Translate

03/10/20

San Martín de Elines, Cantabria

Se queres ver as fotos pincha aquí

San Martín de Elines, Cantabria, pertenceu a un mosteiro mozárabe do século X (queda algún resto no claustro), logo pasou a ser colexiata e máis tarde parroquia. 

O templo é dunha nave con presbiterio e ábsida. No costado meridional hai unha  pouco habitual torre campanario cilíndrica. A igrexa pertence ás primeiras décadas do século XII e, por conseguinte, hai que encadralo nos anos do románico pleno.

Existe un pequeno claustro aos pés do templo con grandes columnas que foi reconstruído con material reutilizado no século XVI.

O claustro de Elines ten forma trapezoidal e atópase ao suroeste da igrexa. Nel quedan algúns arcos de ferradura correspondentes ás portas e ventás da primitiva igrexa mozárabe do século X. 

https://es.wikipedia.org/wiki/Colegiata_de_San_Mart%C3%ADn_de_Elines

 


Ningún comentario:

Publicar un comentario