Entrimo (Interimi) aparece citado na concordia do 6 de Xaneiro de 1.149 entre o bispo Martín de Ourense e o abad Pelayo de Celanova. Ista terra, en boa situación económica, despertou as apetencias dos mosteiros. Apesar do dominio xurisdicional que exerceu o mosterio de Celanova durante moito tempo, o abade, en coparticipación do Rei, poñía xuíces ordinarios e cobraba rendas.
A Igrexa de Santa María a Real, declarado Monumento histórico-artístico. É unha importante peza arquitectónica cunha fachada barroca de estilo churrigueresco, construída a finais do século XVII e primeira metade do XVIII, é un dos poucos exemplares deste estilo que hai en Galicia, xa que se asemella máis ás veciñas construcións de Portugal, isto indicaría a presenza de canteiros lusitanos na obra.
A fachada ten forma de retablo organizado en catro corpos, os dous primeiros enmarcados por pilastras.
O segundo corpo ten un nicho coa imaxe en pedra da Asunción e catro pares de columnas salomónicas enlazadas con tallos de vides e froitos das mesmas.
O segundo corpo ten un nicho coa imaxe en pedra da Asunción e catro pares de columnas salomónicas enlazadas con tallos de vides e froitos das mesmas.
No terceiro corpo hai, entre outros, un panel da Santísima Trinidade. A ambos os lados hai catro pares de colunas salomónicas como as do segundo corpo.
O cuarto corpo está composto por un friso ancho rematado por frontón partido.
Conten, tamén, outras dúas fachadas laterales dedicadas a San José e San Salvador. As naves exteriores están rodeadas dun friso de follaxes en cordeado.
Conten, tamén, outras dúas fachadas laterales dedicadas a San José e San Salvador. As naves exteriores están rodeadas dun friso de follaxes en cordeado.
O corpo da Igrexa é de planta de cruz a latina con tres naves separadas por oito pilastras formeiras.Se queres ver as fotos pincha aquí.
Se queres ver o vídeo pincha.
Se queres ver o vídeo pincha.
Ningún comentario:
Publicar un comentario