Modernismo.

Entre as obras principais hai pezas de Puig i Cadafalch, Gallissà, Vicenç Artigas ou Bonaventura Conill.


07/09/18

Catedral de Sevilla 2



Se queres ver as fotos pincha aquí. 

Se queres ver o vídeo pincha aquí.
 
Nos séculos XV e XVI as gradas da Catedral eran unha zona de negocio, na que os mercantes pechaban os pactos e comercializábase cos escravos.

As bóvedas da Catedral dilátanse, segundo os cambios de temperatura, esto permite que non agrete o edificio. facendo que a estrutura do edificio sexa máis segura.

O sepulcro de Cristobal Colón ía situarse na Catedral da Habana, pero cando España tuboqque abandonar Cuba e Filipinas en 1898, optaron por transportalo á Catedral de Sevilla.

Todas as catedrais góticas teñen unha planta con forma de cruz latina. Con todo, a Catedral de Sevilla ten forma cadrada debido a que foi erigida sobre unha antiga mezquita.

24/08/18

Sardanas en Celrá, Girona




Se queres ver as fotos pincha aquí. 

Se queres ver o vídeo pincha aquí 



A sardana é unha danza bailada en grupo e en círculo, coñecida por ser o xénero de danza nacional catalán.

Os participantes cóllense das mans por parellas, entendendo como parella un home que colle coa man dereita a unha muller, que resulta por tanto nun patrón alterno de home-muller-home-muller. 


Polo que se refire á lonxitude dunha sardana, hai sardanas de 7 e de 10 "tirades", que teñen unhas estruturas definidas de pasos "curts" (curtos) e "llargs" (longos).

17/08/18

Grutas do Algarve 2



Se queres ver as fotos pincha aquí. 

Se queres ver o vídeo pincha aquí.


O litoral do Algarve esténdese desde a súa fronteira con Andalucía en Monte Gordo até o punto máis a suroeste da Europa, en Vila do Bispo, na costa oeste. 


Son cerca de 150 km de penedos de múltiples formas, por mor da erosión, praias, zonas húmidas marinas e grutas. 

Ao longo da costa hai moitos lugares, entre outros, Benagil, Armação de Pera, Albufeira, Carvoeiro, Ferragudo e Portimão, e algúns tamén ofrecen caiaque; onde sumarse a unha viaxe en barco que fan o percorrido polas distintas grutas.

As grutas máis importantes son: Benagil, Elefante, Punta da Piedade, Xorino (De acordo coa lenda local, é aquí que os mouros se refuxiaron durante o período de Reconquista Cristiá), Arcos da Mariña, Benagil (a gruta máis famosa), Zorreira, Gruta do Capitán, Algar Seco e un longo etcétera de espazos interesantes e belos.

10/08/18

Grutas do Algarve 1



Se queres ver as fotos pincha aquí. 

Se queres ver o vídeo pincha aquí.




As Grutas mariñas do Algarve están situadas na zona central da costa sur de Portugal, son dunha gran beleza.

As grutas mariñas fórmanse nas zonas onde a rocha é menos compacta, é o resultado da acción de erosión das ondas (abrasão mariña), que abre cavidades na rocha.

Xeralmente, as grutas mariñas desenvólvense en rochas sedimentares estratificadas, onde ocorre alternância de capas máis resistentes e outras menos resistentes á erosão.

A acción erosiva e abrasiva do mar vai desgastar preferencialmente as capas sedimentares máis brandas (menos resistentes á erosión), creando así espazos que poden ter moitas variacións, tanto en tamaño, cores, formas, etcétera. 





03/08/18

Bruxas, Bélxica




Se queres ver as fotos pincha aquí. 

Se queres ver o vídeo pincha aquí.

Bruxelas, Bélxica O centro da cidade foi, declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no ano 2000. En parte reconstruído, o dito centro urbano é un dos máis grandes atractivos turísticos centroeuropeos, dado que mantén intactas as estruturas arquitectónicas medievais.


É coñecida como a Venecia do norte debido á grande cantidade de canles que atravesan a cidade, e á beleza dos mesmos.

Todo o centro histórico de Bruxas é peonil, polo que é un pracer percorrer as súas rúas. É habitual percorrer a cidade en bicicleta, en coche de cabalos, ou en rutas a través das súas canles. 


27/07/18

Fuciño do porco, O Vicedo





Se queres ver as fotos pincha aquí.


Se queres ver o vídeo pincha aquí.

 O Fuciño do Porco, é o nome co que coñecen os mariñeiros da zona da entrada da ría de Viveiro, Celeiro á punta Socastro, dado o parecido que presenta co Fuciño desta animal, está situado entre as praias de Abrela e San Román.

