O mosteiro de Soandres, como se coñece pola zona, está situado no lugar de Priorado, nome non casual, na parroquia de Soandres, concello da Laracha.
As orixes remóntanse ao século X, aínda que a actual construción data do S. XIV. Combina o estilo gótico da cabeceira eo barroco nas naves, Algúns elementos pertencen ao templo primitivo románico, canzorros ou lintel. A cabeceira e de estilo gótico, é a parte de máis interese da igrexa.

A decoración interior é moi sinxela. No altar da dereita sitúase unha figura de pedra policromada, de aspecto moi rústico, é a imaxe de Santa Marta (de
finais do S.XVIII), que procede da Ermida de
Santa Marta de Soandres, hoxe desaparecida.
Apegada a igrexa, no muro sur, está a Casa Reitoral, antigo mosteiro.
Da Fonte Santa, situada á entrada do conxunto monacal, saen "augas milagreiras", segundo as crenzas populares.
Durante o século XIX, os campesiños fanse coa propiedade das terras e o mosteiro perde a fonte das súas riquezas.
Actualmente se atopa en moi bo estado de conservación.

Ningún comentario:
Publicar un comentario