Translate

11/02/18

Monte Louro, Faro, Lagoa, Praia



















O Monte Louro tivo moita importancia como enclave defensivo durante moito tempo ao longo da historia, especialmente cando a piratería acosou, de forma constante, a costa de Galiza. 

No alto do monte sobresaen dous picos, nun deles quedan os restos da Capela da Madalena, no outro quedan restos dun posto de control, estes restos danlle nome aos dous picos. 

Na punta Queixa, un extremo da entrada da ría de Muros e Noia, está situado o Faro, que serve para sinalizar dita punta e a entrada da ría, Hai que ter en conta que estas zonas do Atlantico son das máis batidas de Europa.

A orixe do nome pode vir de lugar con Loureiros. Outra posibilidade é que este nome derive da existencia dun antigo templo solar. 


Ao pé do monte, sitúase a praia Area Maior con o seu sistema dunar, detrás deste atópase a Lagoa das Xarfas, un ecosistema complexo de gran riqueza botánica e faunistica.  

Na Lagoa, unha lenda fala da desaparición dunha vila, mergullada por unha gran ola. O día de San Xoán din que aínda se poden escoitar as campás da Igrexa e o berro da xente.
Entre os múltiples centros de Interés atópase o faunístico composto por: ánade real, a focha común, o zampullín chico ou o rascón, tamén escollen este lugar para invernar outras especies como o porrón común ou a garza real.


Se queres ver as fotos pincha aquí  

Se queres ver o vídeo pincha 

Ningún comentario:

Publicar un comentario