O Dolmen de Dombate é o monumento megalítico máis importante de Galicia. Este tesouro histórico e etnográfico debemos protexelo e conservalo, para que o poidan coñecer e gozar as futuras xeracións.
O dolmen de Dombate sitúase no municipio de Cabana de Bergantiños. Este dolmen é do tipo de tumba de corredor.
Data da primeira metade do IV milenio a. C., a cámara a finais dese mesmo milenio. Foi usado en diferentes épocas, no 2700 a. C. deixaron de usalo.
No século XIX, o historiador Manuel Murguía fixo notar a súa presncia, e que en 1885 o poeta Eduardo Pondal o inmortalizouno nun poema de "Queixumes dos Piñeiros".
O dolmen foi recuberto cun edificio de madeira e cristal co fin de protexelo, tamén nota cun centro de interpretación que permite coñecer o megalitismo na Costa dá Morte.
Dombate está formado por un túmulo de planta irregular composto de terra sobre a que se colocou unha coraza de pedras de pequeno tamaño. Este túmulo envolve unha cámara poligonal que se estende cun corredor de catro metros e realizado en tres tramos. O corredor péchase cunha losa vertical a modo de porta.
O acceso ao interior realízase por un corredor descuberto horizontal no que apareceron 20 ídolos de pedra, unha zona enlousada con pedras planas, un espazo de pavimento composto de grava e a porta de entrada ao
corredor. No interior da cámara apareceron debuxos poligonais e relevos nas laxes.
Pasado Vilaseco,
lugar batido do aire,
no alto da costa d'Ures,
de montesía canle;
pasado Vilaseco,
indo p'la gandra adiante,
xa vía desde lonxe
o Dolmen de Dombate.
(fragmento de "Queixume dos pinos", Eduardo Pondal.
Se queres ver as fotos pincha aquí
Se queres ver o vídeo pincha aquí
Ningún comentario:
Publicar un comentario