Translate

29/06/18

Acehas do Mar, Portugal



Se queres ver as fotos pincha aquí. 


Se queres ver o vídeo pincha aquí.

                                                                      
                                                                     
Esta vila situada  a norte de Sintra, Portugal, é un dos lugares onde se poden contemplar unhas postas de sol moi fermosas. 

Azenhas do Mar é un pobo pequeno e pintoresco, colgado do alto dun acantilado, con casiñas brancas mirando ao atlántico, co azul de fondo. 

Na zona baixa do pobo hai unha piscina natural de auga de mar, onde está situado un bar cunha terraza mirando ao océano. A vila conta con varios restaurantes de gran calidade. 


Dentro do pobo, un conxunto de escaleiras e rúas estreitas conducen ata a cima, a través de recunchos e revoltas, desde as que se pode contemplar o mar, dunha forma diferente.



22/06/18

Castellfollit de la Roca. Girona





Se queres ver as fotos pincha aquí. 

Se queres ver o vídeo pincha aquí.

A vila de Castellfollit da Roca álzase sobre un acantilado basáltico de 50 metros de altura e de case un quilómetro de longo, con forma de lengua erosionado polos ríos Fluvià e Toronell.

As rúas estreitas da parte antiga do pobo, desembocan na  igrexa de Sant Salvador, situada no extremo deste acantilado, onde se acha un dos varios miradores que ten a vila, as vistas dende calquera deles son  privilexiadas.

Castellfollit da Roca é unha das portas de entrada ao Parque Natural da Zona Volcánica da Garrotxa.

O barrio vello está situado sobre un acantilado basáltico formado por dúas coadas de lava superpuestas. Un percorrido atravesa as vellas rúas, descende por unha antiga vía romana que continúa por unha pontella sobre o río Fluvià, desde a que se pode contemplar a vista do acantilado e as casas no borde deste, vista dende a parte inferior.

15/06/18

Poboado fortificado de Ullastret, Girona




Se queres ver as fotos pincha aquí. 

Se queres ver o vídeo pincha aquí 

O  poboado fortificado de Ullastret é un importante xacemento ibérico, emprazado no monte de Sant Andreu, a uns dous quilómetros da vila do mesmo nome. 

Este poboado data do século VII a. C. Durante o seu asentamiento na zona, os íberos construíron un gran recinto amurallado e estableceron unha cultura propia que se traduce tanto na estrutura urbanística como nos rituais funerarios e nas diferentes actividades sociais, económicas, tecnolóxicas, etcétera, que levaron a cabo. 

Os vestixios da cultura ibérica no Baix Empordà pódense ver no Museo de Arqueoloxía de Ullastret, situado no mesmo poboado ibérico.

08/06/18

Armaçãou de Pêra, Algarve, Portugal




Se queres ver as fotos pincha aquí. 

Se queres ver o vídeo pincha aquí.

Armação de Pêra é unha poboación situada no Algarve Portugués, dotada dunha longa praia cunha extensión de 6 km  enmarcada polos dourados acantilados de pedra caliza.

É utilizada polos pescadores locais para preparar os seus apeiros de pesca e as súas barcas. Chama a atención ver aos tractores na praia tirando e empuxado aos barcos de pesca e tamén ás lanchas que levan aos visitantes a contemplar as grutas, situadas nos acantilados preto do lugar, debido a que non hai peirao no pobo.

Tamén se converteu, este areal, nun destino para o lecer das  persoas que buscan o sol do Algarve. 

Pescadores e bañistas nos mesmos espazos, toda unha experiencia.

01/06/18

Río Tinto, paso por Niebla, Huelva





Se queres ver as fotos pincha aquí. 


Se queres ver o vídeo pincha aquí.


O primeiro que sorprende cando un se acerca ao pobo de Nebla, Huelva, É a cor do río que pasa ao seu carón. Augas e canle tinxidos de cores amarelas, cor do cobre.

Este río pasa por debaixo da ponte romana que dá acceso á Niebla e que ten as bases da mesma cor, entre ferrosa e cobriza, no leito do río atópanse pedras e currunchos de especial beleza 

A Ponte Romana forma parte dunha antiga calzada romana que unía a desembocadura do río Guadiana con Itálica. Esta ponte histórica de nove ollos e grandes tajamares data do Século II e ten as súas orixes na antiga poboación romana chamada Ilipa, que serviu de ponte estratéxica na parte baixa do río Tinto.