Nun recodo do tramo medio do río Lozoya álzase Buitrago sobre un promontorio, ao pé do porto de Somosierra e a uns 75 km ao norte da cidade de Madrid.
Destaca a muralla de orixe Árabe que se empezou a construír entre os séculos IX e XI e foi ampliada en época cristiá. Rodea o nucleo urbano, formando un recinto de máis de 800 m., con tres portas e torreóns macizos.
O Castelo ou Acázar encostado á muralla, álzase sobre o río formando unha fortificación que tiña fins defensivos na época da Reconquista. Con planta rectangular, un patio de armas central e varios torreóns.
Santa María do Castelo é unha Igrexa gótica con elementos mudéjares, construída no século XIV e situada no interior do recinto amurallado. Da súa restauración, destacan o artesonado mudejar e a colección de iconos ortodoxos.
Esta vila foi declarada en 1993 Conxunto Histórico-Artístico e Ben de Interese Cultural, grazas ao seu espectacular recinto amurallado de orixe árabe, o mellor conservado da Comunidade de Madrid.
Desde a Idade Media, Buitrago tivo gran importancia estratéxica como nó de comunicacións.
Se queres ver as fotos pincha aquí.
Se queres ver o vídeo pincha.
Ningún comentario:
Publicar un comentario