A Romaría Viquinga de Catoira esta ligada á importancia estratéxica do complexo militar das Torres do Oeste, que serviron de escudo defensivo á zona da Ulla, desde o comezo da Idade Media ata, fronte a normandos e árabes.
Esta festa celebrouse por primeira vez en 1960, cando o Ateneo do Ullán, decidiu conmemorar o desembarco do rei vikingo Ulfo.
En 1965 a organización do festexo pasou a mans dos traballadores dunha empresa de cerámica situada en Catoira.
En 1988 foi declarada de "Interese Turístico Nacional". Desde entón é o propio Concello de Catoira quen organiza os festexos, tempo no que se produciu o irmandamento coa localidade danesa de Frederikssund.
No ano 2002 a festa foi declarada de "Interese Turístico Internacional".
Celebrase o primeiro domingo de agosto, na localidade de Catoira, ría de Arousa (Pontevedra). é unha das festas máis importantes de Galicia.
Os viquingos vidos do Norte realizaban o saqueo e o pillaxe en terras ricas, isto levounos, século IX e seguintes, á conquista de Jakolsland, a terra de Jacob, onde había moitas riquezas en igrexas e mosteiros, era o caso de Santiago de Compostela. As Torres do Oeste de Catoira, xogaron un papel decisivo para conter o avance destes normandos e tamén dos árabes. Esta festa rememora aquelas batallas.
Se queres ver as fotos pincha aquí
Ningún comentario:
Publicar un comentario