Translate

28/03/20

Lagos de Salincia, Somiedo, Astúrias


Se queres ver as fotos pincha aquí

Os lagos de Saliencia son unha conxunto de lagos que se atopan no concello asturiano de Somiedo, en Asturias.

Están situados no Parque Natural de Somiedo e compóñense dos seguintes: Calabazosa, Cerveriz, Lagoa de Almagrera, e A Cova). A formación do conxunto baséase en lagos de orixe glaciar, coas súas correspondentes comunicacións por vales glaciares.

Xeolóxicamente trátase dunha zona con todas as características de abrasión glaciar. A vexetación tamén é a propia dos lagos, destaca a genciana.

Da fauna destacan os osos pardos cantábricos, nutrias, alimoches e aguias reais no val do lago. Mención á parte merece a familia dos anfibios, xa que se atopan nesta zona a maioría dos existentes dentro do parque. Destaca o tritón alpino e o palmeado, a píntega común, o sapo común e o partero e a ra bermeja e a patilarga.

 Este espazo protexido está incluído na reserva da biosfera de Somiedo. Foi declarado monumento natural o 22 de maio de 2003. 

21/03/20

Pigueña, Somiedo, Asturias



Se queres ver as fotos pincha aquí

 Pigüeña é unha parroquia do concello de Somiedo, Asturias, está situada no val do río do mesmo nome. Chégase por unha estrada local que parte de Aguasmestas e finaliza en Villar de Vildas.
Quedan restos da primitiva Igrexa de San Martino de Pigüenna na proximidade do pobo, hoxe utilízase como cemiterio. Na nova igrexa, situada na parte alta do lugar, hai un retablo barroco. 
Abundan as casas antigas, hai, tamén, unha gran cantidade de hórreos, e son destacadas "ocheras" (Ocos para situar as potas do leite), unha delas situada na subidoria ou escaleira de acceso dunha panera. Preto de Pigüeña atópase a braña de Chaneces.

13/03/20

Locomotora en Puente Viesgo, Cantabria


Se queres ver as fotos pincha aquí

Esta locomotora está situada na vila de Puente Viesgo, en Asturias, onde tamén se sitúan as famosas covas do monte Castelo. Hoxe é un importante ben cultural, científico e tecnolóxico de Cantabria.

Chamase Reyerta. É unha antiga locomotora de vapor modelo 030 T, construída pola compañía alemá Krauss no ano 1.913


Atópase na Vía Verde do Pas, que pasa por Puente Viesgo, xunto á antiga estación de ferrocarril. Esta máquina de tren de uso industrial prestou servizo ata mediados dos anos 70 e foi recuperada no ano 2004 polo Concello de Puente Viesgo en recordo e homenaxe á liña de ferrocarril de vía estreita Estaleiro- Ontaneda.

07/03/20

Atapuerca espazo de escavacións




Se queres ver as fotos pincha aquí.

En 1895, unha compañía británica construíu unha liña ferroviaria para transportar ferro e carbón desde as minas do norte de Burgos ata as fábricas de Biscaia. 
 
Richard Preece, enxeñeiro do proxecto fixo que pasase por un lugar rico en pedra calcaria, nos contrafortes da serra de Atapuerca.
 
Para isto cortou unha lomba, para encaixar os raís que permitiran a circulación do tren mineiro, e así, sen propoñelo, deixou ao descuberto o conxunto de xacementos paleontolóxicos máis importante de Europa. 
 
Hoxe o lugar coñécese como a Trincheira do Ferrocarril, un suco dun quilómetro de lonxitude ao que se abren varias covas con abundantes restos óseos de humanos e animais.