Pode accederse dende a praia de Abrela, o camiño máis curto, pódese chegar en coche ata o aparcamento onde comeza unha pista forestal de 1,3 km de recorrido a facer a pé. Tamén se pode aceder dende a praia de San Roman, despois de realizar unha importante subida ao Monte que o rodea. 


Os dous camiños desembocan nun tramo de 400m de pasarela entre acantilados que permiten o acceso a unha pequena baliza marítima que marca o extremo occidental da ría de Viveiro.

Esta Punta Socastro, de orixinal xeometría, adéntrase no mar o que permite observar as fermosas paisaxes deste parte do Cantábrico. A Enseada da Pereira e a illa Coelleira cara o Oeste. O illote da Gaveira, o Monte Faro e a praia de Area (no extremo Oriental da ría de Viveiro) e a enseada de Esteiro (en Xove) cara o Leste.

20/07/18

Gran Praza de Bruxelas




Se queres ver as fotos pincha aquí.

Se queres ver o vídeo pincha aquí.
 A principios do século XIII, foron construídos tres mercados interiores no extremo norte da Grand Place; un mercado de carne, un de pan e un mercado de roupa.

As melloras na Grand Place do século XIV en diante marcarían o aumento da importancia dos comerciantes en relación coa nobreza. Curto de diñeiro, o duque transferiu o control dos muíños e o comercio ás autoridades locais. Éstas construíron un gran mercado interior de roupa, ao sur da praza. 

Casa do concello de Bruxelas foi construída no lado sur da praza por etapas entre 1401 e 1455, e fixo da Grand Place a sé do poder municipal. Para contrarrestar este símbolo do poder municipal, entre 1504 a 1536 o duque de Brabante construíu un gran edificio en fronte como símbolo do poder ducal. Os comerciantes ricos e os cada vez máis poderosos gremios de Bruxelas construíron casas ao redor do bordo da praza.


O 13 de agosto 1695, o exército francés bombardeou e destruíu a praza e os arredores. Quedou en pé boa parte da fachada edificio do concello. 
No século XVIII, os revolucionarios saquearon a Grand Place, destruíndo as estatuas da nobreza e os símbolos do cristianismo. As casas gremiais foron incautadas polo Estado e vendidas. Os edificios foron abandonados. 
A finais do século XIX, restauraronse os edificios. A praza foi reconstruída nos catro anos seguintes seguindo os estilos gótico, barroco e estilo Luís XIV.
En 1885, o Partido do Traballo de Bélxica, o primeiro partido socialista de Bélxica, fundouse durante unha reunión na Grand-Place. A Grand Place continuou sendo un mercado ata o 19 de novembro 1959, e aínda se chama o Gran Mercado ou Grote Markt en holandés. 


13/07/18

Aracena, Huelva




Se queres ver as fotos pincha aquí.

Se queres ver o vídeo pincha aquí.

 Aracena é un municipio Andaluz da provincia de Huelva. Atópase na serranía á que dá o seu nome nome: Sierra de Aracena, a cal forma parte de Sierra Morena.


Hai restos arqueológicos na zona que testemuñan a presenza humana en etapas prehistóricas (II milenio a. C.). Foi repoboado por leoneses, galegos e portugueses. Esta zona tamén se chama" Banda Galega".

A romanización da zona foi tardía e centrouse na explotación dos recursos mineros e agropecuarios. 

A dominación bereber prodúcese a partir do século VIII. As primeiras noticias aparecen cando Aracena pertencía á Cora de Isbiliya, ao Ándalus. 

A conquista cristiá foi levada cabo polo Rei de Portugal Sancho II en 1231.


Conta con un castelo fortaleza situado na parte máis alta, ao que lle dá nome. Foi construído sobre unha antiga Alcazaba musulmá. 


Sobre as ruínas do castelo levántouse a igrexa gótica que é a máis antiga e emblemática de Aracena. Consta de tres naves a igual altura con coro aos pés e presbiterio poligonal ao que se encosta a torre. 

No seu interior destacan bóvedas nervadas de esquema estrelada. A construción do templo debeu iniciarse a fins do século XIII.

Case no centro da vila sitúase a entrada á "gruta das maravillas". A gran extensión dos lagos, a abundancia e variedade de formacións, así como a súa lonxitude constituen un complexo subterráneo de gran beleza.

É unha cavidad freática orixinada pola acción erosivo-disolutiva das augas sobre as rocas, mármores, do Cerro do Castelo.

