Estes petróglifos están gravados sobre unha lousa de granito situada nunha pequena chaira elevada, isto permite unha boa visibilidade sobre a contorna.
Os compoñentes principais son dúas espirais que xiran en sentido contrario unha da outra, rodeadas de 65 coviñas.
Existe, tamén, 7 circuliformes de distinto tamaño, o máis grande ten unha cova central, de tamaño desproporcionado respecto do seu tamaño.
Os espertos observaron figuras de animais, unha lúa crecente, unha posta de sol.
As funcións están relacionadas, segundo varios expertos, cun lugar de culto ao sol, como un calendario, cunha mesa de ofrendas para conseguir boas colleitas; vincúlanos, tamén, coa morte ou a fecundidade. Outra hipótese é que sexa unha sinalización de lugares de pasto e de paso de animais.
Se queres ver as fotos pincha aquí
Se queres ver o vídeo pincha aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario