A "Fuentona de Muriel", é a fonte onde nace o río Abión. Abroia ao exterior nunha poza grande, despois de percorrer diversas cavidades polo interior da montaña. Este é o drenaxe natural do acuífero da "Sierra de Cabrejas" o cal está constituído por rocas kársticas nas que a auga, ao longo dos anos, creou infinidade de grutas e cavernas por onde penetra a auga, saíndo ao exterior polo fondo da poza, dando a impresión óptica de que xurde da nada.
Está situada no término municipal de Cabrejas del Pinar, nas proximidades de Muriel de la Fuente, na provincia de Soria.
O nacemento do río Abión forma parte dun conxunto de elementos de moito interese chamado "Monumento Natural da Fuentona", composto por outros elementos como son: Unha fervenza chamada, "Chorro de Despeñaelagua", onde en época de choivas e durante o desxeo a auga cae desde unha altura considerable entre paredes rochosas. Un conxunto de barrancos e desfiladeiros franqueados por grandes formacións rocosas de orixe calizo e axudado a conformar polo río Abión.

Outro elemento importante é o "Sabinar de Calatañazor", bosque de sabina albar considerado como Reserva Natural pola Xunta de Castela e León. Nel atópanse árbores desta especie moi elevados e lonxevos, 2000 anos de existencia. Esta árbore está considerado como unha reliquia do terciario.
Destaca, tamén, a variada fauna: Voitre leonado, aguia real, o falcon peregrino, o alimoche ou o bufo, entre outras especies ornitolóxicas.
Tamén son frecuentes o corzo, xabarín, raposo, lebre, etc.
As ugas do río Abión ofrecen un hábitat ideal para o desenvolvemento de especies tales como a troita común, a nutria, a ra, etc.
As ugas do río Abión ofrecen un hábitat ideal para o desenvolvemento de especies tales como a troita común, a nutria, a ra, etc.
Debido a que coexisten terreos húmidos, secos, arenosos, rocosos, etc, existe unha gran variedade de especies vexetais.
Se queres ver o vídeo oín chá aqui
Ningún comentario:
Publicar un comentario