Posúe un desenvolvemento horizontal no que se poden distinguir tres niveles de galerías superpuestos. A abundancia e a variedade de espeleotemas ou formacións calcáreas, estalactitas, estalagmitas, columnas, gours, coadas, pisolitos, excéntricas, cortinas, beirarrúas de calcitas, etc., convértena nun lugar especialmente atractivo desde o punto de vista turístico.



07/07/18

Catedral de Sevilla 1





Se queres ver as fotos pincha aquí. 

Se queres ver o vídeo pincha aquí.



Entre 1172 e 1198 , durante a administración musulmá, o califa almohade Abu Yacub Jusuf ordenou a construción dunha gran mezquita en Sevilla, nos terreos que actualmente ocupa a catedral.

Despois da conquista da cidade polos cristiáns o 23 de novembro de 1248, a mezquita maior pasou a ser catedral. Os cristiáns utilizárona durante máis de 150 anos.  

En 1401 comezou a construcción da nova catedral, en estilo gótico, despois de derruir a antiga mezquita. 

A cúpula central veuse a baixo en varias ocasións, sendo de novo reconstruída, a última é de 1988. 

É a catedral Gótica de maior superficie do mundo.

29/06/18

Acehas do Mar, Portugal



Se queres ver as fotos pincha aquí. 


Se queres ver o vídeo pincha aquí.

                                                                      
                                                                     
Esta vila situada  a norte de Sintra, Portugal, é un dos lugares onde se poden contemplar unhas postas de sol moi fermosas. 

Azenhas do Mar é un pobo pequeno e pintoresco, colgado do alto dun acantilado, con casiñas brancas mirando ao atlántico, co azul de fondo. 

Na zona baixa do pobo hai unha piscina natural de auga de mar, onde está situado un bar cunha terraza mirando ao océano. A vila conta con varios restaurantes de gran calidade. 


Dentro do pobo, un conxunto de escaleiras e rúas estreitas conducen ata a cima, a través de recunchos e revoltas, desde as que se pode contemplar o mar, dunha forma diferente.



22/06/18

Castellfollit de la Roca. Girona





Se queres ver as fotos pincha aquí. 

Se queres ver o vídeo pincha aquí.

A vila de Castellfollit da Roca álzase sobre un acantilado basáltico de 50 metros de altura e de case un quilómetro de longo, con forma de lengua erosionado polos ríos Fluvià e Toronell.

As rúas estreitas da parte antiga do pobo, desembocan na  igrexa de Sant Salvador, situada no extremo deste acantilado, onde se acha un dos varios miradores que ten a vila, as vistas dende calquera deles son  privilexiadas.

Castellfollit da Roca é unha das portas de entrada ao Parque Natural da Zona Volcánica da Garrotxa.

O barrio vello está situado sobre un acantilado basáltico formado por dúas coadas de lava superpuestas. Un percorrido atravesa as vellas rúas, descende por unha antiga vía romana que continúa por unha pontella sobre o río Fluvià, desde a que se pode contemplar a vista do acantilado e as casas no borde deste, vista dende a parte inferior.

15/06/18

Poboado fortificado de Ullastret, Girona




Se queres ver as fotos pincha aquí. 

Se queres ver o vídeo pincha aquí 

O  poboado fortificado de Ullastret é un importante xacemento ibérico, emprazado no monte de Sant Andreu, a uns dous quilómetros da vila do mesmo nome. 

Este poboado data do século VII a. C. Durante o seu asentamiento na zona, os íberos construíron un gran recinto amurallado e estableceron unha cultura propia que se traduce tanto na estrutura urbanística como nos rituais funerarios e nas diferentes actividades sociais, económicas, tecnolóxicas, etcétera, que levaron a cabo. 

Os vestixios da cultura ibérica no Baix Empordà pódense ver no Museo de Arqueoloxía de Ullastret, situado no mesmo poboado ibérico.

08/06/18

Armaçãou de Pêra, Algarve, Portugal




Se queres ver as fotos pincha aquí. 

Se queres ver o vídeo pincha aquí.

Armação de Pêra é unha poboación situada no Algarve Portugués, dotada dunha longa praia cunha extensión de 6 km  enmarcada polos dourados acantilados de pedra caliza.

É utilizada polos pescadores locais para preparar os seus apeiros de pesca e as súas barcas. Chama a atención ver aos tractores na praia tirando e empuxado aos barcos de pesca e tamén ás lanchas que levan aos visitantes a contemplar as grutas, situadas nos acantilados preto do lugar, debido a que non hai peirao no pobo.

Tamén se converteu, este areal, nun destino para o lecer das  persoas que buscan o sol do Algarve. 

Pescadores e bañistas nos mesmos espazos, toda unha experiencia.