Castro de Borneiro, situado en Cabana, Comarca de Bergantiños, A Coruña. É un dos castros máis representativos de Galiza, dada a súa difusión. É coñecido como A Cidá (a cidade), topónimo moi empregado en Galicia en lugares con restos similares.
A súa datación figura entre os séculos IV e I a.c., é por isto que non chegou a ser romanizado, sendo un dos poucos castros estudados que non sufrise a influencia da cultura do imperio.
Descubriuse en 1924, as excavaciones comezaron nos anos 30. Reanudanse as escavacións na década dos 70. Continuaron nos 80 e conseguese que visen a luz ata 36 construcións. Moitas das pezas que se atoparon están expostas no Museo Arqueolóxico da Coruña.
O conxunto da cidade está rodeado por un foso e dúas murallas defensivas, polo este a defensa vénlle dada pola inclinación do terreo. No antecastro, a parte situada fora das murallas, apareceron os restos dunha vivenda ovalada, dúas fontes e un forno circular que poidera estar cuberto por unha bóveda.
É de destacar o grande tamaño das vivendas, así como as formas circulares de todas as casas, que demostran a non romanización do lugar.
O poboado abastecíase de auga dun regato que discorre ao carón da Cidá, o Rego do Muíño.
Se queres ver o vídeo pincha aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario