Translate

28/12/19

Alfombras Turcas



As alfombras turcas son tamén chamadas alfombras de Anatolia,zona asiática de Turquía. 
As alfombras máis antigas turcas pérdense nos tempos das primeiras civilizacións, aínda que as versións máis recentes orixináronse no século XII en lugares como a cidade de Konya, que durante moito tempo foi o centro turco de fabricación de alfombras. As alfombras fabricadas no século XVI e XVII son plenamente comparables coas alfombras persas. 
As alfombras turcas están moi influenciadas polas formas gregas que estaban asentados nestes territorios e dominaban, nese tempo, a fabricación de alfombras. 
As alfombras máis grosas componse de la, algodón e seda e sempre están anoadas cun nó turco, tamén chamado nó Ghiordes ou Turkbaff. 
Os motivos máis comúns baséanse en motivos de oración con formas xeométricas. Figuras humanas e animais non aparecen retratados debido a que o Corán non o permite.

21/12/19

Museo dos Derviches, Konya 2



Se queres ver as fotos pincha aquí

O museo-mosteiro dos Derviches de Conya, conta con un patio interior, que conten unha fonte, onde se lavan as persoas crentes antes de acceder ao lugar sagrado, sitúase ,tamén, un museo e varias tumbas. Para acceder a o lugar sagrado é obrigatorio descalzarse.

Xa no interior destacan as coleccións e as estruturas reunidas desde o século XIII ao XX, estas reflicten a arte refinada da tradición sufí. Non faltan mármores, madeiras talladas, azulexos, alfombras, cristais, pratería e caligrafía islámica, asi con históricos exemplares do Corán e obras de Rumi.

Aquí está, tamén, a tumba de Rumi, dos seus familiares, discípulos e músicos derviches. Os sartegos de mármore de Rumi e o seu fillo Sultan Walad están envolvidos nun tecido bordado con fíos de ouro e prata, alí lense frases do Corán entre rosas e tulipáns. Existen espazos para o rezo, homes e mulleres separados.

14/12/19

Gran Bazar Istambul



Se queres ver as fotos pincha aquí

O Gran bazar (Kapalıçarşı en turco) de Istambul (Turquía) é o maior bazar da cidade e un dos bazares máis grandes do mundo.

Situado no centro da cidade vella, na parte europea entre Nuruosmaniye, Mercan e Beyazıt.

Diariamente recibe entre 250.000 e 400.000 visitantes. Con moitas áreas de negocio entre as que salientan a xoiaría, ourivaría, doces, especias e tendas de alfombras.

Os comercios agrúpanse polo tipo de actividade, de forma gremial. O bazar contén dous bedestáns, ou estruturas de cachotaría con cúpula para o almacenamento de mercadorías; o primeiro deles foi construído en 1464 por orde de Mehmed II. En 1864 foi reconstruído na súa maioría logo dun terremoto.

O Gran Bazar de Istambul esténdese nunha área de 45.000 m2 dos cales 36.000 m2 son útiles. Estrutúrase en 64 avenidas e rúas, 16 atrios con preto de 4.000 tendas.

Accédese a este recinto pechado mediante 22 portas e ponse a venda máis de  12.700 artigos diferentes e traballan máis de 20.000 persoas.

06/12/19

O Capricho de Gaudí, Comillas 2



Se queres ver as fotos pincha aquí

O Capricho de Gaudí, no seu interior, onde viviu o indiano Máximo Díaz, destacan os artesoados no teito de cada estancia, mobles que se atopan no percorrido,

Os Singulares balcóns de ferro forxado. Mencionar que a familia de Gaudí tiña como oficio a de Caldeireiros e Ferreiros. Desa herdanza artesá Gaudí era coñecedor. na planta superior atópase un Miradoiro onde gozarás das vistas cara á Capela Panteón dos Sobrellano. Na actualidade móstrase a exposición Gaudí “A arte en Todo”. Aquí exhíbense unhas espectaculares e sinuosas cadeiras.

O Xardín está dividido en varias seccións. Os materiais son os que viches na fachada, chans cubertos de pedra e muros adornados por ladrillos de cerámica.

No patio traseiro dos Xardíns do Capricho, sobre un banco de pedra, áchase unha unha estatua sedente de bronce que representa a Gaudí.