O Mosteiro cisterciense de Santa María de Oseira é un dos monumentos importantes de Galiza. Este mosteiro, orixinario do século XII, está situado na provincia de Ourense, no concello de Cea. Xa antes había un mosteiro fundado por uns eremitas.
En 1141 o Monasterio de Oseira convértese no emblema do Císter en terras galegas, dende onde se propagarían a numerosos lugares de Galicia.
A igrexa remátase no ano 1239. Foron os séculos, XII e XIII, os de maior esplendor de Oseira.
No século XVI, o Monasterio de Oseira perde a autonomía e entra na Congregación Cisterciense de Castela.
Despois da exclaustración debido a Desamortización de Mendizábal, no século XIX, o mosteiro é abandonado e comeza un progresivo deterioro da súa arquitectura e das súas obras de arte.
No século XX volven monxes a Oseira e empréndese unha labor de restauración e recuperación deste complexo monacal, en gran medida realizada con fondos públicos da Xunta de Galicia, polo que considero que este mosteiro, ademais de estar en Galiza, tamén é, en parte, un patrimonio do pobo galego. No interior non se poden facer fotos, a menos que se pida permiso, Considero que é unha desafortunada medida que restrinxe o interese da visita.
Este mosteiro conta con dependencias como unha extraordinaria igrexa románica de transición, tres claustros de distintas épocas e estilos, unha sala capitular de gran beleza, un pequeno museo, unha botica, e outras dependencias.
A igrexa románica ten planta de cruz latina con tres naves e crucero. A cabeceira imita á de Santiago con xirola e capelas. No século XIII construíuse o ciborio.
A fachada principal reformulouse en estilo barroco, con sillería almofadada e frontispicio, a máis diso outros ornatos e esculturas clasicistas.
Á beira meridional da fachada da igrexa e perpendicular a ela atopamos a fachada barroca, de influencia Compostela, do conxunto residencial do mosteiro.
A sala capitular foi construída sobre formulacións tardogóticos, é un espazo abovedado por bóvedas estreladas, os nervios arrincan de columnas estriadas teñen forma de palmeira.
No interior do edificio, a principios de s xx, situouse unha escola, que desapareceu cando os monxes se fixeron cargo do mosteiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario