O Acueduto de les Ferreres (Aqüeducte de les Ferreres), tamén denominado Pont del Diable (Ponte do Diaño), é unha arcada romana que forma parte do acueduto que fornecía auga dende o río Francolí á cidade de Tarraco (Tarragona), dende unha distancia de 25 quilómetros.
Foi designada «Patrimonio da Humanidade» pola Unesco, grazas a que é un dos monumentos da época romana que se conservan en moi bo estado.