Translate

05/06/22

Altea, Alacant


 

Altea é unha poboación e un concello valenciano da comarca da Marina Baixa, na costa da provincia de Alacant.

Está asentada nunha baía, que cerran a Punta de Albir e o Morro Toix, protexida pola serra de Bèrnia. Ofrece un casco antigo aínda ben conservado que foi refuxio de artistas e intelectuais. 

As primeiras noticias de poboamento na zona veñen dadas polos depósitos arqueolóxicos da cultura ibera e dos romanos que se acharon no termo, así como dos restos dun acueduto romano denominado “Els Arcs” (Os Arcos). 

Durante a época musulmá a poboación medrou nos arredores do Río de Algar (ou da Salut), nos que se formaron as "alcarías" (casais) de Albalat, Beniasquer e Benimussa, pertenceu á taifa de Dénia.