Translate

24/02/18

Toxos Outos, San Xusto



No concello de Lousame, cerca de Noia, ubícase a Igrexa de San Xusto de Toxos Outos, que formou parte dun mosterio. 

Está situada ááveira do Río San Xusto, afluente do Sóñora ou Traba que desemboca na Ría de Noia.  Este mosteiro acabará tendo posesións por gran parte de Galicia e fóra dela, Zamora e  Portugal (Paredes). 

Xa no século XIV este mosterio foi perdendo posesións debido ás presións nobiliarias e eclesiásticas que devecían polas riquezas de Toxos Outos. En 1504 foi anexionado ao Mosteiro de Sobrado dos Monxes e pasou á orde cisterciense. 

Despois da desamortización de 1835, foi abandonado.  O que quedaba do antigo mosteiro foi vendido a particulares.  Un exemplo desta perda foi a venda por parte do párroco en 1921 do fermoso claustro románico que o vendeu ao Vizconde de San Alberto (José Varela de Limia) para incluílo no interior do Pazo Pena Douro, en Noia. 

Hoxe o lugar é un recuncho rodeado de natureza onde sobreviven uns poucos restos do antigo cenobio, rehabilitadas, onde ocupa o centro a sobria igrexa parroquial barroca do século XVIII.

O río San Xusto forma neste lugar unha serie de fervenzas moi vistosas, unha delas ten un desnivel duns 6 m de alto. A zona está acondicionada para a merenda e o paseo.

Se queres ver as fotos pincha aquí.  

Se queres ver o vídeo pincha.

Ningún comentario:

Publicar un comentario